"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Boletín informativo publicado en xullo de 1972 en Quebec-Montreal (Canadá). Cesou aos dous anos, trala imposibilidade de obter colaboracións e medios económicos para seguir editándoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Breogán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de Teatro escolar creado en 1970 por Xosé Redondo no Colexio Anxo da Guarda, na Coruña, que desenvolveu unha intensa actividade ata mediados da década dos oitenta. A súa traxectoria, marcada por máis de quince espectáculos, constitúe un exemplo da vizosidade do teatro escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Estivo preocupado sobre todo polos problemas do contraste estatístico das teorías. Insistiu no feito de que a política keynesiana conduciría inevitablemente á inflacción. No 1945 foi nomeado presidente do Banco de Roma; no 1947, director executivo do BIRD e, no 1953, ministro de Comercio en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia, que comprende os departamentos de Côtes d’Armor, Finistère, Ille-et-Vilaine e Morbihan (27.208 km2; 2.795.638 h [1990]). A capital é Rennes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    País de Europa occidental que se atopa entre a canal da Mancha e o mar Cantábrico, dende o golfo de Cotentin ao S da desembocadura do Loire, e que ocupa a península armoricana ao NO de Francia (34.023 km2; 3.936.300 h [1990]). Administrativamente Bretaña está dividida en cinco departamentos franceses: Aodoù-an Hanternoz (Côtes d’Armor), Il-ha-Gwilun (Ille-et-Vilaine), Liger Atlantel (Loire-Atlantique), Morbihan (Morbihan) e Penn-ar-Bed (Finistère).
    Xeografía

    Xeografía física
    Xeoloxicamente forma parte do macizo Armoricano e comprende dúas áreas ben diferenciadas: l’Argoat (interior) e l’Armor (costa). O interior é unha área de relevo suave, con cadeas de outeiros, restos de antigas penechairas, que se elevan ata as montañas de Arre e se prolongan cara ao L (landas de Menez). Na costa, que suma 1.350 km, concéntranse as principais actividades económicas e humanas da Bretaña. A costa norte está demarcada por fortes acantilados. Ao S de Brest...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome polo que se coñecen un conxunto de narracións aparecidas en francés a partir da segunda metade do s XII, primeiro en verso e logo en prosa, que están ambientadas na corte do Rei Artur. Jean Bodel d’Arras difundiu esta denominación (entendendo por Bretaña tanto a continental como a insular) para distinguir este conxunto de obras das adaptacións vulgares de temas clásicos e das cancións de xesta. Nun sentido amplo, pódense aplicar as denominacións de ciclo artúrico ou literatura artúrica, aínda que non sexan estritamente equivalentes, pois, como demostran por exemplo as historias sobre Tristán e Iseo, moitos dos personaxes e motivos que configuran o universo artúrico lle eran orixinariamente alleos. Non é de estrañar, xa que logo, que durante a Idade Media estas narracións se denominasen a miúdo “de ambiente bretón”, pois o que as caracterizaba non era tanto a presenza dun personaxe concreto, como o contexto en que se desenvolvían. A materia de Bretaña xorde das tradicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Nas súas obras reflectiu os tipos e a linguaxe da pequena burguesía madrileña. Foi excelente sobre todo nas comedias costumistas de tradición moratiniana. Entre outras obras publicou: Elena (1835), Muérete y verás (1837) e Marcela o cuál de las tres? (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais en Madrid da man de Emilio Arrieta e, posteriormente, dirixiu a Ópera del Teatro Real e a Ópera de la Unión Artística Musical, e foi director do Conservatorio de Madrid. A súa produción comprende óperas (La Dolores, Guzmán el Bueno), gran número de zarzuelas (La verbena de la Paloma, La bien plantá, El clavel rojo), un oratorio e diversas obras de música sinfónica, de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que puido estar situado en Santa María de Bretoña (A Pastoriza) ou ben en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Coñecido tamén como monasterium Maximi, remóntase á época sueva, e aparece citado na Divisio Theodomiri do s VI. O nome de Maximi, probablemente sexa unha latinización de Mailoc, nome do bispo da sé de Britonia, pois en bretón mael ten o significado de ‘grande’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia, froito dun contrato (120 exemplares) entre o cabido de Santiago e os impresores Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro asinado no ano 1483, orixinarios de Burgos e Villasandino, respectivamente. O traballo realizouse en papel fóra de Santiago. En 1497 realizouse outra impresión (1.000 exemplares) da man de Nicolás de Sajonia, en Lisboa, quen fora contratado o 28.7.1496 para realizar este traballo. Coñécese outra edición, a última, realizada en Salamanca en 1569. Rexistráronse oito follas en pergameo no Arquivo Histórico Notarial da Coruña, todas elas con dúas columnas e tres tipos de letra gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ángulo co que debe incidir un raio de luz sobre unha superficie separadora de dous medios con índices de refracción diferentes para que na luz reflectida non haxa compoñente paralela ao plano de incidencia. Tamén se coñece como ángulo de polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á lei de Brewster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán en lingua soraba, un dos máis representativos desta minoría nacional. Publicou, entre outras, unha triloxía de carácter autobiográfico, Felix-Hanusch (1958-1964), e unha novela, Krabat ou a transformación do mundo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno mosteiro que estivo situado en Portas e que se converteu en priorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Munster (978) e rei de Irlanda (1002-1014). Loitou contra os viquingos, que ocupaban parte do país, derrotándoos na decisiva batalla de Clontarf (1014). Un grupo dos vencidos, finalmente, asasinouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés, alumno de G. Monge. Foi profesor en París e realizou estudios de xeometría proxectiva. Destacou polo teorema que levou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. A súa produción, moi variada, está unificada por un estilo preocupado pola luz e polo espacio, decorativo e vibrante. Estivo influído por Pierre Bonnard e por Édouard Manet. Entre as súas obras destaca Liberation (Liberación, 1944). Obtivo o Premio Blumentahl en 1924 e o Premio Carniege en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se un hexágono ten os lados tanxentes a unha cónica, entón tres das súas diagonais pasan por un mesmo punto. O hexágono recibe o nome de hexágono de Brianchon e o punto de concorrencia denomínase punto de Brianchon.

    VER O DETALLE DO TERMO