"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘Portugal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Papua Nova Guinea, no Pacífico, ao NL da illa de Nova Guinea e ao redor do mar de Bismark (53.000 km2). Está formado polas illas de Lavongai, Nova Bretaña, Nova Irlanda, Dyaul, Lolobau, Tingwon, as illas do Almirantado e de asa San Matías, Long Island e Umboi. Situadas en latitudes ecuatoriais (1°-7° de latitude S), están cubertas de bosques. As producións principais son a copra, o cacao e a nácara. A cidade principal é Rabaul. Colonia alemá dende 1884, en 1919, trala Primeira Guerra Mundial, pasou a ser administrada por Australia. En 1949, estando baixo administración australiana, o arquipélago foi incorporado a Papua Nova Guinea, que accedeu á independencia en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crema elaborada con crustáceos mariños, principalmente cangrexos (a receita orixinal é con cangrexo de río) e lagosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Campamento de noite ao aire libre.

    2. Garda principal das prazas de armas ao que acudían os outros gardas para recibir o contrasinal.

    3. Forma de instalarse a tropa a campo raso, empregando como máximo tendas de campaña individuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou en Italia (1624-1628). O seu estilo mestura o barroco romano coa sensualidade veneciana. Bo colorista, foi pintor de escenas relixiosas e mitolóxicas. Foi considerado o Tiziano francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. Influenciado polo teatro inglés, converteuse no retratista do mundo intelectual e artístico do seu tempo. É o autor da gran pintura Hommage aux morts de 1914 (Homenaxe aos mortos de 1914) na igrexa de Offranville, e de diversos escritos, fundamentalmente sobre crítica de arte como Reflexións dun pintor e Cadernos dun artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor francés. Fundou en 1851 o primeiro taller de tirada de probas fotográficas en bloque, método que utilizou despois para traballos editoriais. Perfeccionou o proceso de calotipia e introduciu o papel positivo tratado con albumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leitería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros e dos canteiros que corresponde á voz ‘branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista librecambista. Foi profesor de Historia Económica en París. Entre as súas obras destaca Histoire de l’économie politique en Europe depuis les anciens jusqu’à nos jours (Historia da economía política en Europa desde a Antigüidade ata os nosos días, 1837-1845), primeiro intento sistemático de elaborar unha historia da economía política. Foi o primeiro director do Journal des economistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e teórico socialista. En 1839 dirixiu unha insurrección que fracasou e foi encarcerado. Liberado en 1848, participou na revolución dese ano como dirixente da Société Républicaine Centrale, polo que foi encarcerado de novo ata 1859, exiliándose en Bélxica en 1864. Volveu a París durante a guerra franco-prusiana (1870), onde fundou o xornal La Patrie en Danger e promoveu, sen éxito, un golpe de estado. Condenado a cadea perpetua, non puido participar na Comuna (1871), obra en gran parte dos seus seguidores. Trala amnistía de 1879 fundou o periódico Ni Dieu ni Maître e escribiu un tratado sobre economía política, La Critique Sociale (A Crítica Social, 1885). Moi influído polas ideas de Babeuf e dos carbonarios, concibía a acción revolucionaria máis como obra técnica dunha minoría que como unha obra política das masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Francia que se estableceu en Vigo. As súas armas levan, en campo de prata sementado de armiños de sable, un león da mesma cor, cunha estrela radiante de ouro sobre a cabeza; como soportes, un león de sable e un tigre, da súa cor, encadeados e acolarados de ouro; finalmente, leva como divisa: “Tiens à la verité”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘prata’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘prateiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política seguida polos partidarios de Louis-Auguste Blanqui. Ao igual que Marx, consideraba o cambio social como unha cuestión de loita de clases, pero rexeitaba a idea dun partido de masas e as predicións posrevolucionarias dos marxistas e socialistas utópicos. Confiaba, fundamentalmente, na eficacia dun grupo político reducido, disciplinado e armado.

    VER O DETALLE DO TERMO