"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Oviedo, está integrada no conxunto catedralicio. Construída no s X, é unha das arquitecturas emblemáticas do Camiño de Santiago do norte. Pertenceu á primitiva catedral ovetense. De planta rectangular, está estruturada en dúas alturas: a inferior está formada pola cripta ou capela de santa Locaia e acolle as reliquias de santo Euloxio, santa Locaia e as traídas da Arca Santa procedentes de Toledo; a planta superior é a cámara propiamente dita. No s XII reformouse e substituíuse a cuberta de madeira por unha bóveda de canón. Destacan as columnas da cámara con xambas decoradas coas figuras dos apóstolos, entre os que se atopa Santiago Peregrino, e os capiteis con escenas do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ourensán. En 1626 dourou unha imaxe da Nosa Señora da Asunción para o abade de Santiago de Anllo (San Amaro) e, en 1627, realizou un apostolado por encargo do presbítero de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Camariñas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou as súas colaboracións xornalísticas en Madrid en distintas publicacións como Blanco y negro, na que asinou numerosas crónicas de viaxe co pseudónimo de El Hidalgo de Tor. Posteriormente, emigrou a Bos Aires e alí colaborou con El Diario Español e La Nación, entre outros xornais. Publicou Novelas lóstregos. Amor de pai (1900), a novela curta O terruño (1900) e o conto “No hespital” (1904), ademais doutros relatos en distintas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Abandonou os estudios do seminario para emigrar a Bos Aires en 1901. Alí colaborou en numerosas publicacións e foi onde comezou a desenvolver o seu estilo irónico e satírico, mesmo sufriu ataques daqueles que rapidamente o etiquetaron como anarquista por mor da dureza dos artigos que escribía. Tres anos despois regresou a Galicia onde colaborou no Diario de Pontevedra. Máis tarde marchou a Madrid como colaborador dos xornais El País, invitado por Santiago Mataix, e España Nueva; alí coñeceu o poeta Rubén Darío, os irmáns Machado, a Pío Baroja e a Ramón María del Valle-Inclán, e asistiu a numerosos parladoiros de destacados cafés do centro de Madrid. Continuou a súa etapa madrileña redactando para as publicacións El Mundo, Los Lunes del Imparcial, La Correspondencia de España, El Sol, La Voz e La Correa. Despois de viaxar a Turquía entrou na redacción de La Tribuna. En 1916 ingresou en ABC como correspondente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pérez Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa e pazo situados en Santiago de Fefiñáns (Rodeiro). O pazo recibe tamén o nome de casa forte de San Xoán ou casa dos Churruchaos. No s XV pertenceu a Álvaro de Camba, señor de Rodeiro e Camba, posteriormente pasou aos condes de Villapún, Pedro de Miranda e Carme de Miranda de Mondragón. Preto do pazo atópase a igrexa románica do s XII que conserva o arco triunfal, a bóveda e os capiteis da primitiva construción. Na ábsida atópanse os sepulcros dos Camba, entre os que salienta o de Fernando de Camba quen recibiu en 1510, como contrapartida da súa participación na Guerra de Granada, o título de duque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cambados. Foi construída entre os últimos anos do s XV e os primeiros do s XVI por orde de López Sánchez de Ulloa sobre unha capela do s XII. De estilo oxival, consta dunha nave dividida por catro arcos transversais de medio punto sostidos por pilastras e dunha ábsida de planta rectangular con bóveda estrelada. O arco triunfal é apuntado e a bóveda é de crucería. A fachada principal tivo un rosetón, hoxe desaparecido. A mediados do s XIX foi pechada ao culto e en 1943 as súas ruínas foron declaradas Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, comezou colaborando en 1980 no xornal El Correo Gallego e, en 1985, pasou a La Voz de Galicia. Traballou tamén na revista Ría de Arousa, un proxecto editorial que non tivo continuidade. No ano 1985 gañou o Premio Galicia de Xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tendencia a cambiar.

    2. ariación de cores realizada en representacións pitóricas de roupa ou vestidos, que se consegue pintando os tons escuros coa cor complementaria dos tons claros; obtéñense, deste xeito, gamas cromáticas de ampla variedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, avogado e financeiro catalán. Licenciouse en Filosofía e Letras (1896) e en Dereito (1897) en Barcelona. Fundou e dirixiu a Lliga Regionalista ata a súa desaparición (1936). Foi elixido deputado e, aínda que saíu derrotado nas eleccións posteriores á Semana Tráxica (1910), resultou reelixido en 1914 e nomeado ministro de Fomento en 1818, no goberno presidido por Maura. O seu prestixio decaeu por non acadar a aprobación do Estatut d’Autonomia. En 1923 retirouse da vida política e, unha vez instaurada a Ditadura, seguiu colaborando con La veu de Catalunya e publicou diversas obras. Cando caeu a Ditadura intentou soster a monarquía coa creación de Centro Constitucional, pero a proclamación da Segunda República fixo fracasar ese intento e trasladouse ao estranxeiro. Despois da transformación da Lliga Regionalista en Lliga Catalana (1933) continuou sendo un dos máximos dirixentes. O alzamento militar de 1936 sorprendeuno no estranxeiro e, aínda que se declaraba antifascista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lousame. Construída a principios do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal é de medio punto dobrado e descansa sobre un par de columnas que rematan en capiteis case cúbicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura catalán. Profesor nas universidades de Estrasburgo (1859-1862) e de Montpellier (1862-1869), foi un dos fundadores e o primeiro presidente da Société pour l’Étude des Langues Romanes (1869). Publicou, entre outros traballos, Essai sur l’histoire de la littérature catalane (Ensaio sobre a historia da literatura catalana, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Camboxa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Camboxa.

    3. khmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Cambre, fundado no s X. No 942 os monxes Gutierre e Aloyto doaron todas as posesións do cenobio ao mosteiro compostelán de Antealtares. Funcionou primeiro como abadía dependente de Antealtares e despois como priorado. No 1141 a condesa Sancha González retirouse a Cambre e doou a igrexa de Santo Estevo de Morás. En 1489, trala reforma monacal, pasou a depender do mosteiro de San Martiño Pinario. Saqueado en 1489 por piratas ingleses, en 1809 foi incendiado polas tropas francesas e só permaneceu en pé a igrexa. Trala desamortización pasou a mans particulares. A igrexa, hoxe parroquial, é unha das catro construcións do románico rural galego que ten deambulatorio. Ten planta de cruz latina e tres naves no eixe lonxitudinal, e outra no cruceiro. As naves están datadas en 1194, segundo unha inscrición dun arco situado á beira do cruceiro feita por Michael Petri, mentres que o deambulatorio e as capelas son da primeira metade do s XIII. O presbiterio está...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Gales, Reino Unido, que atravesa o país de N a S. A elevación principal é o cumio de Snowdon, de 1.085 m de altitude, no sector NO do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de filósofos británicos do s XX que constituíron parte do movemento coñecido como filosofía analítica. A súa obra caracterízase pola tendencia antimetafísica e antiidealista e pola análise lóxica da linguaxe, orientada á clasificación das cuestións máis ca á construción de sistemas. Entre os membros do grupo cómpre mencionar a Ludwig Wittgenstein, Bertrand Russell e George Edward Moore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora de filosofía do dereito da Universidade da Coruña, centrou a súa investigación na necesidade e nas limitacións da ética no sistema sanitario e noutras cuestións de moral e política. Coordinou a edición de Entre el nacer y el morir (1998) e escribiu El socialismo racional de Ramón de la Sagra (1989) e Ramón de la Sagra: el poder de la razón (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO