"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Etnógrafo. Foi director de enfermaría do Hospital Geral de Santo António, director do Museu de Etnografia e História da Junta Distrital de Porto e presidente do Instituto de Etnografia de Porto. Das súas obras destacan Cantares do Minho (1937-1942), A Nau Catrineta (1954), A Chula, Verdadeira Canção Nacional (1962) e Ensaios etnográficos (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Director da revista Aturuxo, colaborou en diversas publicacións con traballos en que trata temas galegos e canarios. Da súa obra destacan Un episodio de los tiempos celtas (1969), La historia de Canarias en episodios (1971), El cine en Canarias (1981) e Gallegos en Gran Canaria: memorias de la Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor Arquitecto pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1968) e catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1990, as súas obras caracterízanse polo estudo do espazo, integrando as construcións na contorna, afastándose da sección limitada e cúbica, e destacando o espazo interior. Achegou elementos diferenciadores da cultura galega, nun compromiso ético e estético, e preocupouse pola arquitectura moderna, pero respectando as formas autóctonas. Realizou múltiples obras e proxectos de planificación urbana e territorial. Destacan entre outros o plan especial de intervención no Pazo de Oca e arredores (Premio Nacional de Urbanismo, 1981), a rehabilitación da carballeira de santa Miña e novas edificacións e a súa contorna (Medalla de ouro do Consello de Europa, 1982), a rehabilitación do castelo de Soutomaior (1982), o plan especial do Camiño de Santiago na provincia da Coruña (1992), a facultade de Belas Artes e Restauración...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e xornalista. Foi director da Escuela Nueva de Pontevedra, centro de renovación pedagóxica adscrito ao radical-republicanismo, e tamén dirixiu a Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra; ademais foi profesor da Escuela Normal de Maestros de Barcelona. Colaborou no Diario de Pontevedra. Despois exiliouse a EE UU onde ensinou castelán na Eastman School of Languages and Business (1940) e dirixiu o Poza Institute of Languages and Business (1941). En 1938 foi redactor-xefe de La Voz de Nova York. A partir de 1943 foi profesor do Brooklyn College en Nova York. Escribía baixo o pseudónimo de Xan Calqueira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual que concede a Fundación Fernández Latorre desde 1959, dirixido a aqueles artigos con referencias a Galicia aparecidos en calquera medio de comunicación, tanto nacional como estranxeiro. Entre 1997 e 2002 ampliouse a tres premios nas modalidades de prensa, radio e televisión, e medios audiovisuais, aínda que en 2003 volveu novamente ao apartado de prensa escrita. O primeiro galardoado foi Miguel González Garcés, autor do ensaio “El Ser de Galicia” (1960).
-
GALICIA
Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e caricaturista. Coñecido como Quesada, traballou como inspector xefe do servizo de vixilancia fiscal do Ministerio de Economía e Facenda de Vigo. Dedicouse principalmente ao caricaturismo político, comezando na revista Club Deportivo Orense, de cuxo equipo formou parte durante varios anos. Desde entón colaborou en xornais como Faro de Vigo (desde 1961), Arriba ou Pueblo, e en revistas como La Codorniz, La Actualidad Española, Cambio 16, Blanco y Negro ou Interviú. Como pintor cultivou o expresionismo, reflectindo sempre na súa obra a visión irónica da vida. Das súas obras destacan Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998). Publicou os libros de humor Xente a esgalla (1981) e Quesadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e escritor. Coñecido como Ben-Cho-Shey, foi un creador e investigador multidisciplinar que se ocupou tanto do estudo de temas históricos, sociolingüísticos, etnográficos e arqueolóxicos, como da creación literaria nos xéneros narrativos, lírico e dramático. O seu primeiro escrito foi o conto “Deliraba”, publicado co pseudónimo de Xan Fouciño en O Tío Marcos d’a Portela (1918). En 1921 foi chamado a filas e enviado á Guerra de África, onde se converteu en correspondente de La Zarpa, comezando a empregar o pseudónimo de Ben-Cho-Shey. Estes artigos recolleunos anos despois en Crónicas de Marruecos (1985). En 1923 obtivo o título de mestre nacional na Escuela Superior de Magisterio de Madrid e dous anos despois comezou a súa actividade como docente, primeiro en Cariño e logo en...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Traballou en Radio Popular de Ourense e Radio Popular de Vigo e en diversos xornais, como Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Diario 16 de Galicia. Ademais foi correspondente de El Ideal Gallego e La Región e colaborou con diferentes medios de comunicación en Madrid, como Interviú, Sábado Gráfico e Ya. Foi delegado de El Correo Gallego en Vigo, colaborador de El Progreso, correspondente da axencia Europa Press e presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Publicou Las segundas elecciones autonómicas gallegas (1985), en colaboración con Rodrigo Varela, La ética de los periodistas: la elaboración del código deontológico: influencias y desarrollo histórico (1996) e Manual de Derecho de la información y la publicidad (2000). Recibiu o Premio de Xornalismo Luís Taboada (1983 e 1984) e o Premio de Xornalismo sobre Patrimonio Histórico-artístico (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...
-
GALICIA
Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009.
É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do... -
GALICIA
Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...
VER O DETALLE DO TERMO