"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
-
Relativo ou pertencente á ortografía.
-
Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronunciación, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en ortografía.
-
-
Relativo ou pertencente aos ortorrafos.
-
Insecto da suborde dos ortorrafos.
-
Suborde de insectos, da orde dos dípteros, que se caracterizan polo feito de que, ao chegar a adultos, saen do pupario por unha fenda lonxitudinal na parte anterior. Esta fenda tende a producir outra transversal, é dicir, que se produce unha abertura en forma de T.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en ortotipografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao oscilógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para visualizar, rexistrar e gravar vibracións sonoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da osteoloxía que se ocupa da descrición dos ósos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival fotográfico anual organizado desde novembro de 1983 por iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense, baixo a coordinación de Benito Losada, director desta institución. Xurdiu co obxecto de introducir a cidade de Ourense nos circuítos artísticos e para promocionar as últimas tendencias fotográficas do momento, con especial interese nos traballos dos novos fotógrafos galegos. Ademais das mostras fotográficas, distribuídas nas distintas salas de casas de cultura, cafés, concellos ou museos que colaboraron na iniciativa, o programa deste evento incluíu cursos, saídas á rúa ou concursos que se desenvolveron nas 17 vilas e cidades e nas 55 entidades que traballaron na súa organización e promoción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de investigación instrumental que se emprega en fonética para obter unha imaxe da zona de contacto entre a lingua e o padal nunha articulación dada. A marca do contacto conséguese aplicando sobre a lingua unha fina capa dunha substancia coloreada que deixa unha pegada no padal ao producirse un movemento articulatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato principal que se emprega en palatografía, que consiste nunha serie de espellos regulables que iluminan o interior da boca dun informante para fotografar a zona de contacto que a lingua produce no padal nunha articulación dada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a distribución antiga dos seres vivos e a dinámica do seu cambio xeográfico nas eras xeolóxicas. Trata de identificar a composición biótica das rexións nos diferentes tempos xeolóxicos e de buscar as razóns desta distribución dos organismos que depende do lugar de orixe dos diversos taxons, das súas capacidades migratorias, dos condicionamentos xeográficos para a dispersión, e tamén dos parámetros que definen o medio en que viven ou poden vivir os organismos.
-
-
Ciencia que estuda as escrituras e os signos gráficos (formas, orixe e evolución) e a súa interpretación axeitada (lectura, datación e localización). O seu suxeito son os alfabetos e toda clase de escrituras desde a Antigüidade ata a época actual. O seu obxectivo primordial é a lectura e transcrición correcta do texto escrito, pero tamén a datación das escrituras en que non aparezan indicacións de tempo ou lugar. Como ciencia auxiliar, proxéctase sobre a codicoloxía, a diplomática, a papiroloxía, a epigrafía, a tipografía, a filoloxía, a edición de textos, a sixilografía, a numismática, a historia das ciencias e, en xeral, sobre calquera investigación histórica de primeira man que empregue fontes escritas. A análise paleográfica que se aplica ás letras e a outros signos gráficos para explicar a súa formación e evolución ten en conta os elementos que integran as letras, os seus elementos adventicios e os factores que as transforman. Dos primeiros destacan a forma, o módulo, o dutus,...
-
Rama da musicoloxía que se encarga da lectura, da transcrición e da interpretación axeitada dos antigos sistemas de notación musical anteriores á proporcional ou medida. Ten unha importancia especial no estudo do antigo canto litúrxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en paleografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a descrición dos fósiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleontografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda as condicións xeográficas da superficie terrestre ao longo das eras xeolóxicas. Analiza e describe a distribución das terras e dos mares, os sistemas montañosos, as redes hidrográficas, os lagos, a expansión glaciaria, os volcáns, os climas, o reparto das masas vexetais e a fauna. Ocúpase tamén dunha serie de fenómenos, como o desprazamento dos polos ou variación das radiacións solares, que en certa maneira puideron influír na xeografía do pasado. Aínda que o seu dominio comeza coa formación dos primeiros continentes e océanos, comprende esencialmente as eras Primaria, Secundaria, Terciaria e parte da era Cuaternaria. Os métodos de investigación desta ciencia baséanse nas ciencias máis afíns, é dicir, a xeoloxía (estratigrafía, litoloxía ou tectónica), a paleontoloxía (fósiles) e as ciencias da natureza en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame radiográfico do páncreas tras a inxección dunha substancia iodada de contraste no conduto de Wirsung.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cincografía.