"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Calidade de fino

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abertura estreita que se produce nun corpo sólido.

      2. Fenda nunha masa rochosa, xeralmente compacta (granítica, basáltica, calcária) orixinada por compresión, desecación ou arrefriamento.

    1. Suco máis ou menos profundo e sinuoso situado na superficie dalgunhas vísceras. As fisuras máis importantes son as dos pulmóns e as do cerebro. As fisuras pulmonares dividen o pulmón dereito en tres lóbulos e o esquerdo en dous. As fisuras cerebrais máis importantes son a interhemisférica, que contén no fondo o corpo caloso e que separa os dous hemisferios cerebrais, e a de Silvius, a de Rolando, a occipital, a calosomarxinal e a calcarina, que dividen os hemisferios cerebrais nos lóbulos frontal, parietal, temporal, occipital, do corpo caloso e da insua.

      1. Fendedura nun tecido, nun óso, etc.

      2. fisura anal

        Úlcera lineal superficial no ano.

      3. fisura auricular

        Suco que presentan os ósos temporais e que acolle a rama auricular do nervio vago.

      4. fisura conxénita

        Trastorno que ten lugar durante o desenvolvemento embrionario que implica a ausencia de soldadura dos elementos que constitúen un órgano ou unha estrutura.

      5. fisura ósea

        Fractura incompleta dun óso.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prega ou curva que se fai en algo flexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estampaxe realizada con debuxos siluetados que imitan o veludo. Orixinada no s XV en Alemaña, realizábase cubrindo as partes saíntes dun bloque de madeira con cola ou engrudo e despois estampábase nun papel; posteriormente esparexíanse fibras téxtiles sobre as pegadas e fixábanse á cola. A técnica empregouse nos ss XVII e XVIII para crear papeis pintados para as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da horticultura que trata do cultivo das plantas para a obtención de flores destinadas, sobre todo, á ornamentación. Ocúpase de aspectos diversos, como o estudo das condicións climáticas e edáficas óptimas para o desenvolvemento de cada unha das especies, o coñecemento das enfermidades máis frecuentes e os métodos de prevención e curación, o melloramento das variedades xa existentes e a obtención doutras novas, etc. Os problemas cos que se atopa o floricultor son moi numerosos. En primeiro lugar, cómpre conseguir reunir nunha mesma variedade as características máis apreciadas que presentan variedades diversas, como o tamaño da flor, a variedade dos pétalos, ou a máxima conservación das flores xa cortadas. Tamén é conveniente dispoñer de variedades que permitan prover o mercado durante unha temporada longa, para isto son moi apreciadas as plantas que florecen gradualmente ou aquelas nas que é factible a indución artificial da floración. A causa das variacións climatolóxicas estacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou situación do que é folgado.

      1. Espacio baleiro que queda entre dúas cousas que deberían encaixar a unha na outra ou rodear a unha á outra.

      2. Defecto de funcionamento do pistón dunha máquina de vapor que non se axusta ben á camisa ou ás paredes do cilindro, de xeito que permite que o vapor pase entre elas e poida atascar o pistón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en México o 13 de setembro de 1943 e asociada ao Banco Nacional Hipotecario y de Obras Públicas. Posteriormente, ligouse ao Banco de México e logo ao goberno estatal. As súas dúas primeiras obras foron El dólar de prata (1944), de W. P. Shea, e Karl Marx (1944), de H. J. Laski. Malia que naceu coa pretensión de publicar obras relacionadas coa economía, co tempo ampliou a súa actividade cara ás humanidades e as ciencias sociais. En 1984 celebrou o seu cincuenta aniversario coa publicación de El libro de los seres imaginarios, de J. L. Borges. Con máis de tres mil títulos editados e máis de dúas mil cincocentas reimpresións, a súa tiraxe total supera os trinta e cinco millóns de libros. Edita a revista La Gaceta e colabora asiduamente coa UNESCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distancia que hai dende a superficie ou a entrada ata o fondo.

    2. Calidade dos sentimentos ou ideas máis fondas dun.

    3. Calidade do que razoa e profundiza nas cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura de dúas cousas ou de dúas partes que se separan, como as dúas puntas ou gallas dunha forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (2.112 h [1996]). Fundada en 1731 ao amparo do privilexio real concedido a N. Pérez de Sarrió, señor de Formentera, foi reconstruída tralo terremoto de 1829.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correas que se entrecruzaban no peito e nas costas dos soldados e que servían para levar as cartucheiras e o sabre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de forxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fracturar.

      1. Solución de continuidade dun óso ou máis consecutiva, xeralmente, a un traumatismo ou, ás veces, a unha contracción violenta dos músculos que se insiren. Tamén pode deberse a unha enfermidade do óso denominada osteoporose, e neste caso chámase espontánea e, a miúdo, é indolora. O tratamento comporta a redución do óso roto e o mantemento desta redución inmobilizando o membro ou a parte do corpo na que está e, ás veces, uníndoo cun cravo.

      2. fractura aberta

        Fractura en que hai unha comunicación entre os focos da fractura e unha ferida da pel.

      3. fractura articular

        Fractura en que a liña de rotura chega ata o interior da articulación.

      4. fractura completa

        Fractura que comprende todo o groso do óso, de xeito que este queda dividido en dous ou máis fragmentos.

      5. fractura conminuta

        Fractura que produce fragmentos diversos e pequenos.

      6. fractura de estela

        Fractura producida no sentido das fibras do órgano fracturado.

      7. fractura directa

        Fractura producida por un choque violento ou por unha forza vulnerante continua que actúa no mesmo lugar no que rompe o óso.

      8. fractura en rama verde

        Fractura en que os dous fragmentos non se separan totalmente porque o periostio, que non está danado, lles serve de mango. Este tipo de fractura é propio dos ósos das extremidades das persoas novas.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir a fractura de algo, especialmente dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos listóns de madeira ou anacos de corda que se fan nos obenques de maneira que serven de chanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. frescor.

    2. Dito ou feito propio da persoa fresca.

    VER O DETALLE DO TERMO