"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ordes, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Laracha (comarca de Bergantiños) e Culleredo (A Coruña); ao S cos de Tordoia e Ordes (Ordes); ao L cos de Carral (A Coruña) e Ordes; e ao O cos de Carballo e Laracha (ambos os dous en Bergantiños). Abrangue unha superficie de 110,9 km 2 cunha poboación de 5.587 h (2007), distribuídos en nas parroquias de Cerceda, As Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda. A capital municipal, a aldea do Campo da Feira, na parroquia de San Martiño de Cerceda, está a 43° 11’ 20’’ latitude N e 8° 28’ de lonxitude O, 30 km ao S da Coruña e 47 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal de Cerceda está baixo o dominio climático oceánico húmido; dentro dos subtipos galegos pertence ao das plataformas occidentais, caracterizado por abundantes precipitacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que remite ao latín *cereceta, derivado de cerasu ‘cerdeira’ e mais o sufixo abundancial -eta ‘abundancia de cerdeiras’. A mesma orixe, pero co sufixo abundancial -etu, presentan os apelidos Cercedo, Cercido e Cerdido. Documéntanse desde o s XIII: “Fernan Peres de Cerzido” (doc ano 1284 en Enrique Cal Pardo, El monasterio de san Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, 1984, p 247), “Juan Fernandes de Cercedo” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977).

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, cinco torres de azul, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo con torre defensiva situado na parroquia de San Pedro de Cerceda, concello do Corgo. Foi mandado edificar, no ano 1587, polo cóengo Rodrigo de Páramo, da familia Páramo, señores da Torre de San Salvador de Piñeiro. Á súa morte foi soterrado na igrexa de San Pedro de Cerceda, propiedade da casa que herdou a súa sobriña Catarina Armesto e Páramo. A última herdeira descendente da familia Páramo, María Quiroga Pardo, deixoulle a casa á súa afillada Carmen Gómez Aller. Está dedicada á labranza e só se conserva a parte central do pazo, sen torre nin ameado, xunto ás dependencias anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na cabeceira do val do Guadarrama (5.051 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, patacas e froita. Ten grande importancia o turismo pola proximidade da estación invernal da serra de Navacerrada. O termo está atravesado por unha calzada romana que ía en dirección a Astorga e da que se conservan diversos tramos e pontes. A igrexa parroquial é dos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Cerceda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estrela de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice carnoso no pescozo da cabra e outros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de avespas donicelas, da familia dos esfécidos, que na etapa adulta miden 15 mm de lonxitude, e presentan unha coloración aposemática negra e amarela. Escava tobos en substratos areosos onde introduce eirugas paralizadas coa picadura do aguillón e sobre as que deposita o seu ovo. As eirugas brancas do himenóptero aliméntanse ao nacer dos tecidos vivos da víctima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos anátidos, caracterizada por ser de pequeno tamaño, os machos coa cabeza de cores escuras con listas ou antefaces contrastados, e por alimentarse na superficie de pequenas masas de auga doce sen mergullarse.

    2. Cerceta de 38 cm de ancho de cabeza escura e azulada cunha media lúa branca. Propia de Norteamérica, aparece como ave divagante en brañas costeiras galegas.

    3. Cerceta de plumaxe agrisada, coa cabeza do macho vermella escura e cun antefaz verde, lista horizontal branca sobre a ala e cu amarelo. Viven en lagoas de auga doce con abundante vexetación de ribeira e densa flora subacuática. Aniña por riba do paralelo 40° N e inverna entre o 40° N e o Ecuador. Nas zonas temperadas apenas se desprazan no inverno e compórtanse como aves sedentarias. O límite meridional de cría na Península Ibérica constitúeno algunhas brañas catalanas e a lagoa de Budiño, nas Ribeiras do Louro. A Península constitúe o principal punto de invernada das aves europeas. A subespecie norteamericana A. crecca carolinensis, caracterizada por presentar unha liña vertical branca entre o peito e os flancos, aparece en brañas costeiras galegas como ave accidental.

    4. Cerceta de 41 cm de lonxitude; o macho presenta a cabeza de cor verde e as meixelas de cor amarela e riscadas de negro, unha lista superciliar e colar de cor branca, peito rosáceo e salferido de negro, flancos cinsentos e parte traseira negra. É unha ave divagante nas brañas galegas dende Siberia.

    5. Cerceta de 38 cm de lonxitude; o macho presenta unha lista branca na cabeza escura e os flancos grises pálidos. De distribución paleártica, inverna na África tropical e, en menor medida, no S de Europa dende o estreito de Bering á Península Ibérica, onde aniña en puntos illados e de xeito esporádico. En Galicia ten criado nas lagoas de Valdoviño, Sobrado, Traba e Budiño, esta última nas Ribeiras do Louro.

    6. Cerceta de 43 cm de lonxitude, de coloración semellante nos dous sexos, co antefaz ancho e escuro, pescozo longo e plumaxe de cor acastañada, salferida de branco. Distribúese pola Península Ibérica, o Magreb e dende o Turquestán oriental ata o Indus. Na Península Ibérica cría en medios con abundante vexetación acuática, en augas superficiais de menos de 50 cm de profundidade e habitualmente salobres como as marismas do Guadalquivir e as brañas do S de Alacant. No s XX pasou de ser unha anátida común a non contar en 1994 con máis de 35 parellas, debido fundamentalmente á degradación e á escaseza de hábitats axeitados.

    7. Cerceta de 51 cm de lonxitude; o macho presenta unha coloración en xeral agrisada coa cabeza de cor acastañada, lista ocular ancha de cor verde e unha longa crista. É unha ave divagante nas brañas galegas dende o L de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Cercedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. Trátase dun edificio dunha única planta erixido a comezos do s XVIII. Destaca a fachada, decorada con elementos ornamentais relacionados co barroco de placas santiagués, cunha imaxe da Virxe do Carme sobre un escudo mariano labrado na portada e cunha espadana no remate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das fabáceas ao que pertence a árbore do amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico nado en París en 1929 da man do crítico Michel Seuphor e do pintor uruguaio Joaquín Torres García. O seu obxectivo era agrupar o espírito do construtivismo como oposición ás tendencias surrealistas nas que comezaba a estar inmersa a vangarda artística do momento. Seuphor chegou a publicar tres números da revista Cercle et Carré entre 1929 e 1930, e mesmo a organizar unha exposición na que participaron artistas como Kandinsky, Léger, Arp, Le Corbusier, Pevsner, Torres García, K. Schwitters ou Ozenfant. Unha enfermidade de Seuphor no 1931 provocou o desmantelamento do grupo, non obstante os seus membros trataron de continuar coas súas propostas na asociación Abstraction Creation. Torres García creou en Montevideo a Asociación de Arte Construtivo e chegou a editar un xornal chamado Círculo y Cuadrado (1936-1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica franco-italiana realizada en 1970. Dirixida por Jean-Pierre Melville e interpretada por Alain Delon, Bourvil, Gian Maria Volonté e Yves Montand, conta o roubo dunha xoiería por parte de dous ladróns e un ex-policía. Destaca a sensación de soidade, aumentada polo tratamento da fotografía por parte de Henri Decae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cercar.

    2. Persoa, obxectos ou conxunto deles que rodean algunha cousa ou a alguén.

    3. Sinal redondeado que se forma ou queda nalgunha cousa.

    4. Auréola de luz que rodea algunha cousa.

    5. Operación de cercar un lugar.

      1. Antiga arte de pesca de rodeo que empregaba unha gran rede para a captura da sardiña nas costas das Rías Baixas.

      2. Aparello que se empregaba na arte do cerco.

      3. cerco conxelador

        Embarcación que combina artes de cerco e grandes cámaras frigoríficas e que se dedica á captura de túnidos sen establecerse nun caladoiro fixo.

      4. cerco real

        Arte do cerco na que o aparello ten máis de mil varas de longo.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cola’.

    VER O DETALLE DO TERMO