"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
GALICIA
Pintor. Militar de profesión, acadou o grao de tenente coronel de Húsares, comezou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director, e posteriormente na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e en 1887 acadou unha mención honorífica por Un soldado de Cazadores herido y conducido en un caballo blanco por dos soldados de Caballería, uno montado y otro a pie. Ao ano seguinte acadou a medalla de ouro na Exposición Regional de Santiago de Compostela e unha mención honorífica na Exposición Universal de Barcelona. En 1894 obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña e viaxou a Roma e outras cidades europeas. Profesor de debuxo en Barcelona, en 1895 trasladouse definitivamente á Coruña onde permutou a súa praza con José Ruiz Blasco, pai de Picasso. Participou entón nas diversas exposicións rexionais e ao redor de 1916 solicitou o retiro militar e...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao neorrománico.
-
Corrente arquitectónica historicista, contemporánea do neogótico, aínda que de menor entidade, que tratou de recuperar as características do románico. Ao final do s XIX derivou na arquitectura bizantina. O promotor máis importante foi Paul Abadie, arquitecto da igrexa do Sacré-Coeur de Montmartre, en París. Tivo un gran predicamento en Alemaña, coa restauración da capela palatina de Aquisgrán e en Inglaterra coa catedral católica de Westminster.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se orixina no tecido conxuntivo dos nervios e que está formado pola proliferación do perineuro e do endoneuro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se orixina por un trastorno do desenvolvemento do ectoderma e que se caracteriza pola asociación de múltiples neurofibromas no traxecto dos nervios periféricos, que produce, ademais, unhas manchas de cor marrón na pel. A identificación do xene responsable permitiu desenvolver unha proba de diagnose prenatal cun 98% de efectividade. OBS: Tamén se denomina enfermidade de von Recklinghausen.
-
-
Tumor que está formado por tecido nervioso, ganglionar ou fascicular.
-
Neurofibroma que se forma nos puntos onde o nervio está seccionado e que está irritado polo tecido cicatricial en que se inclúe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de campos magnéticos que producen o cerebro e o sistema nervioso en xeral. É un novo medio para estudar alteracións no funcionamento do sistema nervioso.
-
-
Segmento do tubo neural do embrión.
-
Cada unha das parellas de ganglios do sistema nervioso dun anélido ou dun artrópodo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao impulso nervioso eferente.
-
Contacto sináptico complexo que o axón dunha neurona motriz establece cunha célula dunha fibra de músculo estriado. OBS: Tamén se denomina placa motora ou placa terminal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
neuromotor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos nervios e aos músculos.
-
PERSOEIRO
Escritor, diplomático e realizador cinematográfico, conde de Berlanga de Duero. Foi cónsul español en Los Angeles e alí tivo contacto co mundo de Hollywood. Da súa obra literaria destacan a colección de relatos Eva y Adán (1926) e a novela Don Clorato de Potasa (1929), e escribiu e dirixiu os filmes El Presidio (1930) e Domingo de Carnaval (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de níquel e cromo en proporcións diferentes. Algunhas conteñen tamén ferro, como Ni 60%-Cr 40%, Ni 80%-Cr 20% (Nicromo V) ou Ni 67%-Cr 16%-Fe 12%.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de invocar os defuntos para obter por medio deles, o coñecemento das cousas futuras. Existen testemuños da práctica desta arte en Babilonia, en Grecia e en Roma e tamén foi practicada polos hebreos. Entre os primeiros cristiáns foi condenada, e atópanse trazos na Idade Media e no Renacemento. Aínda subsiste, esporádica e clandestinamente en África ecuatorial, nas Antillas e en Tíbet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a nigromancia.
-
-
Relativo ou pertencente á nigromancia.
-
nigromante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado mononitrato do metano cuxo sal sódico ten propiedades explosivas. Emprégase como combustible de foguetes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eudiómetro que se emprega para medir o volume dos gases que se soltan nunha reacción. Orixinariamente, foi empregado para determinar a proporción de nitróxeno nas substancias orgánicas, por medio do volume de óxidos de nitróxeno soltados ao facer reaccionar a substancia con ácido sulfúrico.
-
GALICIA
Político, enxeñeiro e economista. Enxeñeiro industrial e licenciado en Ciencias Económicas, traballou en Citroën Hispania (1964-1972) e en 1973 incorporouse a Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia (SODIGA), onde foi responsable das áreas de Promoción Industrial e Relacións Internacionais ata 1997. Na década de 1960 fundou Galicia Socialista e desde 1964 presidiu a Asociación Cultural de Vigo, centro de oposición cultural e política ao Franquismo. En 1975 contribuíu á creación da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG) e do Partido Obreiro Galego (POG). Foi dirixente de UPG-ANPG (1970-1977), do PSG-EG (1977-1996) e do BNG (1996-1999). Foi un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, participando na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento galego (1981-1993 e 1997-1999) e no Parlamento europeo polo BNG (1999-2004) formando parte do Grupo de los Verdes-Alianza Libre Europea. Como eurodeputado formou parte dunha misión de paz en Iraq e participou no...
VER O DETALLE DO TERMO