"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Organización internacional creada en Budapest o 6 de decembro de 1994, herdeira da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa (CSCE). Nela participan 55 países de Europa, Asia e América do Norte, e ten a súa sede en Viena. Os seus obxectivos son o fomento da paz, da seguridade, da xustiza e da cooperación en Europa. A CSCE era unha organización rexional creada co obxectivo de defender a seguridade en Europa e fomentar a cooperación económica, científica, tecnolóxica, cultural e do medio natural entre os países europeos. Naceu en 1972 dunha serie de conferencias que deron lugar á Acta Final de Helsinqui sobre as relacións Leste-Oeste firmada o 1 de agosto de 1975 na Conferencia de Helsinqui. Posteriormente tiveron lugar as conferencias de Belgrado (1977-1978), de Madrid (1980-1983) e de Viena (1986-1989). As áreas de competencia da CSCE incrementáronse coa Carta de París para unha nova Europa (1990), que transformou a CSCE nunha organización consolidada no Acordo de Helsinqui (1992)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico de Ludovico Ariosto, publicado en 1516 nunha primeira versión (40 cantos), e cunha definitiva (46 cantos en oitavas), que saíu en 1532. É unha continuación do Orlando innamorato, pero son moi diferentes nalgúns elementos como a defensa dos ideais humanísticos do cabaleiro errante. Con material procedente da épica cabaleiresca, pero cunha linguaxe e un espírito do seu século, reflicte a vida íntima do seu autor. A multiplicidade de personaxes e episodios estrutúranse en tres motivos principais: o épico, o amoroso (núcleo do poema) e o encomiástico, que corresponde á parte menos consistente da obra. Tivo numerosas fontes, das que destaca Tirant lo Blanc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Morea de ourizos que se deixan á intemperie para que sequen as castañas.

    2. Lugar onde se poñen a secar os ourizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘centeo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘mexar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Arnoia. Nace na parroquia de Portela (Verea), fai fronteira natural cos concellos da Bola e Celanova, e desemboca no de Barxa (Celanova).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verea baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Verea que data de 1755. Ten unha soa nave de catro tramos con arcos faixóns e un arco triunfal que arrinca de pilastras. A fachada presenta portada alintelada coa fornela que acolle a imaxe de san Pedro, e nos extremos remata con pilastras. Destaca a espadana de dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reloce como o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de diferentes materiais que se emprega para ouriñar ou facer outras deposicións corporais, especialmente durante a noite no dormitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expulsar os ouriños pola uretra.

    2. Expulsar polo conduto dos ouriños calquera outro líquido, como o sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de cor ámbar, normalmente, de olor característico, cunha densidade comprendida entre 1,003 e 1,030 e de reacción ácida (pH ~ 6), que os riles excretan no cumprimento dunha tripla función: eliminación dos produtos finais do metabolismo nitroxenado (urea, ácido úrico), mantemento do equilibrio ácido--base, e regulación do metabolismo da auga e dos sales. Os uréteres condúcenos dos riles á vexiga, e son expulsados pola uretra. Un adulto elimina de 1.300 a 1.600 ml ao día, segundo a cantidade de líquidos inxeridos e de líquidos eliminados. Ademais da auga, que é o compoñente principal, contén, entre outros, urea, ácido úrico, fosfatos, sodio, amoníaco ou pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de tamaño similar ao tordo, que ten as ás e a cola longas. O macho é dunha característica cor amarela intensa coas ás e a cola negras, esta última cos vértices amarelos, e a femia e os xuvenís son de cor verde por riba, grisáceo e branco por abaixo e con ás e cola máis escuras. A alimentación é tanto vexetal como animal, e está composta por figos, cereixas e outras froitas, insectos, arácnidos, caracois ou vermes. Reprodúcese entre maio e xuño, fai o niño en forma de bolsa, pendurado dunha galla alta e pon entre 3 a 5 ovos. É unha especie politípica de ampla distribución paleártica e con tendencias termófilas e relativamente mediterráneas que aparece ligado ás carballeiras, hortas con froiteiras, ribeiras fluviais ou en parques de cidades. En Galicia é unha especie estival que aparece a finais de abril e maio e queda ata finais de agosto ou primeiros de setembro, repartíndose por todo o territorio agás a alta montaña e na banda cantábrica, onde pode aparecer unicamente preto dos ríos....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte e oficio de traballar os metais preciosos, especialmente o ouro, que comprende case os mesmos procesos que a prataría. Durante o Calcolítico desenvolveuse no NO peninsular unha relevante ourivaría que se caracterizou pola sinxeleza técnica e a decoración con motivos xeométricos sinxelos que eran realizados con buril ou mediante repuxado. Estes modelos presentan paralelismos e semellanzas formais con outros da costa atlántica peninsular e europea. Cara ao final do período megalítico, nunha etapa que se caracteriza polos enterramentos individuais en antas de pequenas dimensións, apareceron entre os enxovais funerarios importantes pezas de ourivaría. A súa tipoloxía inclúe espirais, diademas e colares. Na Idade do Bronce déronse algunhas innovacións na ourivaría como o emprego dunha maior cantidade de metal nobre nas pezas, o que supón a súa maior valoración, e unha maior riqueza decorativa dentro dun patrón común en que dominan os motivos xeométricos. Algunhas das xoias que se atoparon...

    2. Conxunto de obras que realiza o ourive.

    3. Local onde se venden ou fabrican estes obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa ou vende obxectos de ouro, prata e outros metais preciosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ourizo de gran tamaño que presenta tres castañas ou máis.

      1. Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘pedra’.

      2. ouriza de chamiceiro

        Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘castaña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran cantidade de ourizos, sobre todo aqueles que cobren o chan despois de baloirar o castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ourizos que ten un castiñeiro nas pólas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta espiñosa que envolve algúns froitos, principalmente as castañas.

      1. Mamífero insectívoro de pequeno tamaño, da familia dos erinaceidos, que ten as partes superior e laterais do seu corpo cubertas de pugas, e é coñecido polo andar lento e a facultade de enrolarse. Existen diversas especies de ourizos e en España os principais representantes son o ourizo cacho ou europeo (Erinaceus europaeus) e o ourizo mediterráneo (Atelerix algirus). Cando se senten ameazados fan de si mesmos unha bóla, e ameazan coas pugas ao atacante. Aliméntanse, sobre todo, de froitos e pequenos invertebrados.

      2. ourizo cacho/común/ europeo [Erinaceus europeus, Fam dos erinaceidos]

        Ourizo común moi estendido por Galicia e pola Península Ibérica. Mide entre 22-35 cm de lonxitude, cunha cola curta de 2-3 cm e un peso de entre 400 e 1.900 gramos. Ten o corpo recuberto de pugas duns 2-2,5 cm de lonxitude, que lles permite defenderse dos seus inimigos, tras formar unha bóla co seu corpo, grazas a uns potentes músculos cutáneos. A súa dentadura é insectívora, pero a súa dieta en realidade é omnívora, xa que se alimenta de insectos, substancias vexetais, miñocas de terra, caracois e lesmas, ovos, aves pequenas e novas, serpes, lagartas e tamén de pequenos roedores, como o rato de campo ou o furaño, de aí que sexa apreciado no rural, polos grandes servizos que achega ao agro. Habitan en bosques claros, en zonas de matogueira e en pradarías, de Europa e Asia. Na Península Ibérica existen dúas subespecies, que poden diferenciarse, principalmente, pola presenza nas espiñas de aneis de diferentes cores. OBS: Tamén se denomina orizo cacho e porco espiño.

      1. Equinodermo da clase dos equinoideos, que se caracteriza por ter o corpo globoso ou hemisférico, formado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, e que se dividen en 10 áreas (5 áreas ambulacrais, perforadas por unha serie de poros, e 5 áreas interambulacrais). Na zona oral está a lanterna de Aristóteles, que lles permite triturar o alimento, e na zona aboral, rodeando o ano, existen 5 placas xenitais (que coinciden coas áreas interambulacrais) e 5 placas ocelares (que coinciden coas áreas ambulacrais). Tamén ten unha serie de pugas móbiles, longas ou primarias e curtas ou secundarias, que están distribuídas por todo o corpo e articuladas co caparazón, e uns pés ambulacrais situados nas áreas ambulacrais. Ocupan a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. Aliméntase de todo tipo de materia orgánica, animal ou vexetal, viva ou morta, xeralmente de noite, cando poden esquivar mellor os depredadores. En Galicia, o Paracentrotus...

      2. ourizo de area [Echinocardium cordatum, Fam dos lovénidos]

        Ourizo irregular, xa que presenta unha simetría bilateral e non radial como os outros ourizos, cun caparazón cordiforme, máis longo que ancho, de ata 9 cm de lonxitude, pugas maioritariamente curtas e de cor parda amarelada. Atópase en substratos areosos, na zona infralitoral, ata os 200 m de profundidade, no Mediterráneo, Atlántico, mar do Norte e Océano Pacífico.

      3. ourizo de mar común [Paracentrotus lividus, Fam dos equínidos]

        Ourizo cun caparazón de ata 6 cm de diámetro de cor verde violácea, pugas de aproximadamente 3 cm, de cor variable entre verde e parda, e unha abertura oval estreita. É o ourizo economicamente máis importante en Galicia, España e Francia, xa que os seus ovos son moi aprecidados. A súa área de distribución abarca a totalidade do Atlántico Norte, desde as costas de Escocia ata as de Marrocos, e adéntranse no Mediterráneo ata o Mar Adriático. Pode atoparse sobre fondos rochosos cubertos de algas, e en fondos areosos con corais, ata os 80 m de profundidade. É máis activo pola noite, e aliméntase de algas e plantas do xénero Posidonia. Reprodúcese todo o ano, pero sobre todo en verán.

    2. Arbusto, da familia das papilonáceas, pequeno e moi espiñento.

    VER O DETALLE DO TERMO