Diario Patriótico Constitucional de La Coruña
Diario Patriótico Constitucional de La Coruña
[PUBLIC]
Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.