"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Conxunto de fieis que non son cregos nin monxes. Este termo aplícase na Igrexa desde comezos do s III. Tarefas específicas dos laicos son cumprir a obra de Deus a través da realización da obra do mundo, e considerar as cousas por elas mesmas e non unicamente na súa relación con Deus. A partir da Revolución Francesa, e no que respecta á Igrexa Católica, desde o Concilio II do Vaticano, o laicado acadou un papel máis dinámico na vida da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida ou bebida que se toma a calquera hora en pouca cantidade.

    2. Cousa de comer que ten un sabor moi rico como os pasteis, os xeados ou os caramelos.

    3. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título escocés xa posuído, como condado de Lennox , por Alwyn Lemox (?-1180?) e concedido, como ducado de Lennox , en 1581 ao conde de Lennox, Esmé Stuart (?-1583). O condado foi posuído por Xaime VI de Escocia (futuro Xaime I de Inglaterra) que en 1572 o cedeu ao seu tío Carlos Stuart (?-1576). Á súa morte en 1672 pasou ao Rei Carlos II de Inglaterra, que llo deu ao seu fillo ilexítimo Carlos Lennox (?-1723), e que continúa nos seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariantes gráficas do antropónimo Locaio/Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega situada no Mar Xónico, que constitúe un nomós da rexión de Illas Xónicas (326 km2; 21.111 h [1991]). A capital é Leucade (6.694 h [1981]). Destaca a produción de pasas. Foi colonizada no s VI a C e vinculouse a Atenas. Sometida polos turcos en 1479, pasou a mans dos venecianos, que a conservou ata 1796. Volveu a Grecia a partir de 1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de lignificar ou lignificarse.

    2. Que ten as partes celulares impregnadas de lignina, a causa dun proceso de lignificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘nariz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión no centro-sur de EE UU, situada no extremo SL das Grandes Chairas. Está situada no O do estado de Texas e no L de Novo México. É unha rexión árida, atravesada polo río Pecos, ao S, e o Canadian River, ao N. O petróleo e a agricultura son a orixe das aglomeracións de Amarillo e Lubbok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que arrenda ou aluga algunha propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Hispánica e profesor da Universitat de València, foi membro destacado das Festas Minervais, en que resultou premiado en diversas ocasións. Polo seu poemario Mesteres (1976), está considerado como un dos autores que abre a poesía de signo realista ás liñas de renovación da lírica galega no último cuarto do s XX. Colaborador asiduo de La Noche e doutras publicacións periódicas, a súa obra destaca polo relevo dos mundos mítico-simbólicos e a plenitude expresiva que acada a palabra poética. Da súa produción destacan os poemarios Sonetos de espranza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Retratos pra tempos de pouca luz (1968), Memoria dunha edá (1976), Liturxia do corpo (1983), Antología personal (1987) e Noite do degaro (1994), máis a recompilación do seu traballo poético Do tempo posuído (2003). No ámbito da teoría, a crítica e a historia literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de macacos.

    2. Comportamento ou acción propios dunha persoa pouco xuizosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimento para as estradas que se emprega como calzada ou como base para asfaltar superficialmente. Fórmase cunha ou máis capas apisoadas de pedra machucada, que lle confiren resistencia ao pavimento, e por un recheo que enche os ocos entre as pedras que lle confire a indeformabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimentar calquera tipo de vía con macadam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega para machucar pedras de 30 cm ou máis de diámetro, por medio da compresión. As primeiras constan dunha armadura de aceiro onde van montadas dúas mandíbulas, unha fixa e outra móbil, revestidas dunha aliaxe de aceiro extraduro. A mandíbula móbil mediante un movemento alternativo desintegra as pedras. Para producións elevadas empréganse as machucadoras xiratorias, formadas por unha carcasa troncocónica dentro da que se move outra peza, tamén troncocónica, cun movemento de precisión, que comprime as pedras contra a parede interior da carcasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de machucar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que magnifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de maleducar.

    2. Que ou quen carece de educación e lle falta ao respecto aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se atopa ou vive unha situación desgraciada ou de pouca sorte.

    2. Que ou quen carece de iniciativa ou decisión.

    3. Expresa mágoa, compaixón ou lástima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contusión leve que se produce por un golpe.

    VER O DETALLE DO TERMO