"Pin" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 715.

    1. Aminoalcohol bicíclico que deriva da atropina.

    2. Hormona da hipófise que estimula outras glándulas endócrinas ou melanóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tupinamba.

    2. Individuo do pobo tupinamba.

    3. Pobo amerindio da familia lingüística tupí-guaraní, que vivía na costa atlántica, ao S do delta do Amazonas (s XVI). As súas prácticas rituais de antropofaxia provocaron a persecución por parte dos brancos e a súa extinción.

    4. Lingua tupí-guaraní do phylum amerindio que fala o pobo tupinamba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil escamoso, da suborde dos saurios, duns 90 cm de lonxitude, co dorso cuberto por escamas xustapostas, as inferiores con placas pequenas dispostas en ringleiras transversais, abertura auricular diferenciada, ollos protexidos por pálpebras, lingua longa, bífida e retráctil e cor da pel azul terrosa manchada de amarelo. Habita nas matogueiras espesas e ao longo dos cursos dos ríos de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe da Chanson de Roland, morto na Batalla de Roncesvalles (778). Tradicionalmente identificouse co monxe de Saint-Denis, Tilpin, que foi arcebispo de Reims, a quen se lle atribuíu a Historia Karoli Magni et Rotholandi, máis coñecida por Pseudo-Turpin, onde se narran as xestas marabillosas e lendarias dos paladíns de Carlomagno. En realidade, trátase unha escolma de dous textos, o primeiro (cinco primeiros capítulos) escrito por un monxe de Santiago de Compostela (950) e o outro (capítulos restantes), obra dun monxe de Santo André de Viena do Delfinado (1109-1119).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse con L. Pintos Fonseca e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cursou as especialidades de pintura, gravado e mural (1956-1961). Completou a súa formación nos Países Baixos, como gravador, e en Italia, como muralista. Evolucionou desde o expresionismo (Compostela, 1978) cara á abstracción e o informalismo, facéndose cada vez máis manifestas as características cubistas (Gaiteiro gris, 1993; Cabeza, 1994) e futuristas. Tendeu a darlle un maior colorido ás escenas (Diálogos, 1984), xogando coa variabilidade de tons e poñendo moito coidado na consecución de texturas. Representou escenas figurativas, con personaxes extraídos do mundo da farándula (Pitonisa, 1993; Trasnos na vila, 1996), como arlequíns, pallasos, monicreques (Soño de marionetas, 1998) ou bailarinas (Danzarinas, 1994), ademais de temas musicais como Liña melódica (1986), Homenaxe a Haydn (1987-1988) e Concerto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ferrol (1895-1898) e posteriormente na universidade e na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, ata 1906, momento no que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando como profesor axudante. Traballou sobre todo en Ferrol, onde foi arquitecto municipal, e na súa comarca, e caracterizouse polo respecto do contexto arquitectónico e o emprego da galería nas fachadas. Os primeiros anos da súa produción (1910-1920) son de carácter modernista, destacando as casas Vázquez (1912), Romero, Brañas (1913) e Rodríguez Trigo (1914) ou o Hotel Ideal Room (1917). Das obras da década de 1920, eclécticas e monumentais, destacou o deseño da fachada para o Teatro Jofre, o Casino, con Julio Galán Carbajal e José de la Peña Gabilán, a casa Dopico Seselle (1925) ou o edificio Pita Romero, modificado posteriormente por Nemesio López Rodríguez. Na seguinte década achegouse á art-decó, na casa Prieto Poupariña (1933) ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hexametilentetramina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre. Publicou as pezas teatrais A parroquia (1976), que resultou finalista no Premio Abrente de Ribadavia; A fraga encantada (1987), Sala de espera (1992), A sombra da memoria (1999) e Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2005). Das súas obras poéticas destacan Gándaras (1971), Terra e pan (1975), Ofidios de diario (1984, Premio Eduardo Pondal e finalista das I Xustas Literarias Galegas), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense 1989), No corazón mancado (Premio Esquío 1989), Rotación violeta (1996) e Banzados (Premio Uxío Novoneyra 2000). No apartado antropolóxico salientan Os vellos oficios (1996), A tribo sabe (1999) e Tal era vivir (2004), e en narrativa escribiu Lume de biqueira (1999), Quen faga voar (2001, Premio Carvalho Calero 2000), A memoria do boi (2001, Premio Torrente Ballester 2000 e Premio de la Crítica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de León, Castela e León (2.837 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e realizou carteis e portadas para libros. De estilo realista e romántico, pintou Francisquiño o santeiro, Eduardo Iglesias (1916) e Luis Taboada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e filántropo. Emigrou a Cuba, onde presidiu o Centro Galego de La Habana. Enviou material didáctico para as escolas de Ortigueira, apoiou a creación do periódico El Escolar, a investigación científica e literaria e o establecemento do monumento a Pastor Díaz en Viveiro. Regresou a España en 1898. Recibiu a cruz de cabaleiro da Orden de Isabel La Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Foi unha das principais representantes das vangardas en Latinoamérica. Publicou os poemarios Poemas de un mundo en brumas (1950), La cosecha del viento norte (1974), Poemas del aire profundo (1992), Los dos y el mar (1994) e El hombre de la nube (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés da época Qing. Está considerado un dos máis grandes artistas chineses e asóciase sobre todo coa pintura de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e director de orquestra. Ampliou os seus estudos na Juilliards School con I. Galiaman. En 1969 debutou na Filharmónica de Nova York e iniciou a súa carreira como concertista internacional. Dirixiu conxuntos de cámara e grandes orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo monoterpénico bicíclico insaturado, principal constituínte da esencia de trementina. Presenta isomería óptica e existe en dúas formas, R e S. Emprégase como disolvente de ceras e vernices, intermedio de síntese doutros compostos terpénicos, aditivo para aceites lubricantes e na preparación de resinas sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO