"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Organismo creado en 1989 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa finalidade de potenciar manifestacións escénicas como o teatro, a danza e a música. Na súa estrutura organizativa conta cun Consello Rector no que están representadas as forzas políticas do Parlamento de Galicia e outras persoas de libre designación, amais dun xerente e un presidente. As súas actividades están moi diversificadas. Conta con estruturas permanentes, como o Centro Dramático Galego, o Ballet Galego Rei de Viana, o Centro de Documentación Teatral e a Escola de Altos Estudios Musicais. Organiza o Premio Álvaro Cunqueiro de textos dramáticos, patrocina a edición de varias coleccións de teatro, subvenciona a produción e distribución de espectáculos de teatro, música e danza e promove e coordina a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo creado en 1996 para a defensa dos dereitos dos consumidores. Está rexido por un consello de dirección no que están representadas as principais organizacións de consumidores de Galicia e posúe oficinas distribuídas polas catro provincias galegas. Pertence ao Instituto Europeo Interrexional de Consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, creado en 1988 como instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade pública autonómica creada en 1994 por Decreto e adscrita ao SERGAS. A súa finalidade é intentar mellorar o sistema sanitario e fornecer o S de Galicia de novas prestacións de alta tecnoloxía sanitaria. Empezou a funcionar en 1996, e realiza actividades asistenciais en tres hospitais do SERGAS, Hospital Meixoeiro, Xeral-Cíes (Vigo) e Hospital Santa Mª Nai (Ourense), nos campos da cirurxía cardíaca, cardioloxía intervencionista, diagnose por imaxe, medicina nuclear e oncoloxía radioterápica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada pola UNESCO en Praga en 1948 coa finalidade de promover intercambios relacionados cos estudios teatrais e prácticas escénicas entre as nacións. Conta con seccións en máis de cincuenta países e cun Comité Executivo con sede en París. Entre as súas actividades máis importantes está a celebración do Día Mundial do Teatro, cada 27 de marzo, momento no que se fai público un manifesto asinado por unha personalidade relevante no campo teatral. En España existe a sección correspondente, que realiza diversas actividades, desde a organización de seminarios ata a promoción de intercambios entre creadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo monetario con sede en Frankfurt creado por disposición do Tratado de Maastricht, en xaneiro de 1994, coincidindo co principio da segunda fase da Unión Económica e Monetaria, co obxecto de crear un foro de cooperación monetaria entre os bancos centrais da Comunidade Europea. Desapareceu en 1998 coa posta en marcha do Banco Central Europeo e do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade pública creada en 1975 e adscrita ao Ministerio de Educación e Ciencia. O seu obxectivo é estender e perfeccionar o sistema de educación especial, concibido como proceso formativo integrador das diversas orientacións, actividades e atencións pedagóxicas para a integración na sociedade das persoas que requiren esta formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo estatal encargado da intermediación laboral; é dicir, de poñer en contacto as empresas e os traballadores co obxecto de conseguir un contrato de traballo para o traballador e axudar as empresas a cubrir as súas necesidades de cadros de persoal. Fundouse en aplicación do Real Decreto Lei 36/1978, do 16 de novembro, froito dos acordos entre o goberno e a oposición parlamentaria coñecidos como Pactos de la Moncloa. O INEM ofrécelles aos desempregados con dificultades para acceder ao mercado laboral un conxunto de servicios dirixidos á mellora das súas condicións profesionais, tales como orientación, formación e acompañamento na busca de emprego. Ademais, o INEM é a entidade xestora de todo o sistema de protección por desemprego, que asegura ao traballador que cumpra os requisitos, uns ingresos substitutivos da renda salarial deixada de percibir, e unha protección económico-asistencial para determinados colectivos que se consideran especialmente necesitados da devandita protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español autónomo, adscrito ao Ministerio de Economía. Creado en 1945, leva a cabo os servicios estatísticos necesarios para o Estado e a coordinación doutras estatísticas confeccionadas por outros organismos oficiais. Publica numerosos datos estatísticos, entre os que destacan o índice mensual do custo da vida, os censos de poboación, o IPC e a EPA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español creado en 1981 para coordinar a actividade do sector público nos campos do petróleo e do gas. En 1987 dividiuse en dous grandes grupos: Repsol e Enagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español creado en 1941 para financiar e impulsar a creación de industrias, en especial as dedicadas á defensa e desenvolvemento autárquico do país. En 1968 pasou a depender do Ministerio de Industria. Participaba principalmente nos sectores siderúrxico (ENSIDESA), da construción naval (ASTANO, Astilleros Españoles), da minería, do transporte aéreo (Iberia Líneas Aéreas de España SA, Aviaco) e do aluminio e, en menor medida, en moitos outros sectores e na creación de empresas no exterior. Durante a década de 1970 proseguiu unha política subsidiaria respecto á industria privada, especialmente coa absorción de empresas en dificultades (SEAT, ENASA, Construciones Aeronaúticas SA) e o investimento en infraestrutura básica enerxética (ENDESA, ENHER, Butano SA) e industrial (EN de Fertilizantes SA, EN de Celulosa SA). En 1981 segregáronse as empresas do sector enerxético petroleiro (Empetrol, Hispanoil, ENAGAS, Butano SA) que foron transferidas ao Instituto Nacional de Hidrocarburos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO