"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Escritor. Coñecido como Evaristo de Sela, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático de Grego. Publicou Amar (1945) e La reconquista de Vigo en 1809 (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Tanto a súa obra gráfica como pictórica caracterizouse polo hiperrealismo fotográfico baseado na perfección técnica acadada polo dominio do debuxo e a captación da luz tratados cunha perspectiva moi persoal. Reflite temas tradicionais analizados desde un punto de vista contemporáneo. Das súas obras destacan as series In Memoriam, iniciada en 1990, CDIR (Caída del Imperio Romano, 1991-1996), DEAYM (De amor y muerte, 1993-1995), 2º Alfabeto (1995-1999), AT (1997-2001) e Babel (2000-2002), e realizou tamén fotografía dixital. Comezou a expoñer en 1967 e desde entón realizou numerosas mostras e participou en exposicións realistas. A súa obra está, entre outras coleccións, na Deputación e Concello da Coruña, no Museo da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na Calcografía Nacional, na BBC Scotland Art Collection e no Edinburgh City Art Center.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Comezou a desenvolverse no mundo da fotografía con vinte anos, en Regla, acollido pola familia de Germinal González. Alí simpatizou cos políticos comunistas, polo que tivo que vivir na clandestinidade. Nas súas imaxes, de grande interese etnográfico, apareceron reflectidos os aspectos da vida cotiá da illa, así como a loita sindical e obreira da Cuba prerrevolucionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Doutorouse en Historia Natural (1870) e foi nomeado catedrático (1872) da facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Foi separado da súa cátedra (1875) e encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña, ao se negar a cumprir o decreto ministerial de Orovio (ensinar a moral católica e defender a monarquía) e defender as ideas evolucionistas e darwinistas, que chocaban co pensamento tradicional filosófico. Foi discípulo de Francisco Giner de los Ríos e membro fundador da Institución Libre de Enseñanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guitarrista. Diplomado en psicoloxía da arte pola École Pratique des Hautes Études de París cunha tese sobre Valle Inclán. Estudiou guitarra en Bos Aires con Pablo Escobar, entre outros docentes, e actuou en varios teatros e emisións radiofónicas da cidade. Comezou a súa carreira pedagóxica ao se instalar en París en 1962, onde exerceu en varios conservatorios, centros socioculturais e participou en programas de cultura do goberno francés. Especialista na historia da guitarra, deu numerosas conferencias e ofreceu numerosos recitais en España, Portugal, Francia, Inglaterra, Países Baixos e Alemaña. Estableceuse en Vigo en 1975, onde exerceu como profesor de guitarra no Conservatorio e fundou e dirixiu a Agrupación Guitarrística Galega e a revista G. V. L. Guitarra-Vihuela-Laúde. Actuou como solista coa Orquestra de Cámara de Vigo e foi o primeiro guitarrista galego en ofrecer un concerto con orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director. Formado teatralmente en Bos Aires e en Galicia, estivo vinculado aos grupos Histrión 70 e Caritel. Escribiu e dirixiu varios espectáculos con Uvegá Teatro, compañía que fundou en 1988, dos que destacan Trínguilin Trángala (1988), Ourense empalme (1997), A señorita Xulia (2000) e O retrato de Dorian Grai (2001). Co Centro Dramático Galego participou como actor en espectáculos como A pousadeira, O mozo que chegou de lonxe, Nau de Amores, Hostia ou Xelmírez ou a groria de Compostela. Foi un dos promotores da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Jei Noguerol, destacou dentro do estilo de “canción protesta” durante as décadas de 1960 e 1970. Da súa ampla obra discográfica destacan Denantes dos vinte anos (1976), Cantigas de Fradería (1978), Polo Atlántico Norte (1986), Marea baixa de azuis (1989) e Lúa nova (1997). Tamén compuxo e interpretou a música da película Malapata (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Juan Gris, estudiou na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Colaborou nas revistas Blanco y Negro e Madrid cómico. En 1906 trasladouse a París, onde se adscribiu ao cubismo e colaborou en L’Assiette au Beurre e Le Charivari. Os seus primeiros debuxos foron naturalistas e desde 1911 pintou bodegóns case monocromos. En 1912 comezou a realizar colaxes e en 1914 papiers collés e os primeiros lenzos que o achegaron ao cubismo sintético (Naturaleza muerta con frasco y vidrio). Entre 1916 e 1919 desenvolveuse a súa etapa clásica (Violín y vaso). Durante a década de 1920 realizou cadros de arlequíns e pierrots, e escenografías e figurinos para os ballets de S. P. Diaghilev. En 1924 comezou o período polifónico (La mesa del músico). A súa obra asumiu, nunha primeira etapa, unha grande austeridade cromática co predominio do gris e,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e fotógrafo. En 1901 emigrou a La Habana e foi profesor de pintura no Centro Gallego. A comezos da década de 1920 instalouse en Madrid e comezou a traballar co nome de Lander, e en 1930 trasladouse a Viveiro, onde foi profesor de debuxo e secretario do PSOE local. Compaxinou a pintura coa fotografía e publicou o álbum Vivero (1934). Cultivou a paisaxe baseada no debuxo, na paleta de verdes, carmíns e ocres, na composición horizontal e nos efectos da luz. Realizou tamén retratos. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes (1922) co óleo Rosaura e recibiu a Cruz de Alfonso XII. Concorreu á exposición de arte galega celebrada na Coruña e Santiago de Compostela (1923) con Sabel, Xardín tropical e Quinta dos muíños e á mostra de Bos Aires (1929) con Nabais en flor e Piñeiros fraternos. Participou na Bienal Hispanoamericana de La Habana (1954) e ata 1971 non expuxo en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Dirixente do PSdeG-PSOE no concello de Vigo, foi concelleiro desde 1982 ata 2003. Alcalde da cidade (1991-1995), ocupou a presidencia do Consorcio Zona Franca de Vigo en 1991 e foi vicepresidente do Eixo Atlántico de Cidades en 1993. Foi elixido pola provincia de Pontevedra como deputado no Parlamento de Galicia na III lexislatura (1989-1991) e senador (1996). Como concelleiro de cultura (1995-2003), promoveu a creación do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da Casa das Palabras (VERBUM).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de lingua e literatura galega, é un poeta pertencente á Xeración dos 80, que iniciou a súa produción con A caneiro cheo (Premio Esquío e Premio Antón Losada Diéguez 1986), seguido de Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1986), Remol das travesías (Premio da Asociación da Crítica Española 1990), Coa forza da palabra (1993), Estación marítima (1996) e Invocación dun tempo/Invocació d’un temps (2001). Presidente do PEN Club de Galicia, corresponsable da colección de poesía Arte de Trobar, fundador e ex-director da revista Dorna, en 1999 recibiu o Premio Julio Camba e o Premio Modesto R. Figueiredo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo e xornalista. Fundou os periódicos La Gaceta del Sur, El Barrio, El Satírico, El Independiente, Letras Patagónicas e La Voz del Pueblo. Ademais, exerceu como redactor e colaborador de La Opinión Española, La Fronda, La Argentina, El Diario Español, La Batalla e La Nueva Provincia. Publicou, entre outras obras, El espíritu obrero en la Patagonia (1921) e Huerto azul (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884). Afiliado ao Partido Conservador, ocupou varios cargos como gobernador de Pontevedra e da provincia da Coruña, subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrución Pública e deputado, representando o distrito de Cambados (1899-1907, 1918-1919) e o de Lugo (1916-1918). Foi nomeado por R. Fernández-Villaverde ministro de Facenda (1903) e ministro de Gobernación (1905), e co goberno de A. Maura ocupouse dos ministerios de Fomento (1907-1908) e Facenda (1908-1909, 1918). Colaborou en prensa e publicou estudios sobre temas literarios e económico-políticos, como Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), Historia crítica de la Literatura Gallega. Edad Antigua (2 volumes, 1887) e Memoria sobre el proyecto de Ley de Colonización Interior (1919). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española, da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que gorenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gusto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gustoso.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Xapón, moi preto da costa O da illa de Kyūshū, formado por cinco grandes illas rochosas e por outras máis pequenas, diante de Nagasaki.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece gota.
-
PERSOEIRO
Crítico, poeta e dramaturgo. En Die deutsche Schaubühne nach den Regeln der alten Griechen und Römer eingerichtet (O teatro alemán composto segundo as regras dos antigos gregos e romanos, 1741-1745) recolleu un conxunto de obras que consideraba modélicas para establecer un teatro nacional. Escribiu a traxedia Der sterbende Cato (O moribundo Catón, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO