"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro artístico inaugurado en Lisboa en 1984 e situado nun edificio deseñado por sir Leslie Martin, anexo á sede do museo histórico da Fundação Calouste Gulbenkian. Naceu coa intención de crear un lugar dedicado á produción artística do s XX, formado por tres departamentos: museo, documentación e investigación e creación artística. Ademais das salas permanentes, ten salas de exposicións temporais, auditorio, biblioteca-centro de documentación, servizo pedagóxico e servizo de investigación. Na súa primeira etapa desenvolveu revisións históricas de artistas como Paula Rego, Almada Negreiros, Dacosta ou o grupo de ilustradores dos anos vinte. Posteriormente, amosou a obra dos artistas máis significativos de Portugal nas últimas décadas, como Cabrita Reis, Rui Chafes ou Pedro Calapez. Abriuse tamén aos artistas internacionais con exposicións dedicadas a R. Serra e Paolín, e á arte do s XX no Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María da Pedra, Cariño. Trátase dunha edificación con planta en forma de U e cunha presenza defensiva na que escasean os vans. No 1705 pertenceu a Antonio Santiso Montenegro e á súa dona, Ana María Piñeyro; posteriormente pasou a mans da liñaxe dos Guzmáns e dos Cora, como amosan os brasóns existentes na fachada do edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Cullergondo (Abegondo). A súa construción (s XVI) relaciónase con García Sanjurjo Montenegro e María Yáñez de Ramil. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no concello de Vimianzo. É un edificio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Construído a comezos do s XVI, conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña; na fachada principal figura o escudo de armas dos Maceda e Taboada. Rehabilitado en 1987, é unha vivenda particular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción do s XVII situada en Santa María de Cereo (Coristanco). Trátase dun edificio de planta rectangular mandado construír por Xoán de Ayala, señor dos cotos de Sabuceda e Ramiscal, e a súa dona, Francisca de Caamaño. Conserva un brasón na portada de acceso ao recinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María Madalena da Graña, de Vilarente (Abadín). Trátase dunha vivenda con planta en forma de U na que destaca a súa fábrica de cachotería e as chemineas de grande altura. O conxunto complétase con construcións auxiliares, como o hórreo, os alpendres, o pombal e unha pequena capela fóra do recinto da casa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa nobre rural situada en San Cristovo de Cerqueda. A súa fundación relaciónase coa familia Rodríguez de Arijón, aínda que tamén pertenceu noutros períodos aos Varela, da casa de Pernes, e aos Nóvoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escuridade que se forma cando no ceo aparecen unhas nubes moi negras que anuncian tempestade.
-
PERSOEIRO
Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada no barrio do Iglesiario, no conxunto histórico-artístico de Pazos de Arenteiro. Trátase dunha construción relacionada coa familia dos Cervela con planta en forma de U e cunha torre nun dos seus extremos. Na portada destaca o brasón dos Cervela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea ou arbusto da familia das cistáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo enchoupado ou moi húmido, cuberto por unha vexetación típica de mofos e herbáceas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Bernabé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao terreo moi húmido e pouco soleado que ten auga todo o ano.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Razo, no concello de Carballo, situada fronte aos illotes das Percebeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Santa Baia de Lueiro (Negreira). Ten planta en forma de L con dúas alturas nun dos seus lados e cunha soa noutro. Conserva unha torre ameada. Na parte posterior da á longa construíuse un novo corpo onde se situou a cociña. O conxunto está rodeado dunha muralla de pedra. O arco de acceso ao patio conserva os brasóns dos vizcondes de San Alberto, donos da casa. No xardín consérvanse dous hórreos e un pombal circular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado co chapeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que acerta co pello no xogo da chave.