"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández,   A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1143-1180), fillo de Xoán II Comneno de Bizancio. Continuou a guerra contra os turcos e resistiu un ataque dos normandos (1149). Intentou recuperar Dalmacia pero a oposición de Venecia provocou unha guerra marítima (1171-1175) que tivo fatais consecuencias para os bizantinos. Foi derrotado en Asia Menor polos turcos selxúcidas (1176), que trala súa morte se estenderon por todo o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1495-1521), fillo do duque Fernando de Viseu. Sucesor de Xoán II de Portugal, emprendeu unha política autoritaria e aristocratizante. Restrinxiu as liberdades populares e concedeu privilexios ao clericato e á nobreza. Durante o seu reinado o imperio ultramarino portugués acadou unha grande extensión e Lisboa converteuse nun dos principais centros comerciais do continente europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Trebisonda (1238-1263), fillo de Aleixo I de Trebisonda. Membro da familia dos Comneno. Non puido manter o poder debido aos ataques dos turcos selxúcidas e os mongois. Despois da Batalla de Arunga (1244) recoñeceuse vasalo do gran khan mongol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1908-1910), fillo de Carlos I de Portugal e María Amelia de Orléans. Coñecido como Manuel de Bragança, herdou a coroa trala morte do seu pai e do seu irmán maior Luís Filipe. Malia que manifestou un respecto polas normas constitucionais, non puido superar o desprestixio en que caera a monarquía polos erros dos seus antecesores. Despois dunha rebelión militar de carácter republicano, en outubro de 1910, exiliouse en Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1391-1425), fillo de Xoán V Paleólogo de Bizancio. Acudiu a Occidente (1399) para solicitar axuda contra os turcos de Baiaceto I, pero non a conseguiu. Amigo do sultán Mehmet, conseguiu a recuperación dalgúns territorios e restableceu a orde do Imperio Bizantino. Coa chegada ao poder do fillo de Mehmet I, Murat II, a paz perigou e tivo que someterse ao novo sultán, ademais de pagar un importante tributo. Pouco despois de asinar este tratado retirouse a un convento, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de novela curta convocado polo concello do Grove desde 1992, coa colaboración de Sotelo Blanco Edicións. Gañaron este premio obras como Breve crónica universal da clase obreira (2001), de Santiago Jaureguizar, O mono no espello (2002), de Xabier López López e Ácaros verdes (2003), de Pilar Buela Piedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel María Fernández Teixeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado en 1991 polo concello de Arteixo que rende homenaxe á figura de Manuel Murguía e fomenta a escrita do conto literario en galego. Concédese no mes de maio, coincidindo coas datas do nacemento e bautizo do escritor en Arteixo (días 17 e 18). Os relatos premiados publicáronse en edicións preparadas e prologadas por Henrique Rabuñal como Relatos (1995), Airadas de palabras (1998) e Tecendo panos (2000). Recibiron o premio autores como Xavier Alcalá e Afonso Álvarez Cáccamo. Paralelamente hai unha versión infantil e xuvenil do certame en que resultaron premiados Tania Vázquez (1997), Lucía Rial Riveiro (1998) e o colectivo Brincadeira (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político suízo. Partidario da Reforma, as súas obras literarias son sátiras burlescas de espírito popular. Da súa produción destacan Vom Papst und seiner Priesterschaft (Sobre o Papa e o seu pontificado, 1523), Ablasskrämer (Vendedor de indulxencias, 1525) e Elsli Tragdenknaben (1529).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Atalaia. Loitou a favor de Carlos III, que o nomeou vicerrei de Sardeña (1713-1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo Immanu’el ‘Deus connosco’ a través do grego e latín como Emmanuel. Presenta as variantes Manoel/Manoela e os hipocorísticos Manolo, Maíño, Manecho, Manel, Mané, Lolo, Lete e Manola, Manoliña, Noliña e Lela. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Xava (O Bolo). O seu cumio acada os 1.074 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Manuel I de Portugal.

      1. Relativo ou pertencente ao manuelino.

      2. Estilo arquitectónico que se desenvolveu en Portugal na segunda metade do s XV e principios do s XVI, durante o reinado de Manuel I de Portugal. Trátase dun estilo basicamente ornamental en que, baixo unha base gótico-flamíxera, se engadiron elementos renacentistas de influencia oriental e abundantes motivos decorativos de tipo náutico e heráldico. Os monumentos máis representativos son o mosteiro de Santa Maria da Vitória de Batalha, obra de Mateus Fernandes, João de Castilho e o francés Boytac; o mosteiro dos Jerónimos de Belém, obra tamén de Boytac e João de Castilho; a igrexa do mosteiro de Tomar, de Diego Arruda; e a Torre de Belém de Francisco Arruda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produto que resulta dun traballo manual.

    2. Fábrica ou establecemento industrial.

    3. Proceso de fabricación de bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fabricar unha cousa coas mans ou con axuda de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á manufactura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding financeiro de EE UU que se constituíu en Nova York, como resultado da fusión da Manufacturers Trust Company, creada en 1905 e o Hanover Bank, sucesor do Phoenix Bank, creado en 1812. O grupo desenvolveu sobre todo actividades bancarias, pero tamén todo tipo de actividades financeiras como leasing, crédito hipotecario ou factoring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO