"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Tungurahua, Ecuador, ao N do volcán Chimborazo, nun val andino (160.302 h [1997]). Situado á beira do río Ambato, na conca do río Marañón. Dende aquí parte a mellor vía de penetración cara á selva amazónica. É característico o mercado indio. En 1698 sufriu os efectos dunha forte erupción volcánica, e en 1949 foi destruída por un tremor de terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Especialista en retratos. A súa obra mestra é O xeógrafo Sebastián Münster (museo de Berlín). Seguiu o estilo de Hans Burgkmair, pero foi influído por Tiziano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia dos ambistómidos.

    2. Individuo da familia dos ambistómidos.

    3. Familia de anfibios urodelos, integrada por píntegas, xeralmente terrestres, coa cabeza aplanada e os dentes do vómer dispostos en fileiras transversais. Son propias dos EE UU e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio limitado ou determinado dalgún modo no que se desenvolve ou ten efecto algo.

    2. Espacio ficticio que comprende ou abrangue unha actividade, arte ou ciencia.

    3. Situación de interacción lingüística que se presenta agrupada arredor dun mesmo eido da experiencia (familia, traballo, escola, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido viscoso, incoloro, de poderoso olor de almiscre. Atópase no aceite obtido das sementes da planta exótica Hibiscus abelmoschus. Emprégase como aromatizante, como perfume e como fixador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nobre familia, foi funcionario do Imperio Romano e gobernador de Milán. A súa elección como bispo tivo lugar por aclamación popular, sendo aínda catecúmeno. A lenda di que na asemblea de fieis un meniño berrou: “Ambrosio, bispo!”, o que se interpretou como voz divina. No prazo dunha semana bautizárono, ordenárono sacerdote e consagrárono Bispo. Aprendeu grego e entregouse ao estudo da teoloxía; é un dos catro doutores da Igrexa Latina. No 387 bautizou o que habería ser santo Agostiño. Interveu activamente na defensa dos bispos católicos contra os candidatos arrianos e enfrontouse ao Emperador, cando este tentou subtraerlle aos arrianos as dúas basílicas milanesas máis grandes. Tempo despois, cando o Emperador Teodosio ordenou a matanza dos habitantes de Tesalónica, alporizados contra o prefecto, impúxolle unha penitencia pública e no ano 390 prohibiulle a entrada no templo de Milán ata que non demostrase a súa inocencia naquelas masacres. A Lenda Dourada de Jacopo de Voragine recolle...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se refire ao camiñar, que ten a facultade de camiñar.

      1. Dise do tratamento médico ou cirúrxico ou da enfermidade que non obrigan ao enfermo a gardar cama.

      2. Establecemento sanitario onde se dispensa asistencia médica e farmacéutica aos enfermos que non precisan de hospitalización. Forma parte da organización sanitaria dun país, dentro do nivel da asistencia primaria. No ámbito do ambulatorio, os médicos de cabeceira ou os especialistas diagnostican, tratan e controlan a evolución de enfermidades que non necesitan atención hospitalaria, fan os exames preparatorios para unha intervención cirúrxica e o seguimento dos pacientes que xa teñen a alta hospitalaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula propia do sangue e doutros líquidos orgánicos dos invertebrados, capaz de provocar movementos ameboides; adoita ter unha función fagocitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de amedrentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia ou diminución extrema de megacariocitos na médula ósea hematopoética. É un sinal determinante da trombopenia conxénita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nacido na comarca do Ribeiro colaborou con Javier Prado na terceira época de O Tío Marcos da Portela a partir de 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que no embrión humano constitúe os denominados epitelios adamantinos (externo e interno), situados entre o esmalte e o retículo polposo do esmalte, e que recobren practicamente todo o órgano adamantino ou rudimento dentario no embrión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia en forma de espiga densa, xeralmente branda e colgante, de flores pequenas e unisexuais, en xeral aclamidias, propia de moitas árbores como a aciñeira, a abeleira ou o salgueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de amestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome co que se coñecen os diversos silicatos hidratados que, baixo a forma de agregados, conteñen fibras flexibles de cor esbrancuxada, de aspecto brillante e tacto sedoso, susceptibles de seren fiadas e tecidas. A fibra é illante da calor e da electricidade, resistente aos ácidos e aos álcalis, inalterable a alta temperatura e funde con dificultade ante a chama do soprete. Os tecidos de amianto (utilizados para forros de freos e embragues, para xunturas e como illante, entre outros empregos) están fabricados, sobre todo, co amianto de serpentina (crisótilo), chamado de forma máis concreta asbesto, que se utiliza tamén para a fabricación de fibrocemento e para a obtención de plásticos reforzados e plásticos ablativos. Entre os amiantos de anfíbolo , o amianto azul (crocidolita) utilízase sobre todo para filtros debido á súa resistencia química, que é moi elevada; a amosita emprégase especialmente como illante térmico, e a tremolita,...

    2. Papel ou cartón composto total ou parcialmente de amianto. Utilízase como illante térmico e para pantallas resistentes ao lume en cociñas, estufas, chemineas, etc. A denominación de papel resérvase a grosores inferiores a 0,5 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista siciliano do Rei Filipe IV de Castela. Distinguiuse polo seu labor nos arquivos do Escorial, Barcelona, o Vaticano e Nápoles. Cabe destacar a súa cronoloxía de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación dunha ou das dúas amígdalas palatinas, chamada tamén tonsilectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión nunha amígdala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leucoplasto que sintetiza amidón e que o acumula en capas concéntricas formando grans, que ao medrar van distendendo o leucoplasto, e que, á súa vez, queda reducido a unha fina película que envolve os grans. Os amiloplastos abundan en certos tecidos de reserva vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO