"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á psicocirurxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide indólico, moi similar á serotonina, que forma uns cristais brancos e foi empregado en psiquiatría cuns efectos semellantes aos do LSD. Pode localizarse nos fungos do xénero Psilocybes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mil ciclos ou oscilacións nun fenómeno oscilatorio. O kc/s emprégase como unidade de frecuencia, chamado máis habitualmente quilohertz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Usar a razón para coñecer, xulgar, inferir ou demostrar algo partindo dunhas bases ou premisas.
-
-
Acción e efecto de raciocinar.
-
Facultade de raciocinar.
-
Cousa ou idea se pensa de maneira razoada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu o 30 de marzo de 1938 co nome de Radio y Cinema, da editora Metyel, de periodicidade quincenal. A idea xurdiu de José Mª de Barbáchano y Cayuela, propietario de Metyel, quen contou con Joaquín Romero Marchent para a dirección. O 15 de xuño de 1938 pasou a denominarse Radiocinema. Con residencia transitoria en Galicia durante a Guerra Civil Española, tivo delegación en Madrid desde o nº 32, editado o 15 de xullo de 1939. Rematada a guerra, trasladouse definitivamente a Madrid, en maio de 1940 (nº 52). Daquela, a súa periodicidade pasou a ser mensual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago.
-
-
Calidade de recíproco.
-
Intercambio de bens ou obxectos de valor para establecer ou reforzar as relacións entre persoas sen que conte expresamente o valor económico ou o feito de chegar a un equilibrio entre os bens intercambiados, aínda que iso sexa culturalmente implícito.
-
-
Situación, nas obrigas bilaterais, en que os dous contratantes teñen a mesma calidade de creditor e debedor.
-
Dereito de igualdade e de mutuo respecto entre os estados, que serve de base a todos os acordos internacionais.
-
-
-
-
de recocer ou recocerse.
-
Acción e efecto de recocer ou recocerse.
-
-
-
Alegrar ou recrear, sobre todo dando calor e vigor.
-
Recrearse en algo.
-
-
-
Acción e efecto de remover ou removerse.
-
Privación dun cargo, emprego ou función.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria situado preto do núcleo de Torrelavega e bañado polo Saja (6.999 h [2001]). A súa economía baséase na explotación do chumbo e do cinc.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula que procede dun eritroblasto que non posúe núcleo e que dá lugar, dentro do proceso de eritropoese, a un eritrocito.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.
-
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1306-1329), da dinastía dos Bruce. Despois de proclamarse rei en Scone (1306) foi ampliando o seu dominio territorial coas vitorias de Loudon Hill (1307), de Bannockburn (1314) e Berwick (1318). Finalmente, Eduardo III de Inglaterra recoñeceu a independencia de Escocia con Roberto I como rei, en York (1328).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1371-1390), neto de Roberto I e sobriño e sucesor de David II de Escocia. Foi o primeiro soberano membro da dinastía Stuart. O seu reinado estivo presidido polas continuas perturbacións nobiliarias.
VER O DETALLE DO TERMO