"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir de orixe gala, en forma de gardapó, que vai ata a ingua ou ata os pés, adoptada polos romanos.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (211-217), fillo do Emperador Sétimo Severo, quen o vinculou a tarefas de goberno desde o 198, e de Xulia Domna. Recibiu o sobrenome de Caracalla pola peza de vestir que levaba. Á morte do seu pai asasinou o seu irmán Sétimo Geta e os seus partidarios. Promulgou no 212 a Constitutio Antoniana que concedía a cidadanía romana a todos os homes libres do Imperio. Emprendeu campañas militares nas fronteiras do Rin e do Danubio. Asasinárono despois de pasar o Tigris nunha conspiración dirixida polo prefecto do pretorio. Datan do seu goberno o mapa de camiños coñecido como Itinerario Antonino e as termas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos construídos polo Emperador Caracalla en Roma entre o 206 e o 217, situados ao SL do Aventino. Unha vía porticada monumental permitía o acceso ao edificio, de planta cadrada con bóvedas de grande altura e moi decorado. Situadas na parte central, as termas tiñan as tres estancias características destes establecementos romanos: o frigidarium, o tepidarium e o caldarium. O conxunto completábase cun parque público, bibliotecas, un estadio, cisterna e salas para masaxes e unción de aceites.
-
-
Diversión prolongada e buliciosa.
-
Cousa que molesta e desagrada.
-
Cousa que ten pouco valor.
-
Feito ou cousa sen importancia ou de pouco interese.
-
-
-
Que ou quen gusta andar de festa.
-
Que ou quen toma as cousas a broma e é pouco formal e respectuoso.
-
[Phallu
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decepción que se sente cando algo non sae como se pensaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.
-
-
-
Pecho que consiste nun gancho metálico curvo ou recto, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira unida á porta cun cravo, arredor da que xira, para fechar portas, cancelas e, en ocasións, ventás.
-
Pechadura constituída por un taco de madeira cravado nos marcos das portas ou ventás que, ao fechar, xira sobre el mesmo.
-
-
-
Pasador de madeira ou de metal que se introduce nun furado, nunha peza ou en calquera outro obxecto para suxeitar ou unir algo.
-
Cada un dos pasadores do eixe do carro que fan que as rodas queden suxeitas.
-
-
-
Peza cilindrocónica dos instrumentos de corda, feita de madeira (ébano, palisandro ou buxo), de metal ou de marfil, na que se aparafusan as cordas, co fin de estiralas ou de afrouxalas e de deixalas suxeitas na afinación desexada.
-
Chave de madeira ou doutro material para tensar as cordas dos instrumentos musicais.
-
-
Peza cilíndrica ou lixeiramente cónica, de aliaxe de aceiro e de superficie rectificada e puída, que se emprega en moitos dispositivos ou montaxes de mecánica fina para inmobilizar en sentido transversal dúas ou máis pezas superpostas.
-
...
-
-
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Tono Carbajo, estudiou na escola Massana e na facultade de Sant Jordi de Barcelona. En 1983 trasladouse a Madrid, onde traballou no taller de Luis Gordillo no Círculo de Bellas Artes. As súas primeiras propostas, que se achegan a unha figuración matérica e xestual, están realizadas en superficies de formatos irregulares. Posteriormente, creou obras de carácter conceptual, nas que os obxectos forman parte da obra e na que os novos materiais, como a fibra de vidro, non fan esquecer os materiais tradicionais como o lenzo. A súa primeira exposición individual realizouna en 1982 na galería Novecento en Vigo e, desde entón, fixo exposicións individuais nesta cidade, na Coruña, en Santiago de Compostela e en Madrid; participou tamén en mostras colectivas como ARCO’85 ou a VII Bienal de Arte de Pontevedra, entre outras. No ámbito internacional participou en diversas exposicións colectivas: Palazio degli aratisti (Turín), Galleria Fascimile (Roma), Casa de...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Froito do carballo.
-
Póla dun carballo despois de separala da árbore.
-
Carballo vello coa copa tupida e co tronco voluminoso.
-
Denominación vulgar de algas do xénero Fucus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, un brazo armado, movente do flanco sinistro, empuñando un alfanxe da súa cor.
-
-
Aplícase a un tipo de pera pequena, longa e moi saborosa.
-
carballeira.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo é un abundancial formado sobre a voz carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XIII: “Maria Fernandes de Carvalyal” (doc ano 1265 en X. Ferro Couselo A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 24). Adoita aparecer castelanizado (Carbajal).
-
Liñaxe galega que se espallou por toda a Península. As súas armas levan, en campo de sinople, unha torre de ouro, adestrada dunha bandeira de goles. Outra variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul, e bordo de prata con oito rosas de goles.
-
-
PERSOEIRO
Xurista e poeta. Formado en dereito na Universidad de Madrid, ingresou no corpo xudicial no ano 1947. Despois de exercer en varias cidades galegas pasou a ser maxistrado da Audiencia territorial da Coruña no ano 1963. Foi presidente da sección de dereito penitenciario no V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Civil e Penitenciario, secretario da comisión de estudios do I Congreso de Dereito Galego e organizador das I Xornadas Xurídicas da Coruña. Como poeta publicou a súa obra en xornais e revistas e chegou a gañar a Flor Natural dos Xogos Florais de Oleiros en 1974. Colaborou en Foro Gallego e Jurisdición contencioso administrativa, e escribiu obras xurídicas como Ideario político social e penitenciario de don Miguel de la Sagra (1975) e Comentarios al Código civil y compilaciones forales: compilación de Galicia (1979). Membro correspondente do Instituto Español de Derecho Procesal, foi distinguido coa Cruz de San Raimundo de Penyafort no ano 1963. Ademais é académico...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mariana Fernández Pérez.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Participou na fundación da Irmandade da Fala da Coruña e desenvolveu a súa actividade literaria sobre todo na prensa da época. Publicou no suplemento Terra a Nosa!, do xornal El Noroeste, e a novela O tesouro acobillado (1919). Postumamente a editorial Nós sacou do prelo De min pra vós (contos do pobo) (1928), recompilación das súas colaboracións na revista A Nosa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.
VER O DETALLE DO TERMO