"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Experimento que foi efectuado por O. Stern e W. Gerlach en 1922, que confirmou a cuantificación do espazo e fixo posible a medición dos momentos magnéticos dos átomos neutros no estado fundamental. Observaron que, ao pasar un feixe de átomos de prata a través dun campo magnético non uniforme, este se divíde en dúas compoñentes: unha na dirección e no sentido do campo magnético e outra na oposta. A técnica deste experimento foi ampliada por Rabi en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Publicou o seu primeiro poema revista Poetry (1914). Das súas obras destacan Harmonium (1933), Parts of a World (1942), The Auroras of Autumn (1950) e Collected Poems (1954, Premio Pulitzer en 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao proceso erosivo e ás formas resultantes que teñen lugar baixo o xeo dun glaciar de val ou dun inlandsis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lixeira equimose cutánea.

    2. Lividez cadavérica que presenta manchas púrpura que mostran o estancamento do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena nobreza terratenente, constituída durante o s XIII por aqueles cabaleiros que eran establecidos nas súas terras, en calidade de propietarios territoriais, polos príncipes polacos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada ao NO de Manila (260.000 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Rexeu o ducado de Roma cos títulos de magister militum, consul, vestatarius e senator Romanorum. Impúxose á nobreza romana e exerceu a autoridade durante uns trinta anos en Roma e no seu ducado. Casou con Teodora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dun ser vivo de manter a temperatura interna dentro duns límites de máxima e de mínima entre os que teñen lugar os procesos vitais. Non todos os animais se comportan igualmente ante variacións de temperatura. Mentres que os paxaros e os mamíferos manteñen constante a temperatura interna (son homeotermos), os outros animais teñen a temperatura interna igual á ambiental (son poiquilotermos). Os animais homeotermos teñen desenvolvidos unha serie de mecanismos para manter constante a temperatura, así, ao diminuír a temperatura, aumenta a vasoconstrición da pel, co que se reduce o arrefriamento corporal, diminúe a cantidade de auga no sangue cunha diminución da transpiración, acumulan graxa e aumentan o metabolismo. Ao aumentar a temperatura, hai vasodilatación cutánea, dilución do sangue e su­dación activa ou incremento da actividade respiratoria se os animais non teñen glándulas sudoríparas. Os mecanismos de termorregulación sométense a un dobre control, nervioso e hormonal. O centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura membranosa e laminar do interior dos cloroplastos. A súa membrana dispón das proteínas e dos pigmentos fotosintéticos que permiten realizar a fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de titular ou titularse.

    2. Cualificación académica ou profesional.

    3. Concepto do dereito civil que designa o conxunto de documentos da propiedade que afectan a un terreo.

    4. valoración.

    5. Expresión resumida da parte máis importante dunha noticia que se coloca nun lugar destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe azteca. Conselleiro de diversos soberanos, impulsou varias reformas políticas, económicas e relixiosas e contribuíu ao engrandecemento do Imperio Azteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade veciña de Tenochtitlán, coa que formou, xunto con Texcoco, unha confederación. Constituíu unha das tres bases da organización azteca, aínda que baixo a hexemonía de Tenochtitlán. Chamada Tacuba, é un suburbio da cidade de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste na transferencia dun grupo fosfórico dun éster a un grupo alcohol para formar un novo éster fosfórico, como é o caso da reacción que está catalizada pola ribonuclease.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de trasladar ou trasladarse.

      1. Movemento dun sólido en que todos os puntos que o constitúen experimentan o mesmo desprazamento. Se A e B representan as posicións iniciais de dous puntos calquera do sólido, e A’ e B’ as correspondentes aos mesmos puntos despois de efectuada unha translación, cúmprese que B-A = B’-A’, sendo B-A e B’-A’ os vectores AB→ e A’B→’.

      2. Movemento dun astro que se despraza segundo unha órbita arredor doutro astro. Nun instante dado, todos os seus puntos se moven nunha mesma dirección e cunha mesma velocidade. É o movemento que posúen os planetas respecto do Sol e os satélites respecto do seu planeta. Na Terra, a translación define o ano astronómico.

    2. metáfora.

    3. Proceso mediante o que a mensaxe xenética é descifrada e convertida no alfabeto de 20 letras da estrutura proteica.

    4. Operación de simetría que consiste en desprazar as figuras sen que se deformen, de xeito que todos os seus puntos describan traxectorias rectilíneas, iguais e paralelas.

    5. Proceso polo que un imposto orixinariamente pagado ou atribuído a unha persoa física ou xurídica repercute finalmente noutros que pagan efectivamente o seu importe.

    6. Transformación xeométrica que a cada punto M do plano lle asocia outro M’ de xeito que o vector  MM→’ sexa un representante dun vector libre v→, denominado vector da translación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transferencia dun grupo metilo dunha substancia con grupos metilo, como é o caso da transferencia da betaína á homocisteína para dar metionina ou outra substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Homeomorfismo dun espazo topolóxico nun poliedro que ten triángulos por caras.

    2. Conxunto de operacións xeodésicas destinadas a fixar a posición dun certo número de puntos, mediante a determinación dunha serie de triángulos que teñen por vértices ditos puntos. O fundamento teórico deste procedemento, inventado por Tycho Brahe a finais do s XVI, é o teorema do seno, segundo o que, se nun triángulo ABC se coñece o lado AB e os ángulos nos vértices A e B, poden ser calculados os outros lados por medio da fórmula BC/sen A= AC/sen B=AB/sen C. Desta maneira obtense a posición dunha serie de puntos, os vértices de cada triángulo, que constitúen a denominada rede de triangulación. Na práctica, a rede de triangulación dunha rexión xeográfica extensa comprende diferentes fases. En primeiro lugar cómpre fixar un punto astronómico fundamental que serve de orixe do sistema de coordenadas. En segundo lugar establécese a rede de triangulación principal, que está constituída por triángulos regulares...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sufrimento físico ou moral constante. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Circunstancia que causa preocupación. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de persoas encargadas da manobra e do servizo nun barco, nunha aeronave ou nunha astronave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás tropeoláceas.

    2. Planta da familia das tropeoláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, normalmente rubideiras, que presenta flores cigomorfas, hermafroditas, hipóxinas, solitarias e axilares, e froitos esquizocárpicos trímeros. Algunhas especies cultívanse en xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO