"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
-
GALICIA
Concello da comarca do Eume, situado na beira dereita do curso baixo do río Eume, na provincia da Coruña, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Fene (comarca de Ferrol) ao S cos de Pontedeume e Monfero, ao L co da Capela (os tres da comarca do Eume) e ao O coa ría de Ares e o municipio de Fene. Abrangue unha superficie de 30,3 km 2 cunha poboación de 3270 h (2007 ), distribuída nas parroquias de Cabanas, Irís, Laraxe, Regoela, San Martiño de Porto, Santa Cruz do Salto e Soaserra. A capital municipal, Cabanas, está a 43° 24’ 07’’ de latitude N e 8° 09’ 50’’ de lonxitude O, 15 km ao SL de Ferrol, 37 km ao NL da Coruña e 80 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ferrol e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Cabanas está baixo o dominio climático oceánico húmido, aínda que presenta certos matices derivados da súa situación de abrigo no interior da ría de Ares que o protexen,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural do apelido galego Cabana. Documéntase no s XV: “Diego de Cabanas” (doc ano 1456 en J. I. Fenández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 235).
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (1.104 km2; 138.426 h [estim 1992]). A capital é Sensuntepeque (38.073 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor cinematográfico. Cursou estudios de arquitectura técnica e iniciou a súa actividade no eido do audiovisual no Equipo Lupa coa realización de películas en Super-8. Debutou como director de produción en O pai de Migueliño (1977), de Miguel Castelo, e no ano 1981 comezou a traballar na produtora Espello Vídeo-Cine, coa que chegou a facer uns trescentos traballos de todo tipo -documental, educativo, industrial, científico- en formato vídeo. Entre 1985 e 1988 pasou ser un dos directivos da produtora CTV Galaxia Comunicacións, un proxecto que non fraguou adecuadamente, agás no caso da realización de Novo de Parmuide de Roberto Vidal Bolaño, (1987), capítulo piloto dunha serie televisiva non realizada sobre Álvaro Cunqueiro, a partir dos libros Xente de aquí e de acolá e Escola de menciñeiros. Logo produciu Urxa, a súa primeira longametraxe, dirixida por Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Xa a principios dos anos noventa e xunto con Xosé Roca creou Vici...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Profesor de radio e televisión na facultade de Ciencias da Comunicación na Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciou o seu labor profesional en Radio Popular de Lugo, onde presentaba Galicia e a súa música, un dos primeiros programas emitidos integramente en lingua galega. De igual modo, traballou na SER, en Radio Peninsular de Barcelona, onde dirixía o programa La cuestión laboral, foi redactor de RNE-Catalunya, de RNE-Galicia e da TVE-Catalunya, xefe de informativos e programas de RNE-Galicia e colaborou con numerosos xornais e revistas de Galicia e Catalunya. Coordinou o proxecto Olympus de televisión educativa vía satélite da Universitat Autónoma de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Traballou como estampador téxtil, creador de ready-mades, montaxes e ilustrador da Voz de Galicia. A súa obra percorre a figuración e a abstracción, o informalismo e a arte conceptual. Fundou os grupos Sisga e A Galga. Realizou a súa primeira mostra en 1973 e participou en Atlántica nas mostras de 1980 e 1981. En 1980 obtivo unha bolsa do ministerio de Cultura de México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Tal, concello de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Paio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade xudía, tamén chamada dos tabernáculos (en hebreo, sukkōt), que ten lugar do 15 ao 22 de tišrī (setembro-outubro no calendario gregoriano) en conmemoración do tempo no que os israelitas habitaron no deserto, trala súa fuxida de Exipto.
-
PRAIAS
Praia do fondo da ría de Ares, na súa beira setentrional e na foz do río Eume, no litoral da parroquia e concello de Cabanas. Pola súa situación preto da encrucillada das estradas que unen Betanzos, A Coruña, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez, é unha das máis concorridas polos bañistas de todo o litoral do golfo Ártabro, fóra das situadas nos principais núcleos urbanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourol. En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtivo a licenza de construción desta igrexa e da de Santa María de Cabanas, aínda que o cabido de Mondoñedo se reservou os seus dereitos. Construída en estilo oxival nos últimos anos do s XIV ou principios do s XV, foi reformada no s XVIII. Ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas e unha capela maior, de máis altura ca a nave, con cuberta de madeira a catro augas. O arco triunfal é de medio punto. A portada principal está formada por unha arquivolta con arquiños lobulados que se apoia sobre columnas en ángulo. Dentro desta portada atópase outra de menores dimensións cun arco trilobulado. Diante da fachada hai un pórtico cuberto con saíntes laterais e cunha cuberta a dúas vertentes, na súa parte frontal está situada a torre formada por un corpo e unha balaustrada. O corpo das campás é de planta cadrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada no Vicedo. En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtivo a licenza de construción desta igrexa e a de San Pantaión de Cabanas aínda que o cabido de Mondoñedo se reservou os dereitos que correspondían a cada unha delas. De estilo oxival, construíuse a finais do s XIV e consta dunha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. Conserva unha torre do s XVIII acaroada á fachada. O corpo que contén as campás é de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares e o corpo superior é poligonal con catro vans. Diante da fachada hai un pórtico pechado que continúa pola beira dereita. No exterior do muro N existe outro pórtico que está sostido por columnas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘esmola’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo cun descenso profundo e escarpado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de azul, un cabanco.
-
MONTES
Monte da parroquia e concello de Vilardevós. O seu cumio acada os 962 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO