"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (316.445 h [1991]). Está situada na beira N do río Penneru, a 27 km da baía de Bengala e a 75 km ao N de Madras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresaria. Coñecida como Elizabeth Arden, educouse en Canadá e naturalizouse estadounidense, abrindo o seu primeiro salón de beleza en Nova York en 1910. Considerou a saúde e o repouso coma os fundamentos da beleza, de aí a súa idea de crear “granxas de beleza”, en Maine e en Arizona, onde se levaban a cabo curas de repouso. Máis de douscentos salóns levan o seu nome polo mundo enteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enfermeira italiana. Naturalizouse británica, e durante a Guerra de Crimea (1854-1855) organizou hospitais de campaña, e no seu regreso a Londres creou, no hospital de Saint Thomas, unha importante escola de enfermeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista. Profesor de socioloxía na Universitat de Valéncia desde 1971 e na Universitat d’Alacant (1991-1995), foi colaborador de Serra d’Or, Gorg, Cuadernos para el Diálogo ou El País. Autor de numerosos ensaios, destacan Conflite lingüístic valencià (1969), Idioma i prejudici (1971), que analizan a situación sociolingüística valenciana, Idioma i poder social (1972), Estrutura social i política lingüística (1975), Cuatro idiomas para un Estado (El castellano y los conflitos lingüísticos en la España periférica) (1977), Madre España (1979), ou Sociologia de la ciutat de València (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Desde 1539 foi cronista real de Carlos I. Escribiu Crónica general de España, en 5 volumes (1543-1553), que abranguía ata o s III a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Coñecido como Lorenz Oken, concibiu os organismos como resultado dunha evolución xurdida dunha masa indiferenciada, animada por un principio dinámico (galvanismo) coa luz como causa e soporte, que se fixa de diversas formas. É autor de Allgemeine Naturgeschichte (Historia xeral da natureza, 1833-1841), en trece volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lorenz Ockenfuss.
-
GALICIA
Xurista e político. Foi presidente do Cabildo Insular de Gran Canaria e da Mancomunidad Provincial Interinsular de Cabildos de Las Palmas (1974-1977). En 1977 fundou Unión Canaria (UC), partido que se integrou na UCD e polo que chegou a ser vicepresidente (1987-1988) e presidente (1988-1991) do goberno de Canarias. Cofundador de Coalición Canaria, foi o seu portavoz no Congreso de los Diputados ata 1995. Recibiu a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort (1995) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Impresión que certas emanacións volátiles producen no órgano do olfacto. É posible reducir os 400 olores que se poden captar a sete fundamentais: alcanfor, almiscre, floral, menta, éter, pútrido e picante. Moitos olores son debidos a compostos orgánicos, e os das flores dependen de pequenas cantidades de aceites esenciais. As esencias botánicas son tan complexas que só poden ser reproducidas engadíndoas en pequenas cantidades ás formulacións sintéticas. OBS: Tamén se denomina cheiro.
-
Partículas emanadas dun corpo que afectan de xeito agradable ou desagradable ao órgano do olfacto.
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Paradela e Requeixo (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.057 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que desprende olor, especialmente agradable.
-
Aplícase ao viño de xerez de cor dourada e moi aromático que acada 18° ou máis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia que se produce a través do embigo.
-
-
Aplícase ao composto orgánico que contén cloro dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas orgánicos clorados.
-
Nome xenérico dun grupo de compostos orgánicos que teñen cloro como constituínte. Teñen unha grande actividade biolóxica e a súa acción perdura moito no tempo. En moitas ocasións os organoclorados utilizados como insecticidas son substituídos por organofosforados, menos persistentes.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial. Estudou o tempero do aceiro e estableceu a existencia dos puntos de transformación. Está considerado como o creador da metalografía, e os seus estudos de análise térmica e de metalografía microscópica permitiron a mellora técnica dalgúns procesos da industria siderúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante da cloración por substitución na que o subproduto da reacción, cloruro de hidróxeno, se oxida cataliticamente en cloro mediante osíxeno, de onde resulta un aproveitamento total do axente clorante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
GALICIA
Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador das revistas Cultura Gallega e Galicia en temas de cultura e historia, publicou Amores e dolores (1932), un libro de poemas prologado por R. Otero Pedrayo, en que trata os temas do amor e das lembranzas, así como as paisaxes e os grandes feitos de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca e capital das Illes Balears, situado no extremo das abas da serra da Tramuntana (333.801 h [2001]). É sede do Consell Insular de Mallorca e do bispado de Mallorca. O seu núcleo urbano está composto pola cidade antiga, arredor da que se dispuxeron o ensanche e novos núcleos periféricos edificados a partir da década de 1970. A poboación activa dedícase basicamente ás actividades terciarias e secundarias, mentres que o sector primario é minoritario e está adicado aos cultivos herbáceos e ás froiteiras de secaño. A industria relacionada co turismo, como a construción, as industrias do metal, da madeira e alimentarias, está en expansión. É un dos centros turísticos máis destacados do Mediterráneo. Foi un municipio romano fundado por Quinto Cecilio Metelo tras a súa vitoria sobre os habitantes das illas (123-122 a C) e poboado con parte dos colonos romanos de Iberia que o acompañaban. Os vándalos ocupárono tras a morte de Valentiniano III (455) e foi reconquistado polos...
VER O DETALLE DO TERMO