"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Intervención cirúrxica xinecolóxica que consiste na extirpación do útero. Segundo se conserve ou non o colo uterino, é nomeada subtotal ou total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión na parede do útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula mesodérmica fagocitaria do sistema inmune que se atopa nos espacios intercelulares do tecido conxuntivo laxo e do sistema retículo-endotelial. Inxiren antíxenos estraños para prever infeccións. Permanecen nunha parte do corpo sen desprazarse polo torrente sanguíneo (bazo, ganglios linfáticos, alvéolos, amígdalas, tecido mamario, etc). Considérase unha forma funcional dos fibrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presencia excesiva de histiocitos.

    2. Conxunto de enfermidades caracterizadas pola proliferación anómala de histiocitos, que pode afectar a diversos órganos (pel, ganglios linfáticos, pulmóns, ósos, fígado e bazo). As principais son a enfermidade de Letterer-Siwe, a de Hand-Shüller-Christian e o granuloma eosinófilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hist(io/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compatibilidade inmunolóxica dos tecidos. Os diversos seres diferéncianse pola existencia de estruturas específicas na superficie de todas e cada unha das células con carácter antixénico. As máis importantes constitúen o denominado sistema HLA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos tecidos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica, formada por rectángulos, das frecuencias dunha variable. O ancho do rectángulo representa intervalos divididos en zonas de valores observados, e a altura o número de observacións por intervalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é parecido ao tecido normal.

    2. Aplícase ao tumor integrado por unha soa clase de tecido ben diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de carácter enciclopédico concibida e iniciada polo conde de Buffon. Consta de 44 volumes e foi publicada en París de 1749 a 1804. É un ensaio metodolóxico que esboza os principios para o estudo da historia natural no primeiro volume e xustifica a totalidade da obra. Nos seguintes volumes trata sobre cosmoloxía, xeoloxía, mineraloxía, bioloxía do home e dos animais vertebrados e un longo estudo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desintegración ou descomposición dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a histólise.

    2. Que produce histólise, referido especialmente aos enzimas que liberan os lisosomas dos fagocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en histoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estudia a composición e estrutura microscópica dos tecidos orgánicos. A histoloxía estudia o crecemento dos tecidos, animais e vexetais, desde o período xerminativo ata que completan a súa formación. Tamén se ocupa da relación entre estrutura e función, e dos cambios de estrutura segundo a función que realice. A histoloxía humana estudia o crecemento dos catro tecidos básicos (epitelial, conectivo, muscular e nervioso) a partir das tres capas xerminativas (ectoderma, mesoderma e endoderma) e a adaptación entre eles durante o desenvolvemento para formar os órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á histoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo de proteínas simples, hidrosolubles e de carácter básico, que posúen unha gran proporción de aminoácidos básicos (arxinina e lisina). Atópanse asociados ao ADN (nucleohistonas) e nos cromosomas dos eucariotas (a excepción dos dinoflaxelados). Crese que a función das histonas está relacionada co control da transcrición do ADN.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da patoloxía dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Narración ordenada e verídica sobre o conxunto dos feitos memorables do pasado humano, sobre unha serie determinada destes feitos, sobre unha persoa ou sobre unha cousa concreta.

      2. Ciencia que se ocupa do estudo dos feitos, como conxunto das actuacións dos homes no pasado, e da súa narración. Aínda que a preocupación crítica por escribir a historia con veracidade é moi antiga e deu lugar ao nacemento dunha serie de técnicas auxiliares da investigación (arqueoloxía, paleografía ou numismática), esta preocupación non se pode confundir coa reflexión teórica sobre a evolución das sociedades humanas que se atopa nas correntes progresistas da historiografía europea desde o Renacemento, pero que non se desenvolveu cara a un estudo científico coherente, cun corpo doutrinal propio. Non obstante , a filosofía da historia, como reflexión crítica sobre o coñecemento histórico e, ao mesmo tempo, como interpretación sobre a historia, non deixou de operar activamente detrás das diferentes concepcións, escolas e métodos que, en relación coa ciencia histórica, se sucederon ao longo do tempo. Dos filósofos da historia destacan  Hegel, que converteu a historia en obxecto do...

      3. fin da historia

        Concepto de orixe hegeliana que presupón a consecución duns principios ideolóxicos inmellorables por parte da humanidade. Hegel identificou a fin da historia coa vitoria de Napoleón I Bonaparte en Jena, feito que comportaba o triunfo definitivo dos ideais da Revolución Francesa. O concepto empregouno Alexandre Kojève a finais da Segunda Guerra Mundial. Fukuyama reactualizouno despois do afundimento dos réximes comunistas, feito que interpretou como a morte da única ideoloxía capaz de ofrecer uns principios opostos aos da democracia liberal.

      1. Ciencia especializada en expoñer, cronolóxica e incluso criticamente, cada un dos diversos ámbitos da realidade e actividades humanas no seu desenvolvemento ao longo dos tempos. Tradicionalmente, o alcance da aplicación histórica acadou unha importancia especial nalgúns campos determinados. Así, pódese recoñecer unha especial consistencia na historia da filosofía, na historia do dereito ou na historia das relixións, e máis recentemente na historia da ciencia. Denomínase tamén historiografía, segundo o enfoque que tome este estudio.

      2. historia eclesiástica /

        Investigación e exposición da traxectoria do cristianismo na súa organización como Igrexa ao longo dos tempos. A primeira historia eclesiástica escribiuna a comezos do s IV Eusebio de Cesarea; na súa segunda versión estendeuna ata 324. No s VI Evagrio actualizou a obra e prolongouna ata 594. O estudo da conversión dos pobos bárbaros deu lugar a obras como a Historia Francorum de Gregorio de Tours, a Cronica e Historia Gothorum de santo Isidoro de Sevilla e a Historia ecclesiastica gentis anglorum de san Beda o Venerable. Ata a Baixa Idade Media as crónicas, os anais e as haxiografías foron os xéneros historiográficos máis frecuentes. Os movementos reformadores do s XVI promoveron novos estudios concretos e de conxunto que tiveron a súa réplica desde a ortodoxia católica. No s XVII inaugurouse a haxiografía crítica católica coas Acta Sanctorum; tamén nesa época apareceron compilacións dos documentos dos concilios ecuménicos e tamén da...

    1. Obra literaria que consiste nunha narración ou exposición histórica.

      1. Conxunto dos acontecementos humanos ou de determinados acontecementos humanos, considerados na súa evolución.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra historiográfica en latín do s XII. Oficialmente foi coñecida como Registrum, nome alusivo á técnica de elaboración, que consistía en combinar a transcrición documental (cartularios e coleccións documentais) con narracións historiográficas que encadrasen os documentos. A súa composición foi proxectada por Diego Xelmírez como manobra de propaganda do seu bispado e da propia sé compostelá, para elevala a arcebispado. Con respecto a outros exemplos da historiografía latina hispana ten a peculiaridade de narrar sucesos contemporáneos e de inserir documentos da época. Os feitos narrados abarcan principalmente desde 1100 a 1139, anos en que Xelmírez foi primero bispo (1100-1120) e arcebispo de Compostela (1120-1140); é o que se coñece historicamente como “época de Xelmírez”, debido á relevancia que xogou o arcebispo na Galicia deses anos. No reinado de Urraca (1109-1126) deuse unha íntima conexión entre a súa conduta pública e o progreso das súas ambicións eclesiásticas; así mesmo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crónica [Historia] Troiana.

    VER O DETALLE DO TERMO