"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína insoluble, derivada do fibrinóxeno, que forma parte da rede fibrosa dos coágulos do sangue ou do plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de fibrina no sangue.
-
-
Relativo ou pertencente á fibrina.
-
Alteración do tecido conectivo, apreciada sobre todo nos vasos sanguíneos, como resposta a reaccións inmunolóxicas que se producen en certas enfermidades.
-
Substancia fibrinoide presente na placenta como dexeneración da decidua e do trofoblasto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo mediante o que se disolve a fibrina coagulada. O enzima que a destrúe é a fibrinolisina ou plasmina, que se forma a partir dun precursor inactivo presente no plasma chamado profibrinolisina ou plasminóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima proteolítico formado no sangue que disolve o coágulo por desintegración da fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao axente que activa a lise dos coágulos de fibrina. Entre os axentes fibrinolíticos máis empregados en medicina están a estreptoquinase e a uroquinase, que actúan estimulando a conversión do pasminóxeno en plasmina, enzima proteolítico que hidroliza a fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína fibrosa soluble do plasma sanguíneo que é a precursora da fibrina que forma o coágulo. A coagulación do sangue é o resultado da hidrólise do fibrinóxeno por un enzima proteolítico, a trombina, que produce monómeros de fibrina que polimerizan formando os coágulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da cantidade normal de fibrinóxeno no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fibrina ou fibrinóxeno polos ouriños, fóra de calquera hematuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ficobilina de cor vermella que absorbe o máximo de luz entre os 570 e os 580 nm. Este pigmento é o responsable da coloración avermellada das bacterias que o conteñen.
-
GALICIA
Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e franciscano capuchino. Ingresou na orde en 1612 e chegou a superior nos conventos de Rheinfelden, Feldkirch e Freiburg im Breisgau. Durante a súa predicación na rexión dos Grisons morreu asasinado polos calvinistas. Foi canonizado no 1746. Na iconografía represéntase co hábito da orde dos capuchinos e leva, como atributos, palma, espada e maza con pinchos; ás veces tamén un libro aberto. A súa festividade celébrase o 24 de abril, agás en Vilagarcía, onde se celebra o domingo seguinte ao 25 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Catarina de Xénova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de debuxar figurinos. É un profesional que adoita participar no proceso de creación teatral co deseño do vestiario e doutros complementos que contribúen á caracterización externa dos personaxes.
-
-
Debuxo que serve de modelo para confeccionar roupa e os seus complementos.
-
Revista dedicada á moda e ao vestido.
-
Persoa que se viste de forma elegante e afectada.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Foi un dos representantes da arquitectura emiliana dos ss XVI e XVII. Das súas obras destacan a igrexa de San Michele in Bosco e as reformas realizadas en Santa Maria della Caritá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de J. M. J. Ingres, pintou os frescos das igrexas de Saint-Sévérin, Saint-Germain-des Prés e Saint-Vicent-de-Paul, en París, e decorou o castelo de Dampierre. Foi o retratista oficial de Napoleón III e da sociedade aristocrática e burguesa do Segundo Imperio. Cultivou tamén a pintura histórica e mitolóxica. En 1830 gañou o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Unidade monetaria principal de Holanda (fl), establecida en 1816, que equivalía a 0,245489 gramos de ouro fino. Estaba dividido en 100 céntimos. Estableceuse a súa equivalencia co euro en 2,2037 e deixou de cotizar o 20 de agosto de 2001.
-
florín de Suriname
Unidade monetaria principal de Suriname (Sfl), dividida en 100 céntimos.
-
-
-
Moeda de prata cuñada en Florencia desde finais do s XII, cun peso de 1,80 g e un valor dun soldo.
-
Moeda de ouro cuñada en Florencia entre 1252 e 1533, cun peso de 72 gramos florentinos (3,528 g). Levaba no anverso o lirio coa lenda Florentia e no reverso a figura de San Xoán Bautista e a lenda S. Johannes B. Orixinariamente valía 20 soldos, pero foron frecuentes as alteracións no seu valor, aínda que mantivo as características do peso e da lei. Foi imitada por diversos estados, señoríos e cidades libres de Europa. O duque Alessandro de Medici substituíuna polo escudo de ouro.
-
Moeda de ouro dos grandes duques de Toscana cuñada en Florencia entre 1588 e 1792, cun peso lixeiramente inferior aos 3,5 g que conservou algunhas das características do florín medieval, pero cunhas grandes variacións de tipoloxía. Coñecíase tamén co nome de sequín.
-
Moeda de ouro cuñada polos monarcas de Aragón na ceca de Perpignan dende 1346, seguindo o modelo dos de Florencia. Tiña un peso de 3,35 g e presentaba no anverso a San Xoán Bautista e no reverso unha flor de lis. Cuñouse tamén nas cecas de Barcelona, Girona, València e Mallorca.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Viana do Bolo. As súa armas traen, en campo de azul, unha flor de lis, de ouro; bordo de prata, con cinco rosas, de goles.