"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Médico e botánico. Dedicou unha gran parte da súa vida á preparación e á confección de Flora Pyrenaica, obra monumental e de publicación póstuma (1897), básica para o coñecemento da flora dos Pireneos. Tamén escribiu Flora Virgiliana, onde estudiou a contribución botánica da obra de Virxilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burundi (1.089 km2; 222.953 h [1990]). A súa capital é Bubanza (60.266 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aventureiro de orixe europea establecido nas Antillas no s XVI. Ocupaban as illas de Santo Domingo e San Cristóbal e dedicábanse á agricultura, á caza e ao comercio. Expulsados en 1630 por Fadrique de Toledo, concentráronse na illa da Tartaruga e actuaron contra as colonias castelás. Aliados cos filibusteiros, participaron en 1671 na toma de Panamá baixo o mando de Henry Morgan. O Tratado de Utrecht (1713) significou a súa desaparición.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Santander, Colombia, nos contrafortes da Sierra Oriental (508.240 h [1997]). É unha das principais cidades do país, de economía baseada no comercio e na industria, e que está situada á beira de importantes vías de comunicación (autoestradas e ferrocarrís). Posúe aeoporto. É tamén un centro de ensino superior, sede da Universidad Industrial de Santander, fundada en 1947, e da Corporación Universitaria Autónoma de Bucaramanga, fundada en 1955. Miguel de Trujillo e Andrés Páez de Sotomayor fundaron a cidade no 1622.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou nas Milicias Provinciais e participou na Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Tomou parte nos sucesos revolucionarios de 1846 ocupando o cargo de xefe do estado maior das tropas de Solís. Fuxiu a Portugal e regresou en 1847. Debido á súa participación nos sucesos revolucionarios dese ano foi encarcerado e no 1850 amnistiado. Interveu no levantamento de 1854 e no 1856 alcanzou o grao de brigadier; posteriormente foi nomeado gobernador de Samaría (Santo Domingo). Regresou a España en 1866 e trala revolución de 1868 foi novamente encarcerado, situación que se repetiu en 1873. Cando pasou á reserva era comandante xeneral do Campo de Gibraltar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e xornalista. Establecido en Florida a comezos de 1880, exerceu como director da Escuela de la Sociedad de Amigos de la Educación Popular. Tamén foi delegado do Centro Gallego de Montevideo. Como xornalista desenvolveu o seu labor en La Unión Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agostiño. Estudiou no Seminario de Ourense e foi misioneiro en Filipinas. Posteriormente regresou a España como comisario e procurador xeral das misións de Asia en Madrid. Entre as súas obras destacan Gramática de la lengua tagala, dispuesta para la más fácil inteligencia de los religiosos principiantes, con un breve confesonario y otras materias concernientes a la administración de los Santos Sacramentos (1850) e Dicionario geográfico-estadístico-histórico de las islas Filipinas, en colaboración con Felipe Bravo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo alemán, barón de Buch. Foi discípulo de Abraham Gottlob Werner e de von Humboldt. Realizou importantes estudios sobre o vulcanismo antigo e a tectónica de Alemaña, e describiu o proceso de ascensión por compensación isostática da Península Escandinava. En 1832 publicou un mapa xeolóxico de Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo profesional. Formouse en Madrid, no estudo de Franzen. Entre 1912 e 1916 traballou como fotógrafo en Nova York. A partir de entón tivo un estudo na Coruña, ofertando retratos con iluminado de copias, procedementos nobres e glamour. O seu traballo foi exposto na Exposición Rexional de Fotografía en 1922 e na Exposición Ibérica de 1923. Foi premiado na Exposición Internacional de Londres de 1925. Volveu vivir en Madrid despois de mediados os anos vinte, onde abriu un estudo na Gran Vía que por uns anos foi un distinguido foro fotográfico. No ano 1931 marchou a Colombia, onde se instalou en Bogotá, facendo fotografía e cine con Rómulo Gallegos. O incendio do seu estudo fixo que se perdese a maior parte do seu arquivo. Hai mostras do seu traballo nas revistas gráficas da época como La Esfera, Mundo Gráfico e Marineda. Consérvase do seu arquivo unha pequena parte, a máis familiar, pero de interese xeral debido a que presenta procedementos non habituais nas coleccións conservadas en...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio do L de Escocia, parte do actual Aberdeenshire, que se estende desde o río Ythan ao Deveron. Foi un dos sete antigos mormaorships escoceses. Convertido en condado, no s XII foi rexido polos Comyn, que o perderon na loita cos Bruce. Foi entregado entón a Alexandre o Raposo de Bandenoch cara ao 1382. O rexente, o duque de Albany, cedeullo ao seu fillo John Steward, morto sen fillos. En 1469 foi concedido a James Steward, pasando aos seus descendentes e, por liña feminina, aos Douglas en 1580 e aos Erskine en 1617.
-
PERSOEIRO
Avogado, escritor e político. Desde 1935 foi gobernador de Canadá. É autor de novelas de aventuras como Prester John (1910) e The Thirty-nine Steps (Os 39 chanzos, 1915); de poemas, biografías como Walter Scott (1932), ou Cromwell (1934) e de estudios de historia: History of Great War (Historia da gran guerra, 1921-1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Comezou a súa carreira política en 1820 ao acceder ao Congreso co Partido Demócrata, renovando a súa acta ata 1831. Entre 1831 e 1833 foi ministro plenipotenciario en San Petersburgo e senador. De 1856 a 1860 foi o décimo quinto presidente dos EE UU, tolerando a política escravista e defendendo a autonomía de cada estado. O final do seu mandato coincidiu coa separación da Unión de sete estados sudistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Entre 1957 e 1969 dirixiu na Universidade de Virginia un centro de estudios de economía política e filosofía social. As súas investigacións céntranse no eido da economía pública. En 1986 concedéuselle o Premio Nobel de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Discípulo de Johannes Wislicenus, investigou no eido dos colorantes orgánicos sintéticos, coñecéndose sobre todo pola reacción que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ministro luterano norteamericano. Fundou o Oxford Group e o movemento do Rearmamento Moral. Entre outras obras escribiu Moral Re-Armement (Rearmamento moral, 1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e teólogo inglés. Foi profesor de mineraloxía en Oxford (1813-1845) e escribiu Reliquiae diluvianae (Reliquias diluvianas, 1823) e Geology and Mineralogy considered with Reference to Natural Theology (Xeoloxía e Mineraloxía consideradas con referencia á teoloxía natural, 1836), obras nas que tratou de conciliar os feitos naturais cunha lectura literal da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamento que reproduce o cranio do boi. Propio da arte romana e retomado no Renacemento, colocábase nas metopas da orde dórica romana e ía adornado con cintas, grilandas ou discos que simbolizaban os pratos rituais para os sacrificios. Atópanse representacións de bucranios da época romana nunha fonte de Tomonte (Vilardevós), nunha ara de Espiño e nun capitel atopado no barrio de San Roque de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Santa María de Budiño (O Pino) que, segundo se cita na Historia Compostellana, foi obxecto de doazón á igrexa de Santiago no ano 1114.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO