"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
CIDADES
Cidade do Condado de Cheshire, en Inglaterra, Reino Unido, no esteiro do Mersey (123.907 h [1981]). Debe o seu crecemento á instalación de estaleiros e peiraos integrados no sistema portuario de Liverpool.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi administrador do departamento dos Pireneos Orientais e deputado da Convención (1792). Loitou contra os excesos da represión e o monopolio político de París. Desterrado e preso, conseguiu escapar e intentou organizar unha sublevación desde Lyon. Capturado cerca de Bordeos, morreu guillotinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Avión bimotor de reacción.
-
PERSOEIRO
Aeronauta. Coñecido como François Blanchard, comezou as súas ascensións un ano despois de Montgolfier (1784). Co americano John Jeffries atravesou o Canal da Mancha (de Dover a Calais) en globo no ano 1785.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Uretrite crónica, sobre todo gonocóccica.
-
PERSOEIRO
Romanista danés. Publicou traballos de Dialectoloxía e, sobre todo, de Sintaxe; entre eles cómpre destacar L’ordre des mots en français moderne (A orde das palabras en francés moderno, 1928 e 1933) e Le problème da la transitivité en français moderne (O problema da transitividade no francés moderno, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de orixe xudía. Iniciouse no xornalismo, sobre todo con novelas nas que describía tipos xudeus como en Lévy (1910) e Et Cle (1918), pero evolucionou cara ao marxismo. Cómpre subliñar, entre as súas obras, a novela Sybilla (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou o que bloquea.
-
Aplícase ao medicamento ou á substancia que impide a emisión ou a chegada de estímulos, a secreción de hormonas, a acción destas ou a doutros órganos, e produce, ás veces, efectos semellantes á extirpación.
-
Anticorpo que inhibe por competencia a fixación doutros anticorpos específicos.
-
antiadrenérxico.
-
-
-
Illar unha cidade, unha rexión, un porto ou calquera lugar xeográfico privándoo de toda clase de comunicación co exterior.
-
Facer imposible o desenvolvemento ou a libre circulación de algo por un determinado espacio ou lugar.
-
Evitar, alguén competente na materia, o emprego ou o aumento de determinados créditos ou bens.
-
Interceptar un balón ou un contrario cando se practica un determinado deporte.
-
-
No sistema operativo Macintosh seleccionar un arquivo ou un disco e marcalo de maneira que este non poida ser borrado por erro. Esta operación realízase facendo clic no cadrado Bloqueado (Locked) da ventá Obter información (Get Info).
-
Marcar un arquivo como que está en uso de forma que outros programas que se executen ao mesmo tempo non poidan cambialo. Baixo MS-DOS o comando SHARE aplica o bloqueo dos arquivos.
-
Impedir que se poida gravar nun disquete, deslizando cara ao bordo unha pequena corredeira de plástico situada na parte traseira do disquete. Coñécese como protección contra escritura e non impide copiar o seu contido.
-
-
Facer que alguén non poida reaccionar adecuadamente ante unha determinada situación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
vaqueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Budica (s I) Raíña dos icenios de Britania. Estivo casada co Rei Prasutagus, cliente dos romanos e que entregou as súas posesións ás súas fillas e ao Emperador Nerón. Trala anexión romana do reino, Boadicea rebelouse no ano 60. Logo de ser derrotada polos romanos dirixidos por Suetonio Paulino morreu envelenándose.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. É autor de Le jeu de saint Nicolas (O exercicio de san Nicolás, 1200?) e da canción de xesta Chanson de Saïsnes (Canción de Saïsnes, 1202?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis e telleiros que corresponde á voz ‘cravar’.
-
PERSOEIRO
Teólogo protestante alemán, coñecido como Carlstadt e Carlostadius. Defendeu as doutrinas de Lutero diante de Johan Eck en Leipzig (1519). Durante o retiro de Lutero en Wartburg (1521-1522) foi abandeirado da aplicación radical da nova doutrina, pero aceptou máis tarde as normas eucarísticas de Ulrich Zwingli e rompeu cos luteranos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, político e economista coñecido tamén como Bodino. Foi conselleiro do duque de Alençon e procurador do Rei en Laon. No 1576 apareceu a súa grande obra filosófico-política Les six livres de la République (Os seis libros da República), na que trataba de colocar ao Rei como o centro da unidade nacional e instaurar o Absolutismo como un poder de equilibrio das tensións da sociedade. O mantemento da propiedade privada e das leges imperii, fronte ao poder soberano nas mans do Rei, era a contradición teórica que se reflicte en toda a súa obra. Foi un mercantilista, partidario da protección estatal para a industria nacional. Como economista formulou a teoría cuantitativa do diñeiro aplicada á revolución dos prezos do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Hugonote, emigrou do seu país por mor do Edito de Nantes (1685). Despois dunha estancia en Inglaterra, instalouse en Berlín en 1695, onde realizou o Portal Fortuna do Stadtschloss (1701) e en 1728 en Dresden, onde foi nomeado inspector das obras reais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana realizada en 1981 e dirixida por Lawrence Kasdan. Foi interpretada por William Hurt, Kathleen Turner, Richard Crenna e Ted Danson. Ned Racine (W. Hurt), un turbio avogado, coñece a Matty Walker (K. Turner), unha fermosa muller da que se namora. Ela está casada e convénceo para matar o seu esposo (R. Crenna). Ned comete o crime, e Matty desfaise del incriminándoo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de hulla clasificado habitualmente entre os esquistos bituminosos e rico en hidrocarburos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen realiza un boicot.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obstaculizar ou impedir a realización de todo tipo de transacción ou actividade dunha persoa ou entidade como castigo e para exercer unha presión.