"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritora. Publicou a peza teatral Safira (1842) e as novelas El ramillete (1842), Inés (1846) e Horas de convalecencia (1852), mestura de poesía e novela curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boborás. De orixe románica, en 1808 engadíuselle un corpo con remate de espadana á fachada principal e un receptáculo, hoxe sancristía, na fachada norte. Na portada sobresaen dous pares de columnas acobadadas con capiteis vexetais; sobre o ábaco sitúase unha imposta. A porta é unha arcada semicircular rodeada por unha decoración con billetes e con tímpano liso. A fachada sur é de estilo bizantino. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico latino, fundador da orde dos camilos. Militar ao servizo de Castela ata 1574, tentou entrar na orde capuchina pero impediullo unha chaga incurable que o recluíu na cama. En 1584 foi ordenado sacerdote e, guiado por Filipe Neri, agrupou ao seu redor un grupo de sacerdotes e dedicouse ao apostolado e á asistencia dos enfermos. En 1585 fundou en Roma os Clérigos Regulares dos Enfermos, orde dos camilos ou Padres da Boa Morte. Leva como atributos un estandarte cunha cruz vermella (emblema da Congregación); un bordón con dobre cruz (por ser fundador) ou un anxo que o acompaña cun crucifixo que tende cara a un moribundo (por ser avogado da boa morte). Foi canonizado en 1746 e declarado patrón do persoal auxiliar hospitalario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen camiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rutas de peregrinación ao sepulcro do apóstolo Santiago que foi descuberto no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, segundo a tradición xacobea. Particularmente fai referencia ás rutas que, procedentes de diversas rexións europeas, atravesan todo o continente, entre as que destacan cinco rutas: o Camiño Francés (con distintas vías que converxen en Puente la Reina, Navarra), o Camiño Portugués, o Camiño do Norte, o camiño que aproveita a Vía da Prata e, por último, as rutas marítimas. En moitas ocasións a denominación Camiño de Santiago alude ao Camiño Francés exclusivamente, por ser o de maior afluencia de peregrinos. A gran diversidade da procedencia dos peregrinos (todo o mundo cristián medieval) favoreceu a súa conversión nunha ruta de transacción cultural de gran transcendencia para a configuración de Europa, que se reflicte en manifestacións artísticas (arquitectónicas, iconográficas, literarias, musicais, etc), ideolóxicas (políticas, relixiosas), económicas e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo da catedral de Lugo e historiador. Foi o informante dos padres Flórez e Risco, autores de España Sagrada, e traduciu Instituciones de Derecho eclesiástico (1791), de Berardi, e as obras do bispo San Cibrán. Ademais escribiu Historia civil, diplomático-eclesiástica, antigua y moderna, de la ciudad de San Sebastián (1870) e Nueva demostración sobre la falsedad del privilegio del rey D. Ramiro I (1805). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia desde 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Cursou estudios de filosofía e medicina. Foi contable no ministerio de Gobernación e empregado de Telégrafos. Participou intensamente nas actividades culturais do provincialismo, inicialmente con pezas teatrais como Matilde de Castro, colaboracións na prensa e lecturas poéticas en castelán e, posteriormente, cunha produción en galego. Consérvanse os poemas publicados en 1861 “A noite de San Xoán”, “As malas novas”, “O enterro” e “Nos días de S.A.R. o príncipe don Alfonso”, publicado en 1862.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela, obra de Miguel Ferro Caaveiro, quen a proxectou cara ao 1770. Ten planta rectangular cuberta con bóveda de aresta, agás na entrada que ten bóveda de canón. Destaca a fachada articulada con dous pares de pilastras xónicas que serven de apoio a un entaboado curvo e partido que acolle un grande óculo decorado cunha coroa de loureiro. O conxunto remata cun campanario de planta poligonal e catro vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada en 1858 para construír e explotar a liña de Madrid a Hendaia. Explotou unha importante rede de ferrocarrís, formada tanto polas súas liñas e polas construídas pola Comisión de Ferrocarriles Transpirenaicos del Estado, como polas liñas da compañías que absorbeu (Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona e Barcelona, Ferrocarril de Lleida a Reus e Tarragona, Ferrocarril e Minas de Sant Joan de les Abadesses, Ferrocarril Silla-Cullera, Ferrocarril do Leste de España, Ferrocarril de Tudela a Bilbao e Ferrocarril de Asturias, Galicia e León). Desapareceu en 1941 coa creación de RENFE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. En 1954 a UNESCO encargoulle a misión de reformar o ensino en Colombia. É autor de diversas obras de teatro, como Trencavel e Le sol commande (O chan manda), e da novela Jep le Catalan (1928, Premio Cercle Littéraire Français), na que denunciou a ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘campá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. Unha das ramas pasou a Cádiz e despois a Veracruz (México). As súas armas levan, en campo de ouro, unha campá de azul. Outros traen, en campo de goles, tres veneras de prata postas en banda, acompañadas dunha aguia da súa cor en xefe e dunha caldeira de sable en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Operación militar que se realiza en campo aberto.

      2. Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.

      3. Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra. Antigamente o clima limitaba as operacións a campañas de primavera e verán.

      4. misa de campaña

        Misa que se celebra ao aire libre, sobre todo a relacionada cunha cerimonia militar.

      1. Serie de actuacións políticas, publicitarias, sanitarias, etc, organizadas para conseguir un determinado fin.

      2. campaña de imaxe

        Accións encamiñadas a mellorar profesionalmente a imaxe dunha persoa.

      3. campaña de vendas

        Actuacións de carácter comercial relacionadas cun produto e limitadas no tempo.

      4. campaña electoral

        Serie de actividades de información e de propaganda sobre os candidatos, os partidos políticos e os seus programas feitas durante un prazo determinado antes dunhas eleccións e encamiñadas a conseguir o máximo número de votos dos electores.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Valga baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que procede do latín tardío campanĭa ‘os campos’. Presenta, xa que logo, a mesma orixe ca os apelidos Campo, Campos, o diminutivo Campelo ou Docampo, coa preposición de indicadora de lugar de orixe ou residencia.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha campaña de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Santiago de Compostela e caracterizouse pola difusión de ideas anti-liberais. Titulado como “impresor del Colegio Mayor de Fonseca”, dos seus obradoiros saíron numerosas publicacións, entre elas, a Memoria de D. Santiago Pastoriza (1827) e un Breve resumen de la vida de S. Luis de Gonzaga (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Admirador de Nietzsche e Rimbaud, frecuentou os círculos futuristas do seu país. Viaxou, ademais, por Asia e América. Na súa obra combinou a experiencia persoal e a vangarda estética. Excepto Canti orfici (Cantos órficos, 1914), a súa obra publicouse postumamente, destacando Inediti (Inéditos, 1941) e Taccuino (Libreta, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na marxe dereita do Guadalquivir, ao NL da capital (5.260 h [1996]). Atópase rodeado polas lagoas de Quinta, Hornillo e Esculamata. Situado nunha rexión moi fértil, a principal actividade económica é a agricultura, destacando os cultivos de cereais, legumes, hortalizas, froitas e, sobre todo, oliveiras. A industria máis importante é a relacionada coa construción, especialmente a fabricación de tellas e ladrillos; en segundo lugar destaca o sector téxtil, con fábricas de tecidos e teas.

    VER O DETALLE DO TERMO