"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras científicas indicando relación ou conexión coas branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos elementos en forma de lámina, de filamento, etc, que constitúen o órgano respiratorio dos animais acuáticos ou de respiración acuática. As branquias están formadas por evaxinacións cutáneas de tegumento moi fino e vascularizado, coa superficie normalmente aumentada por repetidas subdivisións (branquias dendriformes, plumoides, laminares, etc), para ter unha gran superficie de contacto co medio. Nas branquias ten lugar o intercambio de gases a favor de gradiente; o osíxeno disolto na auga pasa ao sangue e o CO 2 pasa do sangue á auga. As branquias son diferentes segundo os grupos. Poden estar dentro do corpo (branquias internas), como as dos peixes, ou non (branquias externas), como as das larvas dos anfibios. Aínda que en xeral as branquias son perennes, as que teñen as larvas dos peixes e anfibios raramente perduran máis alá do estado larval.

    2. Sistema de respiración propio de certas larvas e certos adultos de insectos acuáticos, cuns pelos hidrófugos na cutícula que reteñen unha película incompresible de aire. A propia respiración traqueal do animal provoca a diminución da tensión de osíxeno dentro da película, que se restitúe coa entrada de osíxeno disolto na auga, mediante un sistema de equilibrio entre este e o nitróxeno. Permite ao animal unha inmersión prolongada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás branquias.

    2. Aparello respiratorio formado por branquias.

    3. Arco óseo ou cartilaxinoso que soporta as láminas branquiais dos agnatos e peixes.

    4. Cámara que contén as branquias nos peixes óseos.

    5. Cavidade formada por unha pregadura cutánea que recobre as branquias das larvas acuáticas dos anfibios.

    6. Cada unha das aberturas (de cinco a sete parellas) que aparecen nos dous lados da cabeza dos condritios. As fendas branquiais poñen en circulación a farinxe co exterior, e sobre elas se sitúan, pola parte de dentro, as láminas branquiais.

    7. Cada unha das láminas dos arcos branquiais, irrigadas polas arterias branquiais, onde ten lugar a respiración branquial.

    8. Respiración acuática realizada por medio das branquias. Teñen este tipo de respiración os animais acuáticos que respiran o osíxeno disolto na auga, como moitos moluscos, crustáceos acuáticos, larvas de anfibios e peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza por ser azul e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor derivado do epitelio dos arcos branquiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das masas musculares embrionarias dos arcos branquiais. Aparecen normalmente no crecemento de todos os vertebrados nun número de seis pares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos branquiópodos.

    2. Crustáceo da clase dos branquiópodos.

    3. Clase de crustáceos de tegumento moi pouco calcificado, que presenta as primeiras antenas e as segundas maxilas reducidas, e as patas aplanadas como filopodios; estas constitúen o órgano respiratorio e son empregadas tamén para filtrar o alimento e para o desprazamento (agás nos cladóceros, que empregan as antenas). Son fundamentalmente propios das augas continentais e representan unha parte esencial do plancto das augas doces. Durante a época cálida, a poboación aumenta coa produción de femias por partenoxénese; sen embargo, en condicións desfavorables aparecen por meiose machos, de xeito que os ovos poden ser fecundados. Isto é moi importante para a súa supervivencia, xa que estes ovos fecundados teñen gran capacidade de resistencia ao medio adverso. Distínguense catro ordes: os anostráceos, que non presentan cuncha; os notostráceos, nos que a cuncha forma un ancho escudo dorsal; os concostráceos, cunha cuncha bivalva que agocha o resto do corpo; e os cladóceros, cunha cuncha da que sobresae...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das protuberancias dalgúns peixes formadas pola mucosa farínxea, situadas na beira interna dos arcos branquiais. A súa función é a de filtrar a auga respiratoria e reter as partículas de area e lama que poden obstruír as branquias, mantendo na farinxe as partículas alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á subclase dos branquiúros.

    2. Crustáceo da subclase dos branquiúros.

    3. Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos que engloba individuos de entre 5 e 10 mm de lonxitude que parasitan peixes mariños e de auga doce. Teñen o corpo aplanado, cunha cuncha cefalotorácica en forma de escudo que protexe a cabeza e os tres últimos segmentos torácicos, catro apéndices torácicos birrameados para a natación e un abdome curto sen segmentar. As maxilas están transformadas nun par de ventosas que aseguran a adhesión ao hóspede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista alsaciano. Escribiu en dialecto alsaciano Das Narrenschiff (O barco dos tontos, 1494).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos anseriformes ao que pertencen algúns gansos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ponteceso. baixo a advocación de San xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santa Leocadia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un anticlinal que é un pouco máis longo ca ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Brasília ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Brasília.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio que posiblemente estivo situado na actual parroquia de San Pedro de Brates (Boimorto). Sábese da súa existencia a partir da noticia referida nun documento, datado arredor do ano 995, no que aparece incluído na parte final dos asinantes Arxesindo, prepósito de Brates, entre os nomes dos abades dos mosteiros de Sobrado, San Martiño Pinario e Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO