"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula que se diferenza das normais do tecido pola forma, estrutura, contido ou función.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeito de falar específico dunha persoa. Este termo foi introducido por H. Paul (Prinzipien) e, posteriormente, recolleuno B. Bloch (1948) para converterse nun concepto habitual nas descricións estruturalistas (Trager, Hockett, Hall) para referirse a determinada variante examinada. Non obstante , para R. Jakobson, só se poden designar como idiolecto certos casos particulares, como a linguaxe do afásico ou o estilo dun escritor. Tamén se pode designar como idiolecto o conxunto de variacións persoais respecto a un estándar lingüístico (por exemplo, hábitos de pronuncia).
-
GALICIA
Escritor e mestre. Catedrático de Retórica e Poética no colexio de segundo ensino da Coruña e director da Escola Normal de Santiago, exerceu desde 1851 como inspector de ensino primario. Fundador e director da revista Galicia (1860-1865), xunto co seu irmán Francisco, publicou nela o primeiro Dicionario gallego-castellano (1863), redactado por Francisco X. Rodríguez e ordenado polo propio Antonio de la Iglesia. Tamén colaborou con contos e poemas en numerosos periódicos e revistas da época. Integrante da segunda xeración provincialista, ademais de impulsar a celebración dos Xogos Florais da Coruña (1861), compuxo numerosas poesías que se incluíron no Álbum de la Caridad e publicou El idioma gallego. Su antigüedad y su vida (1886), a primeira escolma da literatura galega aparecida no Rexurdimento e coa que o autor tentaba amosar a importancia do galego como lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
) Escritor e xornalista. Emigrou a La Habana, onde fundou a revista Letras (1899). É autor de numerosos artigos de propaganda católica, biografías, relatos e novelas, das que cómpre salientar Episodios cubanos (1903), Cosas de antaño: tercera serie de las tradiciones cubanas (1917) e, postumamente, Tradiciones completas (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e crítico musical. Estudiou no Conservatorio de Música de Madrid e en distintos países. Actuou por todo o mundo tanto de solista como con orquestras moi prestixiosas dirixidas por profesionais destacados como Leopold Stokowski, Ataúlfo Argenta ou Conrado del Campo, e é autor de ensaios sobre grandes músicos como Marcial del Adalid. Dirixiu un gran número de organismos, como o Conservatorio de Ourense, do que tamén foi o fundador, o Conservatorio de Segovia ou o Instituto de Música Religiosa de Cuenca. É académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, entre outras institucións. Posúe distintos galardóns, dos que cómpre mencionar a Orden Civil de Alfonso X El Sabio e a Orde do Mérito Civil, e foi nomeado Chevalier de L’Ordre dels Arts et Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Lingua e Literatura galegas. Colaborador da revista Dorna, é autor do libro de relatos eróticos Aventura en Nassau (1991). Ademais, tirou do prelo Vento de seda (1992), a novela policial Miss Ourense (1994), Conta os latidos (1995), o relato de terror “Non sabía que doía tanto” (1995), O mellor francés de Barcelona (1999), A noite das cabras do aire (1999), A historia escríbese de noite (2001) e A vida apoteósica (2001). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia, co Premio Merlín de Literatura Xuvenil e co Premio García Barros de Novela; ademais foi o gañador do Certame de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo co relato “Luanda” (1995) e do III Premio de Novela Ciudad de Salamanca coa súa primeira novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e poeta. Despois da súa formación nos seminarios de Samos e Lugo, licenciouse en Dereito Canónico en Santiago de Compostela. De ideoloxía liberal, apoiou o movemento galeguista. Ademais das súas colaboracións en prensa, publicou Albores de un estro (1925) e Cantaruxando (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e mestre. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico ou a canción popular. Dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, que el mesmo fundara xunto con A. Blanco Porto, e a revista cultural Logos (1932). Como mestre dirixiu o Laboratorio de Psicotecnia (1934), que puxera en marcha o Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Publicou a obra teórica Música en Compostela, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria. Foi membro numerario da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir de Antioquía. Coñecido como o Teóforo ‘portador de Cristo’, era discípulo de san Xoán Evanxelista. Perseguido durante o goberno de Adriano, foi conducido a Roma cara ao 107 onde foi lanzado aos leóns no Coliseo. Na iconografía viste túnica e palio coma os apóstolos, ás veces co peito medio descuberto e leva como atributo o anagrama do nome de Xesús Cristo, outras veces un ou dous leóns, e tamén unha arpa ou outro instrumento musical. A súa festividade celébrase o 17 de outubro, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 1 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da Compañía de Xesús. De familia nobre, dedicouse á carreira militar. Ata 1517 residiu na Corte de Fernando II, daquela rexente de Castela, ao servizo do contable maior do rei, Velázquez de Cuéllar; logo serviu ao seu parente, o duque de Nájera, vicerrei de Navarra. Ferido durante o sitio de Pamplona polos franceses (1521), foi trasladado a Loiola, onde a lectura de libros espirituais durante a convalecencia levouno a ir en peregrinación a Terra Santa e a facer vida penitente. Primeiramente peregrinou ao santuario de Montserrat, onde velou as armas de cabaleiro espiritual; despois viviu en Manresa, onde realizou prácticas moi rigorosas de pobreza, oración e penitencia, e onde comezaría a escribir os Exercicios espirituais, síntese persoal das súas experiencias e das correntes espirituais dos ambientes en que estivera: franciscanismo cristocéntrico de Euskadi, Devotio Moderna de Montserrat e ecos vicentinos e lulianos difundidos por Catalunya. En 1523 peregrinou a Xerusalén...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Exerceu como xornalista no Severo-Donetszki Kommunist e no diario Krasnaia Bachkiria. Redactor xefe do periódico moscovita Bednota, aprendeu fotografía con Rodtchenko. Da súa obra cómpre salientar diversas imaxes sobre grandes construcións soviéticas, fotografías aéreas e varios documentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Electrodo auxiliar de ceba de certas válvulas rectificadoras de mercurio, como o ignitrón. Utilízase no acendido do arco de cada ciclo do ignitrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é descoñecido, especialmente unha terra.
-
ENTRADA LARGA
Igrexa constituída institucionalmente ao redor do bispo de Roma, o papa, e que proclama manter a sucesión apostólica e a primacía e autoridade da sé de Roma sobre todas as outras sés apostólicas. A súa historia foi común, durante séculos, á das Igrexas de Oriente, e durante máis séculos aínda á das Igrexas xurdidas da Reforma.
VER O DETALLE DO TERMO
As orixes da Igrexa
O primeiro campo de expansión da Igrexa foi a comunidade xudía e, a partir de 43, os xentís. A conversión de san Paulo, en 38, deulle á Igrexa un dos seus apóstolos máis militantes e activos. As ideas cristiás chocaban frontalmente co xudaísmo oficial, de xeito que a predicación do diácono Estevo rematou coa súa execución por lapidación en 37. En 44 foi executado o primeiro apóstolo, Santiago o Maior, decapitado por orde de Herodes Agripa I, feito que provocou a dispersión da comunidade dos apóstolos. Os primeiros centros coñecidos foron Damasco e Antioquía, onde se comezou a empregar a denominación “cristián”... -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de escola vasca de nivel preescolar, nacida na década de 1950 como centro clandestino de ensino vinculado á parroquia. Organizada en forma de cooperativa de pais, o seu traballo está determinado pola toma de conciencia do pobo vasco e pola recuperación da súa lingua. Son un lugar de reflexión e de ensaio das novas técnicas pedagóxicas. En 2003 comprende o ensino preescolar, primario e secundario. O movemento de ikastolak organízase en sete federacións correspondentes aos sete territorios vascos, que conforman a Confederación de Ikastolak. As ikastolas convertéronse nunha alternativa educativa cun forte arraigamento popular que se manifesta no incremento progresivo de alumnos matriculados. O movemento considera as súas escolas como escolas públicas, tanto polo modelo de estrutura e xestión democrática que segue como polo compromiso de euscaldunización do país, o que afecta non só ao uso do éuscaro como primeira lingua de instrución e formación, senón...
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo. Discípulo de santo Isidoro, sucedeu o seu tío santo Uxío na sé episcopal de Toledo (657), por orde de Recesvinto, rei dos godos. É un dos santos antigos no culto hispánico (s VIII) e distinguiuse polo seu ardor na devoción da Virxe. Escribiu, entre outras obras, De viris ilustribus e De cognitione baptismi. Na iconografía viste a capa ou o palio dos arcebispos, con mitra e báculo e leva como atributos unha pequena escultura da Virxe cun veo na man; a representación máis repetida é a da Virxe dándolle a casula. A súa festividade celébrase o 23 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica pola que se crea una nova vexiga partindo dunha parte do intestino delgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunicación cirúrxica da última parte do intestino delgado coa parede abdominal, que crea un ano artificial.