"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Persoa que vive e coida unha cabana.

    2. Persoa que coida gando e recibe parte das ganancias como pago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada moi preto da casa que se emprega como dependencia de almacenamento da leña, toxo, herba ou palla e ao mesmo tempo serve de abeiro para os apeiros de labranza como a grade, o carro, o arado e demais ferramentas de traballo. Ten carácter multifuncional e adoita formas moi variadas. A planta pode ser cadrada ou rectangular e a estrutura vai dende a forma máis primitiva, unha armazón feita con elementos vexetais como xestas ou ramallos, ata os máis complicados de madeira e pedra, onde se introduce xa o muro e a columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Baseou o seu academicismo na harmonización suave dos tons e na elegancia convencional das formas. Opúñase ao impresionismo. A súa obra máis coñecida é O nacemento de Venus que presentou ao Salón oficial de 1863 e que mercou Napoleón III. Sobresaíu como retratista coas obras Retrato de Napoleón III (1865) e Autorretrato (1852). Gañou en 1845 o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma diminutiva correspondente ao apelido galego Cabana. Este apelido xa se documenta na época medieval: “Rruy Muniz de Cabanela” (doc ano 1390 en Mª Luz Méndez Fernández Contribución ao estudo dun libro das Tenzas da Catedral de Santiago, 1991, p 24).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural do apelido galego Cabanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arabista. Foi catedrático de Lingua Árabe da Universidad de Granada e director da Escuela de Estudios Árabes dependente do CSIC. Levou a cabo diversas investigacións na Biblioteca Nacional de París e nas bibliotecas universitarias de Londres, Oxford e Cambridge. Viaxou por diversos países árabes como Siria, Xordania e Exipto para complementar os seus estudios. No eido editorial destacou como director do volume sobre árabe e Islam da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos e como director da revista Cuadernos de la Alhambra. Publicou máis de cen traballos de investigación de lexicografía, filosofía e historia árabe entre os que destacan: El morisco granadino Alonso del Castillo (1965), Poesía arabigoandaluza (1984) e Valor documental de los poemas epigráficos de la Alhambra (1984). Foi membro da Real Academia de Historia e da Real Academia de Bellas Artes de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe catalana, procedente do apelido Cabanillas. As súas armas levan escudo axadrezado de ouro e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Durante a Segunda República foi director xeral da Garda Civil. O 18 de xullo de 1936 secundou a sublevación militar que deu lugar á Guerra Civil e presidiu a Xunta de Defensa do exército nacional, como xeneral máis antigo, ata a fin da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Cabana.

      2. Natural ou habitante de Cabana.

      1. Relativo ou pertencente a Cabanas.

      2. Natural ou habitante de Cabanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural que forma parte do complexo orográfico dos montes de Toledo, composto por bosques mediterráneos de influencia continental, matogueiras e formacións herbáceas. Está dentro dos límites dos concellos de Los Navalucillos, Hontanar, Navas de Estena, Retuerta de Bullaque, Horcajo de los Montes, Alcoba, Navalpino e Porzuna, contando cunha superficie de 40.000 ha. Foi preservado da explotación agrícola dende os séculos XIII ao XVIII polos dereitos señorais, ata que estes foron abolidos en 1823 e deron lugar a grandes latifundios. En 1983 proxectouse a creación dun campo de tiro para o exército, o que motivou mobilizacións e trámites políticos que finalizaron coa declaración en 1995 de Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, na comarca da Plana Alta, (2.364 h [1996]). A agricultura de tipo mediterráneo e a gandería son as bases da economía do municipio: predominan os cultivos de secaño, aínda que tamén é importante a produción de laranxas e hortalizas; a gandería baséase nos armentíos ovino, caprino e porcino. Posúe canteiras de chumbo e de mármore negro. Identificada coa Ildum romana, entre o seu patrimonio monumental salienta o arco de Cabanes, na vía Augusta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Ca-banelas.

    2. Liñaxe catalá de orixe francesa, que se estendeu por Aragón, València e Galicia. Unha rama pasou a Nápoles. As súas armas levan, en campo de azul, un libro de ouro e sobre el un carneiro pascual de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo de Xoaquina Enríquez e Xosé Cabanillas, pasou en Cambados a súa infancia, frecuentando ao longo de tres anos a escola pública; logo, co obxectivo de ingresar no Seminario, seguiu estudios de latín na parroquia de Corvillón e en 1889 ingresou no Seminario de San Martiño Pinario onde residiu ata 1893; alí adquiriu interese pola lectura, formándose academicamente en latín e filosofía. Con 17 anos desempeñou funcións burocráticas na súa vila natal, primeiramente na notaría de Pedro Sánchez e máis tarde no Concello ao longo de dez anos, exercendo como oficial de contabilidade. En 1899 casou con Eudosia Álvarez, empezou a colaborar na prensa local e mesmo participou na fundación de distintas publicacións, como El Cometa ou El Umia. En 1910 emigrou a Cuba, posiblemente polas presións ás que estaba sometido polo seu republicanismo e anticaciquismo. En La Habana exerceu como contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Gallego,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Granada, foi bolseiro do Instituto de Estudios Jurídicos, profesor de dereito civil da Universidad Complutense e colaborador da sección de xustiza do Instituto de Estudios Políticos. A súa carreira profesional iniciouse en 1951, cando aprobou as oposicións para notario; aínda que logo tamén exerceu como rexistrador da propiedade e letrado da dirección xeral de rexistros e do notariado. Así mesmo, participou activamente nas comisións redactoras de diversas leis, entre as que salientan a do regulamento do réxime mercantil, do regulamento hipotecario, de demarcación xudicial, de redención dos censos cataláns, de quebras, da propiedade intelectual, de prensa e imprenta, de vendas a prazos, de adopción e do Estatuto da Publicidade. En 1960 foi elixido procurador en Cortes e vogal permanente da comisión xeral de codificación. En 1971 exerceu como procurador familiar en representación da provincia de Pontevedra e en 1972...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e sacerdote. Na súa obra máis importante Icones et descriptiones plantarum, quae aut sponte in Hispania crescuunt, aut in hortis hospitantur (Imaxes e descricións das plantas, que ou ben crecen espontaneamente en Hispania, ou ben viven nos campos, 1791-1801) chega a describir e debuxar 712 plantas da Península Ibérica, América, Filipinas e Australia. En 1801 foi nomeado catedrático e director do xardín botánico de Madrid, onde se conserva o seu legado.

    VER O DETALLE DO TERMO