"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
-
GALICIA
Escritora. Coñecida como María do Cebreiro, foi profesora de literatura occidental e comparada na Universidade de Porto, colabora en diversas revistas, como Boletín Galego de Literatura, Dorna e Grial. Coordinadora das antoloxías A poesía é o gran milagre do mundo (2001) e Damas Negras (2002), escribiu os poemarios O estadio do espello (1998), Nós as inadaptadas (2002) e Non queres que o poema te coñeza (2004, II Premio Caixanova de Poesía).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, neto de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e rexistrador da propiedade, foi deputado no Parlamento Galego por Alianza Popular (1981-1985), concelleiro de Pontevedra (1983), presidente da Deputación de Pontevedra (1986), vicepresidente da Xunta de Galicia (1986-1987) e presidente de AP en Pontevedra (1987-1991). Deputado no Congreso desde 1989, foi ministro de Administracións Públicas (1996-1999), ministro de Educación e Cultura (1999-2000), vicepresidente primeiro do goberno e ministro de Interior (2001-2002) e vicepresidente primeiro do goberno, ministro Portavoz e ministro da Presidencia (2002-2003). Membro do comité executivo do PP desde 1989, foi secretario xeral do partido (2003-2004) e en 2004 elixírono presidente nacional. Foi candidato á presidencia do goberno en 2004. Escribiu Administración única (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Valga. Ten planta rectangular e muros de cantaría. Rodeada por un muro de pedra cun portalón de entrada, no interior esténdese un xardín con varios pombais. Ao conxunto pertence un cruceiro que se atopa no camiño cara á casa.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. O tema constante das súas novelas foi a vida dos campesiños, que reflectiu en Ion (1920) e Răscoala (A rebelión, 1932). Tamén publicou Padurea spînzura ṭ ilor (O bosque dos colgados, 1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Repetición rápida de sons iguais, especialmente a que se realiza cun instrumento de percusión.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cortegada. Dependeu do mosteiro de Celanova e está arrimada á casa prioral do s XVIII, formando un só corpo con ela. O seu muro frontal común caracterízase pola pureza de liñas, a sobriedade e a elegancia. O seu oratorio converteuse no s XIX no templo parroquial, cunha nave de tres tramos e cuberta de madeira, imitando un teito abovedado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Reflectiu as súas experiencias en 250 volumes, entre outros, La fille naturelle (1769), Le paysan perverti (1775), La vie de mon père (1779), Les contemporaines (en 42 volumes, 1780-1785), Nuits de Paris (1783) e as memorias amorosas Monsieur Nicolas (1794-1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu a primeira fase da Revolución Rusa, debido a que tivo lugar en febreiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia naquela época, marzo segundo o calendario gregoriano.
-
PERSOEIRO
Arquitecta. Catedrática emérita da Área de Construcións Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Titulada en 1960, foi a primeira arquitecta de Galicia e a cuarta de España. Foi arquitecta municipal da Coruña. Realizou, entre outras obras, a fonte de Catro Camiños, a Torre de los Maestros ou Torre Dourada e o polígono de Elviña e Zalaeta. Recibiu a Medalla Castelao (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.264 h [2001]). A súa agricultura localízase no sector máis chairo, cuberto principalmente por cereais e patacas. Destacan a gandaría bovina e as industrias modernas. Tamén ten certa importancia o turismo de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo evanxélico. As súas ideas teolóxicas reflectiron o influxo de Hegel, Leibniz e Kant. O núcleo do seu pensamento foi a separación entre o saber (ciencia e metafísica) e a fe, na que diferenciou entre a vivencia relixiosa e o dogma. Das súas obras destacan Die christliche Lehre der Rechtfertigung und Versöhnung (A doutrina cristiá da xustificación e a reconciliación, 1870-1874), Geschichte des Pietismus (Historia do pietismo, 1880-1886) e Theologie und Metaphysik (Teoloxía e metafísica, 1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Dirixiu os movementos da revolta flamenga e escribiu poemas románticos e obras teatrais para estes grupos revolucionarios, como o drama Gudrun (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e escritor. Emigrou a Cuba, onde foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega. Foi académico numerario da Real Academia Galega desde 1946. Escribiu numerosos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, entre os que destacan “Escritores ascéticos y místicos de Galicia” (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal e político prusiano, conde de Roon. Desde o Ministerio de Guerra (1859-1873) e da Mariña (1861-1871) reformou o exército e o servizo militar. En 1873 substituíu a Bismarck no cargo de presidente do consello.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arma branca semellante á espada, de folla máis ou menos curva, tallante pola súa parte convexa e a miúdo cóncava preto da punta.
-
-
Nome que reciben algúns peixes, de forma fina e comprimidos lateralmente.
-
sabre cinsento [Ruvettus pretiosus, Fam dos xempílidos]
Peixe teleósteo e peláxico co corpo fusiforme, moderadamente alongado e lixeiramente comprimido, cuberto de pequenos tubérculos óseos que están provistos de dúas espiñas dirixidas cara a atrás. Ten a cabeza comprimida co fociño apuntado, e a boca grande e oblicua coa mandíbula inferior forte e lixeiramente proxectada. É pardo escuro e ao final das aletas pectorais e pélvicas negro. Aliméntase de peixes, cefalópodos e outros invertebrados. OBS: Tamén se denomina peixe cravo.
-
sabre común [Trichurus lepturus, Fam dos triquiúridos]
Peixe teleósteo que pode chegar a medir ata 1,5 m de longo e é o único representante galego da súa familia. Presenta un corpo serpentiforme, cun queixo prominente, en que destacan apéndices dérmicos na punta das mandíbulas. Ten aleta dorsal única e longa e a aleta caudal está rematada en fío. É prateado e sucio nas marxes das aletas. É bentopeláxico en augas pouco profundas sobre a plataforma continental ata fondos de 350 m. Aliméntase de peixes, moluscos e crustáceos. OBS: Tamén se denomina peixe sabre.
-
sabre mouro [Nesiarchus nasutus, Fam dos xempílidos]
Peixe da orde dos perciformes, que pode chegar a medir 1,5 m de lonxitude. Presenta o corpo estreito, de liñas finas e comprimido lateralmente coa mandíbula inferior máis longa ca a superior. Detrás das aletas dorsais e anais ten unha parella de pínnulas e a liña lateral descende desde o remate da fenda branquial ata a metade do corpo. É castaño escuro ou mouro con reflexos violeta nos costados. Vive en augas oceánicas e é bentopeláxico nos cantís da plataforma continental ou nas elevacións baixo auga entre 200 e 1.200 m. Son carnívoros e depredadores rápidos e aliméntanse de peixes, crustáceos e moluscos.
-
-
Termo da xerga dos cabaqueiros, ou telleiros, que designa o aparello para amasar o barro, é dicir, para facer a ‘mudada’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terra areosa ou con barro formada pola descomposición do granito que se emprega como material de construción.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e escritor. Director de La Gaceta del Crimen (1889) e La Federación Ibérica (1904), foi autor de La emigración en Galicia y Asturias (1881) e La pena de muerte. Histórica, jurídica y filosoficamente considerada. Su abolición (1886).
VER O DETALLE DO TERMO