"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
-
Animal que se utiliza para montar ou para carga.
-
-
Institución militar que constituía unha das divisións (ordo militiae) da sociedade medieval europea, integrada orixinariamente polos guerreiros que combatían a cabalo e defendían as terras cristiás fronte ás invasións de bárbaros e musulmáns, dende o s VIII, constituíndo un grupo heteroxéneo de xinetes adestrados armados pesadamente e carentes de ideais elevados. Foi a Igrexa a encargada de proporcionarlles uns ideais que permitisen canalizar a súa forza, empregando cerimonias e fórmulas inspiradas en diferentes sacramentos ata constituír un ritual polo que se accedía á cabalería. Orixinariamente estaba aberta a todos os homes libres cristiáns dispostos a loitar en defensa da Igrexa, do seu señor e da xustiza. Supúñase que o aspirante a cabaleiro, un soldado que destacase pola súa valentía e fidelidade ou un membro do grupo de fideles dalgún gran señor, dispuña dos medios suficientes para mercar e manter o cabalo e mais o armamento. Ata o s XII o neófito podía ser armado...
-
novelas de cabalerías
novelas cabaleirescas.
-
-
-
Preeminencia da que goza un cabaleiro.
-
Prácticas ou accións dos cabaleiros.
-
Exercicio ou acto de destreza propio dun cabaleiro para dirixir os cabalos, manexar as armas e demais exercicios de cabaleiro.
-
-
Conxunto de dependentes que coidan unha cabalería.
-
-
...
-
-
-
-
Elemento de construción composto por dúas vertentes ou aquel formado por unha peza horizontal apoiada en dous pés.
-
Utensilio que consiste xeralmente nun pao apoiado de forma horizontal en catro patas diverxentes, que serve de soporte para diversos usos, entre eles, formar provisionalmente unha mesa, un banco, etc.
-
Armazón de madeira sobre a que se improvisa unha estada.
-
Figura de entremés, chamada tamén cabaliño de cartón. Formada por un grupo de homes ou de nenos que van dentro dunha carcasa de cartón en forma de cabalo, sen patas, cunha faldra amodo de aditamento que fai de galdrapa. Ten un buraco nas costas por onde a sosteñen. Fan danzas e movementos distintos, todos eles coordinados; a miúdo marcan o ritmo con axóuxeres, fustas e contan co acompañamento de frautíns e tamborís. Xa se mencionaban no s XV, e parece ser que formaban parte dun entremés de loita de cabaleiros cristiáns contra mouros ou turcos.
-
Bordo de lousas ou tellas no que conflúen as dúas partes dun tellado.
-
Monllos de canas de millo dispostos en forma de pirámide.
-
Estrutura xiratoria de madeira sobre a que se colga a gramalleira nalgunhas cociñas das casas rurais.
-
Armazón sobre a que se coloca a madeira para serrar.
-
Peza do muíño de madeira que xira para levantar a moa.
-
Poldro no que se daba tormento.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aria de ópera, curta, de ritmo vivo e lixeiro con variacións, situada no seu período final, dueto ou concerto e que polo xeral pecha unha escena. Trátase dunha forma usual na ópera italiana do s XIX.
-
-
-
Incursión da cabalería en territorio inimigo.
-
Expedición armada de saqueo e castigo á que, na Idade Media, tiñan que asistir os vasalos menores de 60 anos por orde do señor respectivo. Diferenciábase da hoste porque non podía superar un día de duración. As disposicións relativas a este tipo de expedición foron recompiladas no Fuero de las cabalgadas.
-
Dereito do señor a dispor dos vasalos para as cabalgadas, redimible por un tributo.
-
-
Persoas que realizan unha carreira a cabalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal doméstico que se emprega para montar ou para o transporte de carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superposición dun anticlinal sobre outro sen que se separe da súa base e cun ángulo de buzamento inferior a 45°.
-
-
Andar ou montar sobre as costas dun animal que se dirixe.
-
Estar colocado sobre algo na mesma posición na que se está sobre un cabalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desfile cerimonioso a cabalo, característico dalgunhas festividades cívicas ou relixiosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ás cabaleirolas.
-
-
Atracción infantil de feira que consiste nunha plataforma xiratoria accionada mecanicamente. Sobre ela instálanse diversos artificios, algúns teñen movementos autónomos: automóbiles, motos, barcos, animaliños, figuras fantásticas e alegóricas, etc. OBS: Úsase xeralmente en plural.
-
Nubes que aparecen no ceo á noitiña, cando hai tormenta.
-
Nos espectáculos públicos, os xogos acrobáticos e ximnásti-cos das compañías de exércitos ecuestres.
-
cabalo de mar.
-
cabalo do demo.
-
Xogo de nenos que consiste na formación de varios grupos constituídos cada un por tres nenos. Dous deles colocan os seus brazos nos ombros un do outro; o terceiro colócase á carranchapernas sobre os brazos dos seus compañeiros e loitan en bandos contra os outros grupos. A única variación do xogo é o intercambio de posicións entre os nenos.
-
Xoguete de cartón ou de madeira colocado encima dunha táboa con catro rodas, sobre o que soben os nenos.
-
-
PUNTA
Punta do extremo SO da illa de San Martiño, ou Illa do Sur, no arquipélago das Cíes, concello de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal, situada ao N de Acuario e ao O de Pegaso. Está formada por cinco estrelas das que α é a estrela máis brillante e ten magnitude 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada na ciencia da cábala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que entende de cabalos e que é bo xinete.
-
-
Relativo ou pertencente á cábala.
-
Que é secreto e enigmático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabalar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabalar.
-
PERSOEIRO
Soprano. José Antonio Bertrand foi o seu mecenas e promoveu a súa entrada no conservatorio do Gran Teatro do Liceu en 1950, onde foi discípula de Conchita Badía, Eugenia Kemmeny e Napoleone Annovazzi. A súa voz caracterízase por un magnífico timbre e gran musicalidade, acompañada dunha notable técnica que lle permitiu manter longas frases de canto legato e sobrecolledores agudos en pianísimo. O seu debut oficial foi no Teatro Principal de València (1954) coa Novena Sinfonía de Beethoven; posteriormente na Ópera de Basilea, a partir de 1957 e durante catro anos, cantou máis de corenta papeis entre os que destacaron as súas primeiras Mimi, Tosca, Aida e Salomé. Anos máis tarde debutou nos principais teatros de ópera do mundo: Ópera de Viena (1959), Scala de Milán (1960), San Carlo de Lisboa (1961), Liceu de Barcelona (1962), Teatro Colón de Bos Aires (1964), Metropolitan de Nova York (1965) e no Carnegie Hall de Nova York (1965). En Galicia debutou na Coruña en 1963 con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva por armas, en campo de prata, unha torre ameada da súa cor e cachotería de sable; bordo de goles con catro flores de lis de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas, en campo de prata, unha espada da súa cor, pingando sangue.