"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente aos graptolites.

    2. Fósil do grupo dos graptolites.

    3. Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá gusto ou agrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se dá sen cobrar ou se recibe sen pagar.

    2. Que carece de base ou fundamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para felicitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula que transmite a interacción gravitacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moita graxa ou que está manchado de graxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundou a Accademia della Crusca e da Accademia degli Umidi. Empregou o pseudónimo de Lasca e propugnou un retorno á literatura toscana dos ss XIII e XIV fronte á tendencia clasicista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou con catorce anos a facer fotografías. Foi asistente de Maurice Baumann, Eliot Elisofon e de Louise Dahl-Wolfe. Abriu o seu propio estudo en 1941 e especializouse nos retratos de famosos como Marlene Dietrich, Cary Grant e Elizabeth Taylor. A través das súas colaboracións na revista Look, en 1953 entrou en contacto con Marilyn Monroe, coa que creou a empresa Marilyn Monroe Produtions. Ademais de colaborar nas publicacións Harper’s Bazaar e Vogue, participou nos filmes Bus Stop e O príncipe e a bailarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e bispo de Tours (573-594). Enfrontouse aos arianos e escribiu diversos libros de devoción e haxiografías, pero destacou especialmente polo súa Historia Francorum. Na iconografía viste de pontifical e leva como atributos un relicario e un peixe monstruoso. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. A súa obra teórica e as súas realizacións buscan a superación do racionalismo. Construíu diversos edificios de vivendas en Novara e Milán, sedes de facultades universitarias en Palermo e Florencia, e proxectos de actuación urbanística. Foi coautor do proxecto de remodelación do estadio olímpico de Montjuïc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Son agudo e penetrante lanzado polo home.

    2. Palabra que se di en voz moi alta.

    3. Sentencia moi concisa, que adoita ser só o nome dunha familia, que servía para reunir os combatentes baixo a súa bandeira e no campo de batalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario republicano editado en Pontevedra a partir do 17 de xaneiro de 1901. Probablemente, cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 (nº 259). O 12 de xaneiro de 1902 (nº 103) pasou a ser semanal e modificou o seu subtítulo polo de “Semanario republicano de Pontevedra”. O seu director e fundador foi Xosé B. Juncal Romay. Incluíu artigos políticos, novas do concello e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico compostelán, voceiro do Centro Republicano local, editado entre 1892 e 1893 baixo a dirección do tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, sufriu a prohibición arcebispal propagada desde todos os púlpitos de Compostela, logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal. Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Carlos Marx O Capital, a xeito de folletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Chouzán (Carballedo). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo de miniaturistas, formouse con J.L. David (1785-1790) e en Italia (1792), onde coñeceu a Napoleón, que o fixo seleccionador das obras artísticas que se enviaban ao Louvre e que lle encargou Les pestiférés de Jaffa (1804). Pintou numerosas escenas bélicas napoleónicas, entre outras, Le champ de bataille d’Eylau (1808). Na cúpula do Panteón de París pintou a apoteose de Bonaparte, que, ao cambiar as circunstancias políticas,   se converteu na apoteose da monarquía borbónica. Luís XVIII nomeouno barón. Fixo de ponte entre o neoclasicismo de David e a escola romántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia (72.663 h [2000]). Situada no corazón da chaira de Maremma, a 12 km da costa do mar Tirreno e a 1 km da beira dereita do río Ombrone. É un mercado agrícola e gandeiro, e ten industria mecánica, alimentaria, petroquímica e de materiais para a construción. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as igrexas de San Lorenzo (s XII) e San Francesco, a fortaleza Medicea e a muralla hexagonal (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Toscana, Italia (4.504 km2; 215.333 h [2000]). A capital é Grosseto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Romántico conservador, escribiu a novela histórica Marco Visconti (1834), os contos rimados La fuggitiva (1815) e Ildegonda (1820), e o poema épico “I lombardi alla prima crociata” (1826), a partir do que G. Verdi compuxo unha ópera homónima estreada en 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO