"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Colaborador de El Anunciador de Pontevedra e do Faro de Vigo, fundou en Madrid a revista Correspondencia de los Niños, xunto con José Chavarri. Ademais, pertenceu á redacción de El Magisterio Español e colaborou noutros medios de Madrid e Barcelona. Escribiu diversas obras teatrais e o libro de versos en galego A unha farruca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama que permite facer determinacións rápidas da orientación e da simetría dos cristais. Obtense ao recoller sobre unha placa fotográfica a figura de difracción que resulta de facer pasar a través dun cristal delgado un feixe de raios X policromático e finamente colimado. OBS: Tamén se denomina lauegrama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diagrama de Laue.
-
PERSOEIRO
Político. En 1931 fundou as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Despois da fusión entre FE (Falange Española) e as JONS pasou a ser dirixente desta organización (1934), aínda que a abandonou en 1935, ao considerar que se alonxara dos ideais nacionalsindicalistas. Ao comezo da Guerra Civil Española foi detido e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS (1953), interveu na polémica sobre o papel da lei do valor na economía socialista e participou na elaboración do programa de ensino da economía política da URSS.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento gráfico que permite clasificar os fenómenos demográficos dun individuo ou dun grupo de individuos por períodos anuais de observación e por idade. Represéntase cun sistema rectangular de coordenadas, onde a abscisa corresponde aos anos do calendario e a ordenada ás idades.
-
GALICIA
Xogadora de baloncesto. Gañou tres títulos da Copa da Raíña (1980, 1981 e 1983) e tres ligas (1976-1977, 1978-1979 e 1981-1982) co Real Club Celta de Vigo. Foi 51 veces internacional absoluta, 15 veces internacional júnior e unha vez campioa de España júnior.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de librar algo ou a alguén dándolle a liberdade.
-
Acción de librar unha letra de cambio, pagaré, cheque ou calquera outro documento que teña función de xiro.
-
libracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación das zonas de contacto articulatorio linguopalatal sobre a lingua. O método linguográfico, empregado sobre todo pola fonética experimental clásica, consiste no feito de pintar, xeralmente, un padal artificial, cunha emulsión que deixa trazos do contacto coa lingua despois dunha articulación simple.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que resulta do fraccionamento electroforético das lipoproteínas do soro sanguíneo. Está constituído por catro bandas formadas, respectivamente, por quilomicróns, â-lipoproteínas pre-â-lipoproteínas e á-globulinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra literaria ou composición poética en que, por artificio retórico, se omiten intencionadamente todas as palabras onde aparece unha determinada letra ou grupo de letras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á obra literaria ou composición poética que forma un lipograma.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Profesor de antropoloxía nas universidades de Hull, Sheffield e Londres, realizou traballos de campo en Barbados sobre a educación e o cambio social. Ocupouse tamén do estudo da historia das ideas antropolóxicas e o fenómeno do nacionalismo en Europa occidental. Publicou Hacia una historia de las ciencias sociales (1981), The God of Modernity. The Development of Nationalism in Western Europe (1994) e Manual de Antropología Social (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán do exército, foi fusilado en Carral pola súa participación no levantamento de Solís no ano 1846.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, filósofo, místico e misioneiro. Creador do lulismo, foi senescal de Xaime II de Mallorca. En 1274 escribiu Libre de contemplació e Art compendiosa d atrobar la veritat, dúas das obras máis representativas do seu pensamento filosófico. Denunciou os erros dos infieis e demandou a fundación de mosteiros e centros de formación de misioneiros en que se ensinasen as linguas dos infieis, para poder predicar a verdade cristiá. Desenvolveu un labor misioneiro en diversas expedicións pola costa S do Mediterráneo e puxo en práctica o seu proxecto en París, Nápoles, África e Tunes. Concibiu unha gran cruzada pero, aínda que o Concilio de Viena (1311) recolleu algunhas das súas propostas, non conseguiu o éxito esperado. A súa doutrina evolucionou no aspecto didáctico e con este fin simplificou a Ars magna primitiva ata chegar á Ars generalis ultima (1308). Os seus primeiros escritos filosóficos buscaron unha sistematización de ideas que iluminase a mente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fraile mercedario. Dirixiu o Colegio-Seminario de la Merced de Herencia (Cáceres) e en 1967 trasladouse a Brasil, onde foi bispo de Ceramo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Foi un dos fundadores de El Europeo. En Madrid foi redactor da Revista Española e en 1833 fundou El vapor, que dirixiu en Barcelona. Desenvolveu unha teoría do romanticismo que propugnaba o medievalismo e o cristianismo e, á vez, unha actitude conciliadora e cosmopolita, propia do eclecticismo. Escribiu poemas neoclásicos, novelas históricas, como Los bandos de Castilla o el caballero cisne (1830), inspirada en Ivanhoe, a novela costumista Las señoritas de hogaño y las doncellas de antaño (1832) e Memorias del príncipe de Wolfer (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Coronel de artillería, foi delegado en Ferrol de El Correo Gallego (1949-1959) e dirixiu a emisora de radio La Voz de Ferrol (1950-1963). Alcalde de Ferrol, foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia da Coruña (1959-1963) e gobernador civil da provincia de Ourense (1963-1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Desde 1815 foi membro da Sociedade Filosófica e foi un dos fundadores de El Europeo. Escribiu poemas neoclásicos, diversas novelas históricas, Los bandos de Castilla o el caballero cisne (1830), inspirada en Ivanhoe; a novela costumista Las señoritas de hogaño y las doncellas de antaño (1832) e Memorias del príncipe de Wolfer (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. É doutor en Económicas e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu Cara unha visión crítica da economía galega (1975), Problemática nacional e colonialismo: o caso galego (1978), en colaboración con Francisco Rodríguez, Dialéctica do desenvolvimento: naçom, língua, classes sociais (1983), Estudio del sector forestal en Galicia (1989), O outro desenvolvemento (1990) e A Sede da terra: economía da áuga (1995).
VER O DETALLE DO TERMO