"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Pintor e escritor norteamericano. Avogado de profesión, dedicouse á pintura e iniciouse de forma autodidáctica como retratista en Philadelphia. Viaxou por Missouri e Texas desde 1830, e por América Central e do Sur (1852-1857). As súas pinturas, dun grande interese etnolóxico, son un exemplo fundamental do romanticismo americano. Foron mostradas ao público dos EE UU e Europa (1837-1845) como Galería de Indios. Publicou varios libros ilustrados, entre os que destacan Letters and Notes of the Manners, Customs and Condition of the Northamerican Indians (Cartas e notas sobre os usos, costumes e condición dos indios de Norteamérica, 1841), Catlin’s North American Indian Portfolio: Hunting Scenes and Amusements of the Rocky Mountains and Prairies of America (A carpeta dos indios norteamericanos de Catlin: escenas de caza e diversión nas Montañas Rochosas e nas chairas de América, 1845) e Life amongst the Indians (A miña vida entre os indios, 1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘roubo’.
-
PERSOEIRO
Historiador, economista e político. En 1839 fundou e dirixiu Il Politecnico, un repertorio de estudios de contido positivista e de carácter saint-simoniano. A través da investigación científica propuxo un programa político sobre a cuestión italiana, de tendencia republicana e federal. Durante os feitos das Cinque Giornate de Milán (1848) exiliouse a París e Lugano (1848-1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema relativo á integración no campo complexo que afirma que para toda función f(z), de variable z complexa, holomorfa nun recinto simplemente conexo D, e para calquera traxectoria pechada C contida en D, se verifica: ?cf(z)dz=0. Este teorema tamén se pode enunciar dicindo que, nas condicións anteriores, a integral de f(z) entre dous puntos de D é independente do camiño da integración elixida, sempre que este camiño estea contido en D. Este teorema dá lugar á teoría da integración por residuos.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das caulobacteriáceas.
-
Bacteria da familia das caulobacteriáceas.
-
Familia de bacterias da orde das pseudomonadais, en forma de bacilo curto, lixeiramente curvado, ou de vibrión. Teñen un pedúnculo máis ou menos longo, de orixe moi diversa segundo os xéneros, co que se fixan a un substrato mergullado e son Gram-negativas. Oxidan o ión ferroso e convérteno en ión férrico. Viven en augas doces moi oligotróficas. Os xéneros máis importantes son Caulobacter e Gallionella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘baile’.
-
PERSOEIRO
Científico inglés. Fundador da moderna aerodinámica, en 1799 estableceu a configuración do avión moderno e propuxo o uso da enerxía mecánica independentemente da acción do vento ou da forza muscular. En 1853 construíu un planador que foi o primeiro en voar cun tripulante.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ceboideos.
-
Primate pertencente á superfamilia dos ceboideos.
-
Superfamilia de primates pertencente á suborde dos antropoideos que presenta un septo nasal plano e ancho, o polgar non opoñible ao resto dos dedos, a cola prénsil e unha distribución americana. Pertencen a esta superfamilia o mono capuchino, o mono araña e o mono ouveador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético que consiste en pronunciar o fonema /s/ como se fose un / "Stone Sans PhoneticIPA" >ɵ /. En galego, nalgún punto do Morrazo e, esporadicamente, nas falas do S de Pontevedra, de seseo predorsal, o /s/ pode chegar a articularse como / "Stone Sans PhoneticIPA" >ɵ / (saber > zaber, noso > nozo). No galego non é un fenómeno moi frecuente, ao contrario do que ocorre, por exemplo, no castelán co ceceo andaluz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cedo’.
-
-
Relativo ao encéfalo e á columna vertebral.
-
Líquido incoloro situado no espacio subaracnoidal, nos ventrículos cerebrais e na epéndima. Fórmase mediante un proceso de ultrafiltración e segregación activa, nos plexos coroidais dos ventrículos laterais e do cuarto ventrículo, e nos vasos do espazo subaracnoidal. A súa circulación intercálase entre a arterial e a venosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cefalotáceas.
-
Planta da familia das cefalotáceas.
-
Familia de roseiras que ten como único representante o xénero Cephalotus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada ao N do Cisne e ao L do Dragón. A estrela máis brillante é de magnitude 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Texea, na Arcadia. Fillo de Áleo (ou de Licurgo), participou na expedición dos argonautas. Acompañou a Heracles na loita contra Lacedemonia, batalla na que morrería xunto ao seu irmán Ificles e os seus vinte fillos.
-
-
Relativo ou pertencente ás celastráceas.
-
Planta da familia das celastráceas.
-
Familia da orde das celastrais integrada por uns cincuenta xéneros que inclúen unhas 850 especies de árbores e arbustos propios de climas cálidos e temperados. Algunhas celastráceas cultívanse para fins ornamentais e outras para usos medicinais. Pertencen a esta familia os xéneros Euonymus e Catha.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos celentéreos.
-
Animal do grupo dos celentéreos.
-
Animais acuáticos de simetría radial e diblásticos, cunha cavidade gastrovascular que comunica co exterior por medio dunha única abertura. Son animais carnívoros que capturan as súas presas grazas a nematocistos velenosos. Presentan no seu ciclo dous tipos de organización: a medusa e o pólipo. Perdeu a súa consideración taxonómica en favor dos filos dos cnidarios e dos ctenóforos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de choquelear.
-
-
Aplícase á fariña ou ao pan de centeo, ou á palla deste cereal.
-
Herbácea anual ou vivaz, de ata 2 m de altura, que presenta en cada talo unha soa espiga moi compacta, formada por espiguiñas de dúas flores fértiles, con glumas cunha aresta de 2 a 6 cm. O seu cultivo principiou nos Balcáns hai uns 6.500 anos, probablemente a partir das especies silvestres Secale montanum, de Afganistán, e Secale anatolicum, de Turquía. Distínguese doutros cereais, como o trigo ou o orxo, por ser unha planta heterógama que precisa da polinización cruzada; esta característica ten implicacións na viabilidade das sementes dunha xeración a outra. É moi resistente ao frío, á aridez do chan e ás malas herbas, polo que se adapta e frutifica en ambientes de montaña de ata 1.800 m de altitude, e mesmo chega ao círculo Polar Ártico. O seu cultivo, que non precisa apenas coidados, é optimo en solos acedos, areosos e ben drenados. Cultívase, sobre todo, no hemisferio norte, especialmente en Rusia e Ucraína, países dos que depende un terzo da produción mundial. En...
-
Gran da planta do centeo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural internacional establecido en París, coñecido tamén como Centre Beaubourg ou Centre Pompidou. Promovido polo presidente Georges Pompidou, inaugurouse en 1977. Está situado nun edificio construído polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers, gañadores do concurso internacional convocado en 1971. Ademais de ter un importante arquivo documental, conta cunha biblioteca, hemeroteca, centro de deseño, discoteca, fototeca e cinemateca, e organiza numerosas actividades, como exposicións antolóxicas e revisións dos movementos artísticos dos ss XX e XXI. Ocúpase tamén da xestión do Musée National d’Art Moderne (MNAM) dende 1993. O edificio acolle tamén o Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique (IRCAM) e un Centro de Creación Industrial (CCI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...