"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Chubut, na Patagonia, Arxentina (124.104 h [1997]). É un importante centro comercial e nó de transportes. A base da súa economía é a extracción de petróleo (a quinta parte da produción do país) e as industrias derivadas, principalmente refinerías e químicas. Da cidade parten gasodutos e oleodutos en dirección a Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza entre dúas ou máis persoas de forma secreta e cunha finalidade inmoral ou ilícita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: cuncada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que é da mesma cidade que outra ou que outras.

    2. Persoa natural ou habitante da mesma nación que outra ou outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza inglesa de orixe popular (country dance) inglesa executada por parellas de bailaríns que, en roda ou dispostas unhas diante doutras, realizan movementos contrarios seguindo unha orde sucesiva. Acadou o seu maior apoxeo nos ss XVII e XVIII en Europa occidental. A súa música escríbese nun compás de 2/4 ou 6/8.

    2. Música que acompaña esa danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emboscada feita contra outra para inverter o seu efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte posterior dunha publicación.

    2. Páxina seguinte á portada, na que se imprimen xeralmente os requisitos legais dun libro, o copyright, o pé de imprenta ou outros datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dúas ou máis magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial, como por exemplo un punto ou un plano.

      2. sistema de coordenadas

        Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que, mediante un sistema de coordenadas, cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto. No plano, un sistema de coordenadas lineal consta de dous eixes e un punto, chamado orixe de coordenadas, situado na súa intersección. Se os eixes son perpendiculares, as coordenadas son rectangulares ou cartesianas. Se os eixes son oblicuos, as coordenadas son oblicuas. Tamén se define no plano o sistema de coordenadas polares, dado polas funcións radio vector (r), que é a distancia da orixe, e argumento ou ángulo polar (ϑ), que é o ángulo respecto a unha dirección prefixada. Un sistema semellante é o de coordenadas bipolares. De forma análoga considéranse, no espacio tridimensional, sistemas lineais de coordenadas cartesianas e sistemas non lineais, como o de coordenadas cilíndricas...

    1. Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste. Cómpren dous parámetros angulares para situar sobre esta esfera calquera astro; cada sistema de coordenadas determínase por un eixe fundamental e por un círculo máximo, chamado círculo fundamental, que vén dado pola intersección da esfera celeste cun plano perpendicular ao eixe fundamental. Unha das coordenadas mídese sobre o círculo fundamental, e a outra sobre o círculo máximo, coñecido como auxiliar, que pasa polo astro e polas interseccións da esfera celeste co eixe. Cando os arcos do círculo se miden no sentido contrario ao das agullas dun reloxo, o sentido de medida chámase directo, e retrógrado no caso contrario. Os sistemas de coordenadas celestes pódense clasificar en dous grupos. No primeiro, unha das coordenadas ou as dúas refírense a direccións ou planos que dependen do lugar de observación (sistemas locais). No outro grupo inclúense os sistemas de coordenadas...

    2. Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas. Definen a configuración do sistema, é dicir, son as coordenadas do espazo de configuración.

    3. Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres (Meridiano de Greenwich). Ata mediados do s XX foi práctica común que en cada un dos países se empregase un meridiano local (na cartografía española foi o de Madrid). Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado dende ese punto ata o meridiano de referencia; así mesmo, a latitude é a distancia angular, medida seguindo un arco de meridiano (de 0° a 90°), que hai entre o punto P e o Ecuador. Nos novos sistemas, que teñen en conta o aplanamento da Terra, defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador, e consérvase a definición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe fundada en 1979 en Santiago de Compostela por Bernardo París, coa colaboración dun grupo de estudiantes universitarios. Subtitulada como “Revista Universitaria de Cultura”, contaba cun consello de redacción formado por Víctor Ferreira, Juan R. Marticorena, Rafael Martínez, Marcelino de Santiago Kukas, A. Manuel Chaves e polo seu propio fundador, que exercía tamén como director. O obxectivo desta publicación é crear unha canle de comunicación en favor da cultura e da ciencia, á parte de fomentar a investigación e o debate no seo da universidade, tomando como referencia a realidade de Galicia. Entre algúns dos seus colaboradores destacan Méndez Ferrín, Paz Andrade, Uxío Novoneyra, Fernández del Riego, Carlos Casares, Miguel Cancio, Carlos Baliñas, Álvaro Cunqueiro, X. M. Beiras e Antonio Odriozola. Á parte da revista, editáronse unha serie de números extraordinarios titulados Poesía galega actual (1981), Cómix e ilustración en Galicia (1982), no...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de rede dalgúns aparellos de pesca semellante ao cope.

    2. Operación que consiste en botar ao mar o cope.

    3. Peixe que se recolle cada vez que se bota o cope.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos pulmóns dun animal.

    2. Conxunto das vísceras dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias Abella, Xavier Prado Lameiro, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández González e Cesáreo Eire Santalla. Presentouse o 24 de xuño de 1919 no Teatro Apolo de Ourense e en 1924 en Madrid. O seu primeiro director foi Daniel González, con quen visitou América do Sur en 1931 e participou, xunto con outras agrupacións galegas, na Feira Internacional de Chicago e actuou posteriormente nas principais cidades de España e Portugal. Ao longo da súa historia estivo baixo a dirección de Isolino Canal Freire, Manuel de Dios Martínez, Bruno Fuentes Blanco, Javier L. Luque Jurado, José Mª González Álvarez e Juan J. Rumbao Requejo. Destacan, entre outras, as súas actuacións na clausura do I Curso de Música en Compostela, no Congreso Internacional do Frío de Santiago, no Festival Intercéltico de Lorient e nas sociedades galegas de Caracas e Maracay. Na realización dos decorados para o coro e cadro de declamación contou coa colaboración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1964 por Modesto Fernández Rodríguez, director ata 1998, en colaboración con outros membros deste colectivo musical. Dende 1998 está dirixida por Juan Carlos Troitiña Mota. Entre outros, foron os seus presidentes José Manuel Lorenzana, Ignacio Ramírez Pérez, José Luis Valcarce López, Ángel Gómez Montero e Víctor Arias Pérez. A súa primeira actuación foi no cine Capitol de Chantada o 8 de xullo de 1965, iniciando así unha serie de actuacións dentro e fóra de Galicia (Monforte, Ribadavia, Ourense, Lugo, Portomarín, Vigo e Oviedo). Promocionou a primeira actuación pública do cantautor Andrés do Barro, quen en 1970 foi o produtor do primeiro disco gravado pola Coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de alpinistas (normalmente dous e catro como máximo) unidos á mesma corda co fin de avanzar nun terreo difícil. Durante a escalada, mentres o primeiro avanza, os outros aseguran a freada dunha posible caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de precipitación de chuvia acompañada de sarabia, vento intenso e, en ocasións, tormenta eléctrica. En Galicia pode rexistrarse nos temporais invernais, ao chegar ao continente frontes frías procedentes do N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso da comarca do Ortegal, no extremo setentrional de Galicia. Segue unha dirección xeral SSO-NNL a través do límite entre as parroquias de Devesos, San Cristovo de Couzadoiro e San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira, e As Grañas do Sor, Mañón e As Ribeiras do Sor, no concello de Mañón. Elevada sobre unha litoloxía do Ordovícico Inferior, fundamentalmente filitas cos seus característicos diques de cuarcitas paralelos aos planos de xistosidade, culmina nos 521 m de altitude do monte Coriscada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Golpe dado cun corno.

      2. Ferida ou contusión producida polo corno dun animal.

    1. Estocada que na esgrima se dá dende abaixo cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Toque prolongado de corneta.

      1. Burla dirixida aos viúvos na noite do seu casamento cando volven casar. Prolóngase durante varias noites, nas que se entoan unha serie de coplas satíricas. Adoitaban acompañarse dos sons de chocallos, tixolas, cacharros vellos ou calquera instrumento improvisado. O esquema resultaba ser sempre o mesmo; a primeira copla era invariable: “Quen casou? / Bata cagada. / E con quen? / Con Mexa na Cama. / Arriba coa chocallada.” A seguinte estrofa recollía os alcumes e o momento no que se coñeceu a parella, acompañada doutras nas que se resaltaban defectos físicos ou morais da parella. En determinados lugares, os mozos que ían casar a outras parroquias ou que non respectaban os costumes antigos do lugar, tamén eran obxecto da chocallada. Unha vez que esta remataba, adoitaba celebrarse un baile o domingo pola tarde coñecido como festa dos mozos.

      2. Balbordo continuo producido por obxectos, como chocallos e cornos, para mofarse, nunha serie de noites, dunha persoa viúva que volve casar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Guadiana (2.513 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, arroz e tabaco) e a gandería lanar. Fundado no s XIV pola orde de Alcántara, foi poboado a partir de épocas máis tardías. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Bartolomé (s XVI) e as ermidas de Santa Ana e Nuestra Señora de la Piedad, coñecida tamén como Santa María del Zújar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. curral.

    2. Capa de estrume que se bota no curral para que curta e se converta en esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO