"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

    1. de desconsolar ou desconsolarse.

    2. Que está triste e non ten consolo.

    3. Que implica ou denota desconsolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que desconsola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar a alguén unha pena profunda ou aflición.

    2. Quedar sen consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Spencer Compton Cavendish.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia liberal que apareceu na Coruña o 26 de febreiro de 1820, baixo o auspicio da Xunta Suprema do Reino de Galicia. Rematou a súa edición o 6 de xullo de 1823. Fundado, dirixido e impreso por Sebastián Iguereta, constaba de catro páxinas nas que se incluían novas nacionais e do estranxeiro, comunicados, exposicións, proclamas, avisos e sesións de artes. Incluía artigos nos que se informaba dos dereitos que outorgaba a nova Constitución aos cidadáns e comentarios sobre o novo sistema de goberno. No eido literario incluíu dous textos propagandístiscos en verso titulados “Poema aos insurreccionados de Burón” e “Ás comadres de Burón”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cultivou a paisaxe, xénero no que destacou, o retrato e o bodegón. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid, Bilbao e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Emigrou a Bos Aires e colaborou nos xornais San Juan, Diario Nuevo, Debates, Los Andes e La Semana; ademais, fundou e dirixiu a revista El Alba e mais a Gaceta española, e foi redactor xefe do Nuevo Correo e cronista de El Progreso. Publicou Bajo el cielo argentino (1922), El delta del Panamá (1928), El presidente Irigoyen y su misión histórica (1929), Guía del delta (1929) e Romance de la Virgen de Luján (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Joaquín Dicenta Benedicto. Publicou, entre outras obras, a traxedia El bufón (1913), o poema dramático La leyenda del yermo (1915), El idilio de Pedrín (1916), os dramas Son mis amores reales (1925) e Leonor de Aquitania (1933) e, en colaboración con Antonio Paso, os disparates cómicos El cuarto de la gallina (1922), Simón y Manuela (1923) ou a traxicomedia Tutankamen (Rey de Egipto) (1924). Recibiu o Premio Piquer e o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento apócrifo redactado entre os ss VIII e IX, pero datado no 313, no que Constantino I recoñecía o Papa Silvestre I como soberano e outorgáballe a soberanía sobre a cidade de Roma, as provincias de Italia e todo o Occidente. Os privilexios temporais estendíanse á Igrexa de Roma, feito que serviu de fundamento para as reivindicacións temporais dos papas, logo da constitución dos Estados Papais. Durante a Idade Media, discutiuse a autenticidade do documento, pero os humanistas do s XV demostraron que se trataba dunha falsificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e crítico literario ucraíno. Colaborou na revista Contemporanul, na que aplicou o materialismo histórico á teoría e crítica literaria. Os seus Studii critice (Estudios críticos) exerceron grande influencia na literatura romanesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1388 comezou as obras de construción do convento de Santa Maria da Vitória en Batalha, de estilo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede do nome de posuidor de orixe xermánica Silo, a través do acusativo Silone, e mais a forma de dignidade don.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. A primitiva igrexa substituíuse no s XVIII baixo o mecenado de Cayetano Gil Taboada, arcebispo de Sevilla. No seu interior destaca o panteón dos Gil Taboada: na capela maior están os sepulcros de Gómez Gil Taboada, señor de Bergazos, e Beatriz Fernández de Gudín, pais do fundador da igrexa e, pegados ás paredes do templo, localízanse outros sepulcros coas armas da familia. Os retablos realizounos o mestre local Silvestre Colmeiro. Na fachada destaca a porta barroca e o frontón triangular partido sobre o que se situou o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico ruso. Conseguiu un considerable recoñecemento coa súa versión da trioloxía autobiográfica de M. Gor’kij: Dectvo Gor’kogo (A infancia de Gor’kij, 1938), Vl’ud’akh (Entre a xente, 1939) e Moi Universitety (As miñas universidades, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española de construción fundada en Madrid no ano 1941 por Joaquín Reig Rodríguez e José Junquera. Pertence ao grupo bancario Santander Central Hispano. En principio constituíuse para construír portos e outras obras civís (estradas, presas, aeroportos), e no 1946 entrou no sector da edificación, sobre todo de vivendas e hospitais. Unha parte importante da súa obra realizouse no estranxeiro, especialmente en América Latina, Portugal e Oriente Medio. Formou parte do Grupo Dragados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que se aplica conxuntamente aos países do sueste asiático que, partindo dunha economía tradicional, rexida por estruturas feudais en moitos casos, se incorporaron no último terzo do s XX á industrialización e sobresaíron polas súas elevadísimas taxas de crecemento económico; estas baséanse, fundamentalmente, na competitividade das súas exportacións, debida, en gran parte, a uns custos salariais moi reducidos. Nun primeiro momento denominouse así a República de Corea, Singapur, Taiwán e Hong Kong. Considéranse unha segunda xeración: Tailandia, Malaisia, Indonesia e Filipinas. Como denominación destes países tamén se empregan as expresións tigres asíaticos e samurais asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO