"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en La Vega de Granada, á beira do río Genil, ao O da capital (8.839 h [2001]). É unha vila que concentra poboación dedicada fundamentalmente aos cultivos de regadío.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en La Vega de Granada, á beira do río Genil, ao SL da capital (9.422 h [2001]). A súa poboación dedícase maioritariamente ás actividades agrarias, especialmente aos cultivos de horta, cereais e tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico canadense. Estudiou a dependencia hormonal do cancro, demostrou a influencia das hormonas sexuais sobre a actividade prostática, a transformación celular, o metabolismo do calcio e ampliou o uso da terapia hormonal contra padecementos oncolóxicos como o cancro de mama. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1966, xunto con F.P. Rous.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade de Cluny (1049). Tamén coñecido como santo Hugo o Grande, foi un dos principais reformadores medievais da vida monástica. Foi un dos fundadores da gran basílica de Cluny (1080) e, desde ela, promoveu e estendeu a reforma de Cluny e organizou a peregrinación a Compostela. Na iconografía viste roupas de abade, co báculo abacial, e represéntase falando cos dous papas que foran monxes baixo a súa autoridade, Gregorio VII e Urbán II, dos que foi conselleiro. A súa festividade celébrase o 29 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Grenoble (1080). Na iconografía represéntase como bispo ou co hábito branco dos cartuxos e leva como atributos un cisne e un estandarte con sete estrelas. A súa festividade celébrase o 1 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lincoln (1188). Mandou construír a catedral de Lincoln. Loitou contra a simonía e defendeu os dereitos da Igrexa fronte aos reis de Inglaterra. Na iconografía leva vestiduras de bispo ou de cartuxo e, como atributos, o cisne e tamén un cáliz co neno Xesús dentro. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, novelista e dramaturgo francés. É o máis fecundo dos autores franceses románticos, cunha obra heteroxénea que domina todo o s XIX. En Odes et poésies diverses (1822; edición definitiva en 1828 Odes et ballades) o seu estilo evolucionou dun clasicismo estricto cara a unha liberdade xa influída polo romanticismo. Con Les orientales (1829), reivindicou e manifestou unha actitude humanitaria, coa que seguía a moda cosmopolita do Cenáculo romántico e chamaba a atención sobre as influencias gregas. As escolmas publicadas entre 1831 e 1840 -Les feuilles d’automne, Les chants du crépuscule, Les voix intérieures, Les rayons et les ombres-, manifestan a proxección da serenidade e do intimismo no tratamento dos temas da natureza, o amor e a patria. A súa obra poética sufriu unha interrupción, debida, en parte, á súa actividade política. Participou na revolución de 1848 e opúxose a Napoleón III; en 1851 exiliouse en Bélxica, despois en Jersey e finalmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Membro do consello directivo dos observatorios Hale ata 1957. En 1925 descubriu con Hubble a relación entre o desprazamento cara ao vermello e a magnitude das galaxias, que tivo aplicación na medida da distancia das galaxias. En 1956 publicou, xunto con N. U. Mayall e A. R. Sandage, un artigo onde aparece a velocidade radial de máis de 800 galaxias. Descubriu o cometa que leva o seu nome (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica, latinizado antes do s VIII coas formas Humbertus, Umbertus, Hubertus, formado por un primeiro elemento incerto -quizais *Hun- ‘huno’ ou *hunna ‘oso’, ‘xigante’- e un adxectivo xermánico como segundo bërht ‘claro’, ‘brillante’, ‘ilustre’. Levan este nome santo Humberto de Liexa (s VII), celebrado o 3 de novembro, e varios condes de Savoia; entre eles, santo Humberto III (s XII), celebrado o 4 de marzo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Maastricht e Liexa e evanxelizador das Ardenas. Patrón dos cazadores, dos cans de caza e dos gardas forestais, é avogoso contra a rabia, enfermidade tamén chamada “mal de santo Humberto”, e contra as serpes velenosas. Na iconografía viste hábito monacal negro e leva como atributo persoal: unha cruz na fronte. Ás veces pode ir acompañado por un cervo cunha cruz entre a cornamenta, un oso, amais dun cabalo, cans de caza, un falcón ou de cornos de caza. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Italia (1878-1900), fillo e sucesor de Víctor Manuel II. Favoreceu a aproximación a Alemaña e a Austria-Hungría (Triple Alianza, 1882) e tamén a política de expansión italiana en Etiopia. Foi asasinado por un anarquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Italia (maio-xuño de 1946), fillo e sucesor de Víctor Manuel III. Rexente entre 1944-1946, ata a abdicación do seu pai, un referendo popular institucionalizou a República e provocou o seu exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de humedecer ou humedecerse.
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada á beira do Océano Pacífico (185.000 h [estim 1999]). Promovida a principios do s XX como centro estival, o posterior descubrimento de xacementos petrolíferos (1919) proporcionoulle o seu desenvolvemento industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e actor cinematográfico estadounidense. Na maior parte dos seus filmes pódese apreciar unha meditación sobre a validez do esforzo e a fatalidade do azar. En 1948 obtivo o Oscar á mellor dirección por The Treasure of Sierra Madre (1947), e en 1953 foi premiado en Cannes por Moulin Rouge. Dirixiu tamén The Maltese Falcon (1942), The Asphalt Jungle (1950), The African Queen (1952), Moby Dick (1954-56), The Night of the Iguana (1964), Fat City (1971), The Man who Would Be a King (1975), Under the Volcano (1983), Prizzi’s Honor (1985) e The Dead (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método utilizado para o proxecto e a comprobación en laboratorio de mesturas bituminosas, que comprende os ensaios de estabilómetro, do cohesiómetro e do equivalente centrífugo en queroseno (CKE).
-
PERSOEIRO
Músico e poeta italiano. De nome Iacopo de’Benedetti da Todi, ingresou na orde franciscana en 1278. As súas obras foron publicadas co título de Cantichi, ovvero laude (1490). Os textos das súas cancións son do tipo da balada italina. Atribúeselle o himno Stabat Mater.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo iacuto.
-
Individuo do pobo iacuto.
-
Pobo do grupo normongólico que conserva tradicións xamanistas. Habita en Iacutia e fala unha lingua turca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto do Pireneo Navarro que serve de paso ao Camiño Francés de peregrinación a Santiago antes de chegar á abadía de Roncesvalles.
-
PERSOEIRO
Comerciante e industrial, marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta, títulos dos que non chegou a tomar posesión pola súa morte, director da Real Compañía Marítima de Ribadeo. Iniciou a súa carreira como comerciante en 1773 cando, en representación da Casa de Guimarán de Ribadeo, da que era administrador, foi liquidar as contas do morgado de Cádiz e cos cartos que obtivo mercou un cargamento de aceite de oliva que vendeu logo en Ribadeo. En 1775 dedicouse á importanción de viños e augardentes. En 1780 ampliou os seus negocios ao conseguir da coroa rexistros para expedir mercancía ás Indias. Foi o introdutor do domestic system, importaba liño do Báltico e distribuíao polas casas, comprometéndose a compralo unha vez elaborado o produto. Entre 1784 e 1795 asociouse con José de Andrés García, próspero home de negocios rioxano establecido en Santiago de Compostela, e dedicouse a comerciar ferro de Suecia, téxtiles de Inglaterra, cacao de América, bacallau de Terranova e outros produtos,...
VER O DETALLE DO TERMO