"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola de Bellas Artes de Madrid e en 1976 trasladouse a París. A súa obra inicial encádrase nunha corrente de abstracción xeométrica, sen embargo, desde 1980 seguiu unha orientación máis figurativa na que predomina a expresión, manifestada en series como El diluvio (1981), Omphalos (1984) e La grappa (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pontevedra. A igrexa primitiva era románica con planta de salón e ábsida rectangular. En 1720 o abade do mosteiro de Poio, ao que pertencía a parroquia, mandou construír a capela maior, que realizou o mestre de obra Bieito Gosende. De planta cadrada, está cuberta por unha bóveda rebaixada que se divide en casetóns. A torre barroca ten tres corpos, construídos os dous primeiros por Mateo López e o último por Melchor de la Torre en 1782. O primeiro é liso cun fornelo que acolle unha imaxe gótica do s XIV da Virxe do O, mentres que os outros dous están decorados. No interior sobresae o altar maior, obra de Benito Rey Rodríguez e Xosé de Malvárez, coa figura sedente de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que interpreta pezas musicais tocando campás ou vasos de cristal.
-
Instrumento musical en forma de pirámide composto por unha roda provista de campás que soan ao xirar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do campanólogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as campás, como por exemplo A Berenguela, nome da campá da catedral de Santiago de Compostela.
-
-
Que se mostra moi satisfeito consigo mesmo.
-
Que non ten preocupacións cando na súa vida existen motivos para telas.
-
-
-
Que ten algunha semellanza na forma coa campá.
-
Aplícase á linguaxe afectada e pomposa e á persoa que a usa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba do xénero Campanula, de follas enteiras e dispostas de forma alterna, flores de cinco pétalos soldados formando un pequeno funil de cor azul ou púrpura, ovario ínfero e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies: C. arvatica, endemismo da Cordilleira Cantábrica que se atopa en puntos calcarios das serras orientais galegas, en fendas de rochedos; C. cantabrica, nas montañas orientais galegas; C. erinus, sobre rochas e valados; C. herminii, endemismo ibérico presente en prados húmidos de montañas do oriente galego; C. lusitanica, en ambientes sombrizos, e C. rapunculus, bienal e con raíces carnosas e comestibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das campanuláceas ao que pertencen as campánulas.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das campanuláceas.
-
Herba ou arbusto da familia das campanuláceas.
-
Familia de herbáceas ou arbustos da orde das campanulais, constituída por unhas 1.200 especies, propias das rexións temperadas do hemisferio norte, especialmente de Europa e do N de África, con algúns representantes no hemisferio sur. Pertencen a esta familia as borlas azuis, as campaíñas e as escurripas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás campanulais.
-
Planta da orde das campanulais.
-
Orde de plantas da subclase das astéridas ao que pertencen as familias das campanuláceas e das lobeliáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cnidarios, da orde dos tecados, que viven en colonias ramificadas. Caracterízanse por presentar os pólipos en forma de campá e vivir, ata os 60 m de profundidade, sobre cunchas nas costas atlánticas e mediterráneas.
-
PERSOEIRO
Político escocés. Coñecido como sir Henry, foi deputado do partido liberal desde 1868. Como ministro de Guerra (1886 e 1892-1895) opúxose ao enfrontamento cos bóers. Sendo primeiro ministro (1905-1908), liberou as actividades sindicais da acción da xustiza mediante a Trade Disputes Act (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Catalunya, na comarca do Ripollés, situado nunha chaira preto do río Freser (3.347 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño e a cría de gando bovino, porcino e ovino, complementadas coas actividades das pequenas industrias téxtiles e metalúrxicas. Fóra da vila conta cunha igrexa románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor holandés. Influído pola arquitectura renacentista italiana, iniciou en 1633 con Pieter Post, o Mauritshuis da Haia por encargo do príncipe Mauricio de Nassau. Construíu tamén a casa do Concello de Amsterdam (1648-1655). Como pintor dedicouse sobre todo a temas mitolóxicos e históricos e traballou na decoración da vila real Huis ten Bosch.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Iniciou a súa obra, dentro dos canons neoclásicos, con tallas en madeira de estilo barroco como o San Bruno da cartuxa de Montalegre. Viaxou a Roma en 1797 e ingresou na Accademia di San Luca. Coñeceu a Antonio Canova e traballou nos talleres do Vaticano. Neste período realizou o Hércules Farnesio e o Neptuno. Profesor (1815) e director (1819) da sección de escultura da escola da Llotja de Barcelona, foi académico de mérito e escultor de cámara da Real Academia de San Fernando, e membro da Academia de Belles Arts de Barcelona (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Paraíba, Brasil (351.606 h [1995]). Fundada en 1773 co nome de Princesa do Oeste, converteuse a mediados do s XIX nun dos principais centros produtores de café do Brasil. A partir do desenvolvemento económico logrado, consolidou unha industria que a sitúa como a maior cidade industrial do interior nordeste do Brasil. Posúe un centro de ensino superior, a Universidade Regional do Nordeste, fundada en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Militar romano do s III que chegou a mártir cristián. O seu corpo estivo depositado nas catacumbas do cemiterio romano de san Calisto. Co gallo de dignificar a súa sé, o arcediago de Trastámara mandou trasladar o seu corpo en 1774 a Santa María a Real ou Santa Tasia de Entíns, en Outes. En realidade, o Papa Pío VI entregoulle os restos dun dos moitos soterrados que levaba o nome de Campio na lousa. Aínda así, a devoción popular cara a estas reliquias fixo que collese decontado sona de curandeiro, sendo invocado para sandar enfermidades neuróticas e psíquicas, como o meigallo e a posesión diabólica. Tamén é protector dos mozos que van ao servizo militar. O esqueleto de Entíns foi recuberto con cera e vai vestido de centurión romano, levando un sabre na man e, ao seu lado, unha bandeira e un escudo; apoia a cabeza nun cabeceiro próximo a un vaso ou redoma. Na imaxe que hai en Rubín (A Estrada) aparece de pé, vestido de militar romano cun helmo na cabeza e coa palma do martirio na man esquerda....
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e antropóloga neozelandesa. Filmou diversas curtametraxes en Australia antes de coñecer o éxito internacional con obras como Sweetie (Rapaza, 1988), An Angel on my table (Un anxo á miña mesa, 1990), The Piano (O piano, 1992, Palma de Ouro en Cannes e Oscar á mellor dirección en 1993) e The Portrait of a Lady (Retrato dunha dama, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello do Vicedo, na beira oriental da ría do Barqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO