"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Bailarina belga. Discípula de F. Prévost, dende o seu debut na Opéra de París con Les caractères de la Danse (As características da danza, 1726) confirmouse como a primeira bailarina da súa época xunto con M. Salles. A súa importancia na renovación da danza e na evolución da coreografía maniféstase no perfeccionamento do entrechat e da cabriola, figuras ata entón reservadas a bailaríns masculinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresaria cinematográfica. Fundou a produtora Algarabía na Coruña xunto con Tomás Conde, especializada na animación cinematográfica con personaxes de plastilina. Un dos primeiros traballos deste tipo foi Alegrías de Puerta Tierra (1994), emitido por Canal +, Canal + Francia, TVG e seleccionado polo ministerio de Cultura para promocionar o cine español no mundo. Despois produciu Caderno de Bitácora (1995) e Noite Meiga (1995), premiados tamén con varios galardóns. Nese mesmo ano entraron en contacto coa produtora Lúa Films, coa que realizaron varios proxectos, entre eles unha serie de vídeos sobre distintos relatos de escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas. Estes vídeos titúlanse Ignotus (2000), sobre textos de Manuel Murguía; Os defuntos falaban castelán (2001), sobre textos de Ánxel Fole; e Meigallos, sombras e papas de arroz (2001), sobre a obra de Eladio Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Con Griechische Schulgrammatik (1852) iniciou o método da filoloxía comparada. Outras obras importantes son Grundzüge der griechische Etymologie (Fundamentos de etimoloxía grega, 1858-1862) e Das Verbum der griechischen Sprache (O verbo na lingua grega, 1873-1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés. Foi gobernador xeral da India (1899-1905) e levou a cabo a división da provincia de Bengala, feito que alentou o movemento político pola independencia. Foi lord do Selo Privado (1915-1916 e 1924-1925), membro do gabinete de guerra de Lloyd George (1916-1919) e ministro de Asuntos Exteriores (1919-1924). Deulle nome á liña divisoria fronteiriza establecida entre Rusia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral norteamericano. Oficial de artillería, destacou durante a Guerra de Secesión defendendo a Unión. Combateu os indios en Kansas, Dakota e Montana, onde morreu ao enfrontarse a unha coalición de tribos síux na Batalla de Little Bighorn.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista francés. O seu interese pola historia natural xurdiu a partir do debuxo e do traballo con láminas. En 1794 viaxou a París tras ser chamado polo naturalista Geoffroy Saint-Hilaire, quen lle proporcionou un posto na área de anatomía nos xardíns reais. Impulsor dos estudios de anatomía comparada e paleontoloxía, desenvolveu un modelo científico propio e de certa transcendencia, o cuvierismo, que dominou as ciencias naturais europeas durante a primeira metade do s XIX. Defendeu a teoría catastrofista que explicaba os cambios xeolóxicos e biolóxicos observados na natureza como consecuencia de sucesivas “catástrofes”, ás que seguían novos procesos de creación, nos que os fósiles eran restos desas creacións anteriores. Enfrontouse, con éxito, a científicos, como o propio Geoffroy Saint-Hilaire e Lamarck, feito que atrasou a recepción do evolucionismo en Francia e noutros países. Publicou Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada, 1800-1805), Recherches...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática escrita por Edmond Rostand en 1897. É unha traxicomedia estruturada en cinco actos e escrita en verso. Os catro primeiros actos desenvólvense no ano 1640 e o quinto en 1655. A figura de Cyrano serve de prototipo do heroe romántico que triunfa sobre as adversidades e consegue o amor da dama. O seu esaxerado nariz é un elemento fundamental no desenvolvemento do drama e ten un papel destacado. Cyrano ama a Roxanne, pero non se atreve a declararlle o seu amor por mor do seu defecto físico. Axuda a Christian de Neuvillette, un nobre cabaleiro sen enxeño, a conseguir tamén o amor de Roxanne escribíndolle cartas de amor para ela. Despois de casar con Roxanne, Christian morre na guerra e Cyrano non descobre o engano das cartas ata que nunha visita ao convento ela se decata. Finalmente, Roxanne confesa, mentres Cyrano agoniza, o seu amor por el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1990. Foi dirixida por Jean-Paul Rappenau e interpretada por Gérard Depardieu, Anne Brochet, Vincent Pérez e Jacques Weber. Trátase dunha adaptación da obra teatral de Edmond Rostand, da que xa se fixeran outras versións anteriores, entre as que destacan a versión muda realizada en 1923 por Augusto Genina e protagonizada por Pierre Magnier; a realizada en 1945 polo francés Fernand Rivers; ou a dirixida en 1950 polo norteamericano Michael Gordon e protagonizada por José Ferrer, interpretación coa que gañou un Oscar ese ano. A versión de Rappenau destaca polo tratamento do tema amoroso e da relación indirecta entre Cyrano e Roxanne. Esta produción gañou un César na edición de 1990.
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Librepensador, gozou de considerable fama tanto polo carácter satírico dos seus textos como polo seu nariz grande. Foi autor de obras, como Mort d’Agrippine (A morte de Agripina, 1653) e Le Pédant joué (O pedante enganado, 1654); e de dous libros de ciencia fición, Histoire Comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos estados e imperios da Lúa, 1656) e Histoire Comique des États et Empires du Soleil (Historia cómica dos estados e dos imperios do Sol, 1661), onde realiza unha crítica das institucións sociais e políticas do seu tempo. Foi inmortalizado por Edmond Rostand na obra homónima, Cyrano de Bergerac (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista. Discípulo de E. Dohnányi, a partir de 1933 deu os seus primeiros concertos en público nos que executou preferentemente obras de Lizst. Exiliado dende 1956, creou a Fundación Cziffra, que patrocina novos músicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador, primeiro barón de Acton. Foi deputado de tendencia católica-liberal e conselleiro de Gladstone. Profesor na Cambridge University desde 1895, dirixiu a English storical review e iniciou a colección Cambridge Modern History, unha historia xeral da Idade Moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primado de Alemaña (1806), barón de Dalberg. Arcebispo-elector de Maguncia, trasladouse en 1803 a Ratisbona. Foi nomeado primado de Alemaña, arquichanceler da Confederación do Rin, presidente da Dieta e gran duque de Frankfurt. De ideas ilustradas, realizou importantes reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta. Nas súas viaxes de mocidade por Europa coñeceu o surrealismo francés e belga. En 1951 fundou con Enrico Baj a Arte Nuclear. Colaborou co grupo COBRA na realización de cerámicas. Participou en varias convocatorias da Bienal de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Foi procurador do Consello do Rei (1785-1791), pero dende 1789 participou nos movementos revolucionarios e alistouse dende o primeiro momento na Garda Nacional. Foi nomeado presidente do distrito de Cordeliers e fundou, xunto con Marat e Desmoulins, entre outros, a Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán (1790), que se transformou posteriormente no Club dos Cordeliers. Formou parte da Comuna de París e do Directorio do departamento de París, desde o que encabezou a revolta republicana que se produciu despois da fuxida do monarca Luís XVI e culminou na matanza do Campo de Marte. Despois deste suceso exiliouse por pouco tempo no Reino Unido, pero ao seu regreso a París participou na revolución do 10 de agosto de 1792. A Asemblea decretou a suspensión do rei e nomeouse un Comité Executivo, en substitución do goberno, no que Danton foi nomeado ministro de Xustiza. Elixido deputado por París para a Convención Nacional, en setembro de 1792, foi un dos xefes do...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Saxofonista e clarinetista de jazz norteamericano. Coñecido como Joe, en 1923 tocou na Martel Family Band e, posteriormente, en St. Louis e nos river-boats con Ch. Creath e mais F. Marable. Nos anos corenta, estableceuse na Costa Oeste e traballou con K. Ory e W. Manone; nos cincuenta traballou con T. Buckner e dirixiu os Dixie Flyers; e na década dos sesenta ingresou nos All Stars de L. Armstrong, logo de traballar nun river-boat teatral en Disneyland. Entre os seus éxitos sobresae Yellow Dog Blues (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘demo’.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dargin.
-
Individuo do pobo dargin.
-
Pobo orixinario do Cáucaso que viviu nas montañas illado de influencias exteriores, ata a invasión dos musulmáns no s VIII. Malia os esforzos islamizadores, conservaron os rituais animistas ata o s XV, cando se endureceu a influencia islámica como consecuencia da ocupación desta rexión polos turcos otomanos. Despois da presión dos persas e dos otomanos, convertéronse definitivamente ao Islam durante o s XIX, feito que serviu para promover un profundo sentimento antirruso. A consecuencia da Revolución Rusa, o goberno de Moscova constituíu a República Montañesa Autónoma, co árabe como lingua oficial. En 1921 produciuse unha revolta dos dargin xunto con outros pobos que orixinou o establecemento da República Autónoma do Daguestán. Os dargin resistiron o proceso de rusificación e rexeitaron a participación nos programas que tendían a asentalos nas cidades das chairas e nas granxas colectivas. Residen fundamentalmente no Daguestán Central e contan cunha importante representación nas estruturas...
-
Lingua pertencente á familia lingüística daguestana do phylum caucásico que fala o pobo dargin.
-
-
PERSOEIRO
Compositor ruso. Realizou estudios musicais en San Petersburgo e foi profesor de canto. Autor de numerosas cancións, iniciou xunto con Glinka unha tradición operística rusa baseada na canción popular. Influíu en Mursorgskij cos seus estudios sobre a adaptación da lingua rusa á música. Da súa produción destacan as óperas Esmeralda (1841) e Rusalka (1855), e as fantasías Baba-Yaga (1862) e Kazochok (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Profesor de estatística nas universidades de Nancy e de París e de física matemática na de París, foi un dos representantes máis destacados da escola francesa contemporánea de estatística. Cómpre salientar as súas investigacións nos campos da xeometría diferencial e da física teórica. Foi director do Institut de Statistique de París, presidente do Instituto Internacional de Estatística e membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo francés. Foi profesor de historia grega nas universidades de Dijon e Sorbonne, e director da École Française d’Athènes (1949-1969). Entre outras obras publicou: Etapes de l’arqueologie (Etapas da arqueoloxía, 1942) e L’Art antique (A arte antiga, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO