"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. As súas obras caracterizáronse pola frialdade e por ser imitacións de Poussin. Escribiu o tratado De arte graphica (A arte gráfica, 1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores e miniaturistas franceses que sobresaíron como retratistas. Entre outros destacan Geofroy Dumonstier (1510?-1560), pintor de Francisco I e Enrique II, que traballou no palacio de Fontainebleau. O seu fillo Étienne Dumonstier (1520-1603), pintor de cámara dos últimos monarcas da casa Valois. O seu irmán Còme Dumonstier (?-1605), miniaturista e pintor de cámara de Catarina de Medici, o mesmo que o seu irmán Pierre Dumonstier (1524?-1604). Daniel Dumonstier (1574-1646), fillo de Còme e pintor de Enrique IV e de Luís XIII, realizou retratos con lapis de cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estudiou nos conservatorios superiores da Coruña e Vigo, e dende 1997 é asesor técnico da consellería de Educación da Xunta de Galicia. Socio fundador e directivo da Asociación Galega de Compositores, é autor de publicacións didácticas de linguaxe musical e piano, amais dun monográfico sobre a obra do seu mestre Roxelio Groba. Colaborador na Revista Galega de Ensino e crítico musical en La Voz de Galicia, en 1986 gravou a música para a produción do Centro Dramático Galego de A noite vai coma un río. Na súa traxectoria profesional dedicou especial atención á transcrición de pezas de distinta autoría, sobre todo para quinteto de metais, escribiu obras sobre temas de P. Sorozábal (Variaciones sobre un tema de Pablo Sorozábal, 1990 e 1993) e de A. Gaos (Variaciones sobre “Rosa de abril”, 1997) e diversos lieder sobre textos de F. Pessoa (Estou só, 1985), G. Diego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Como docente tivo varios destinos, entre os que cómpre destacar a Escola Normal de Santiago, a Escuela Normal de Palencia, a Escola Normal de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de secretario (1894-1897) e de director interino (1897-1899), a Escola Normal de Ourense, onde foi director (1899-1901), e o Instituto de Pontevedra. Dirixiu a revista da Asociación de Maestros de Pontevedra, Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar (1894), e presidiu a Asociación Pedagógica de Pontevedra e a Asociación Provincial de el Magisterio de Primera Enseñanza de Ourense. É autor de Elementos de Geografía: para uso de los aspirantes a la carrera de magisterio de la enseñanza (1898), Estados nuevos y estados modificados de Europa, después de la Gran Guerra e Atlas de ejercicios gráficos de Geografía de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo austríaco. Destacou polos seus estudios dos centros de actividade nerviosa. Individualizou os signos clínicos e anatómicos da encefalite letárxica, tamén coñecida como enfermidade de von Economo, e os da pandemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1987, pertencente ao grupo Promocións Culturais Galegas. Dirixida por Cesáreo Sánchez Iglesias, conta con máis de 200 títulos publicados. Está especializada en materiais curriculares para o ensino, ciencias sociais, gastronomía, ensaio, humanidades, narrativa para adultos e literatura infantil e xuvenil. Divide a súa produción editorial nas coleccións “A Nosa Terra Infantil”, “A Nosa Historia”, “Historia Universal”, “A Nosa Natureza”, “A Nosa Terra-ASPG”, “Biblioteca A Nosa Terra: ensaio Nós os galegos”, “Campus”, “Historia de Galicia”, “O fardel da memoria” e “Prensa e criación”. Ademais, encárgase da edición da publicación semanal A Nosa Terra, do boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e das publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada na Coruña en 1990. Como editora traballa María Inés Ruíz Correa e como director adxunto Xoán Miguel Pazos Castelo. Con máis de cen títulos publicados, tenta ofrecer novas obras e manuais dedicados ao ensino, fóra dos clásicos libros de texto, e oferta novos materiais didácticos e un apoio complementario, cunha programación variada e novidosa. Publica, entre outros, libros científicos e técnicos, manuais de texto, libros ilustrados e de gran formato, literatura e cómics, divididos nas coleccións “As Nosas Vilas”, “Baía Branca”, dedicado á poesía, “Baía narrativa”, “Baía verde”, “Ensaio”, “O Ensaio”, “O abc”, “Cómic”, “Guías e recursos”, “Guías do patrimonio cultural”, “Coñecemento do medio” e “Oposicións”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1964 polos irmáns Emilio, Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez. Un dos obxectivos fundamentais deste proxecto foi o de divulgar, dun xeito económico, a narrativa galega nos sectores máis populares. Publicou inicialmente unha serie de volumes de investigación titulados como Cuadernos de Arte Gallego. A partir de 1967 editou unha colección de textos breves co nome de O Moucho e outra denominada Pombal, na que se recolleron obras de autores clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Lugo en 1938. Publicou libros en galego e castelán, tanto de narrativa como de poesía. Entre algúns dos autores que colaboraron no proxecto editorial cómpre salientar a Castelao, Xosé Neira Vilas, Manuel María e Xesús Alonso Montero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial aparecida en 1980 en Santiago de Compostela. Destacou na edición de libros de poesía, para o que contou coas autoras María X. Queizán e Helena Villar Janeiro. Ademais, encargouse de agrupar e editar a Obra Literaria Completa (1980), de Fermín Bouza Brey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada en 1988 en Vigo. Dirixida inicialmente por Carlos Blanco Yáñez, daquela presidente da Asociación Galega de Editores, á súa morte substituíuno Antón Mascato. No seu comezo centrou a súa actividade na edición xeral de libros, en especial literatura infantil e xuvenil (“curuxa” e “gaivota”), narrativa para adultos, da que destaca a colección de novela policial “cómplice” e material complementario de ensino (“guías de lectura”, “criterio”, “manuais”, etc). En 1994 comezou a súa actividade musical, nun principio baixo a dirección de Suso Vaamonde, e logo de Cándido Meixide. O folk (Treixadura e Liorna), o rock (Túzaros e Xenreira), e a música tradicional (Pallamallada, Xistra e Ultreia), son os estilos máis destacados, aínda que tamén atende as chamadas novas músicas (Tangata e Emilio Rúa). Unha das súas especializacións é a cartografía e a publicación de guías turísticas, como mapas de Galicia, de comarcas e de espacios naturais, planos de vilas e cidades, e guías de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en Ferrol en 1993. Fundárona Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Toval Porta. A súa colección máis antiga é “Biblioteca de Ferrolterra”, na que se integran unha serie de publicacións de historia e historiografía, así como traballos nos que se recuperan textos ferroláns do s XIX. Ademais posúe unha colección infantil, outra de narrativa galega e a serie “Documenta”. Entre os anos 1993 e 1999 tirou do prelo a publicación mensual Crónica de Ferrolterra e dende 1999 o Anuario de Ferrolterra, no que se reúne a actualidade dos concellos de Ferrol, Eume e Ortegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1991 na Coruña. Dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, ten editados máis de douscentos libros en lingua galega e portuguesa, dos que destacan un cento deles dedicados a poesía. A súa liña de edición aposta pola creación literaria en todos os seus xéneros; malia que inicialmente se especializou nas publicacións poéticas, posúe amplas coleccións de narrativa e ensaio, ademais de novas liñas dedicadas ao teatro, ás ciencias sociais, á historia e ás artes plásticas. Divide a súa produción nas coleccións “Poesía”, “Narrativa”, “Ensaio”, “A illa Verde”, “Didáctica”, “Imaxes no tempo” e “Historia e Documentos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada na Estrada en 1999. Fundada e dirixida por Manuel Núñez, editor do xornal Dezactualidade dende o ano 1992, encárgase da edición da colección de textos teatrais A Pinguela, uns cadernos dirixidos a escolares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galinova Editorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada o 17 de outubro de 1989 en Santiago de Compostela. Especializada en publicacións en lingua galega e portuguesa, conta con máis de cen títulos editados. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, atende fundamentalmente os apartados de humanidades, literatura, ciencias sociais, tecnoloxía e libros de peto. Divide as súas obras nas coleccións “Xeral”, “Vento do Sul”, “Breviarios” e “Fóra de serie”. Ademais de publicar libros de numerosos autores galegos, traduce obras pertencentes a autores estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en 1990 en Santiago de Compostela. Fundada e dirixida por Xoán C. Rodríguez Sánchez e coordinada por José Bello Iglesias, conta con máis de douscentos títulos publicados. Dedícase fundamentalmente á edición de libros de ensino, comunicación, investigación, tecnoloxía, natureza e deportes. Divide a súa produción nas coleccións “Comunicación”, “Textos Media”, “Sociedade”, “Mar”, “Viaxes”, “Biblioteca Básica do Deporte”, “Psicopedagoxía”, “Historia e Tradición”, “Supernova”, “Narrativa”, “Cadernos Mediáticos”, “Cadernos Didácticos”, “Saúde”, “LEGAM” e “Documentos xornalísticos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en Vigo en 1950 a partir da librería do mesmo nome. Fundada por Luis Viñas Cortegoso e Xosé Mª Álvarez Blázquez, caracterizábase pola produción de libros de bibliófilo en castelán ou galego, con tiraxes moi limitadas e presentación moi coidada. O primeiro libro que tiraron do prelo foi Roseira do teu mencer (1950), con poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Dividiu as súas obras en tres coleccións “Beatus Iacobus”, con textos raros, xeralmente apoloxéticos, “Leixado do vento”, con textos poéticos e dramáticos en galego, e “Frol e froito”, con prosa orixinal en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1974, pertencente ao grupo Santillana. Dirixida por Carme Vázquez Rodríguez, con máis de trescentos libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de libros de texto, literatura infantil e xuvenil, cartografía e dicionarios. Divide a súa produción editorial nas coleccións “Obradoiro-Alfaguara Infantil” e “Obradoiro-Alfaguara Xuvenil”.

    VER O DETALLE DO TERMO