histona
histona
s
f
[BIOQ]
Nome xenérico dun grupo de proteínas simples, hidrosolubles e de carácter básico, que posúen unha gran proporción de aminoácidos básicos (arxinina e lisina). Atópanse asociados ao ADN (nucleohistonas) e nos cromosomas dos eucariotas (a excepción dos dinoflaxelados). Crese que a función das histonas está relacionada co control da transcrición do ADN.