"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa de coiro do carro ou do arado.
-
RIOS
Río afluente do Tambre pola dereita. Nace na vertente meridional dos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). O seu curso adopta unha dirección N-S, encaixado nunha fractura da Depresión Meridiana (Carballo-Tui). Con esa dirección penetra na parroquia de Arabexo e no concello ao que dá o nome: Val do Dubra. Continúa polas parroquias de Niveiro, Bembibre, Coucieiro, Buxán, Vilariño, San Román e Portomouro, onde desemboca despois dun percorrido duns 15 km e de drenar unha cunca de 93 km2. Achega un caudal de 4,13 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe toponímica. Baséase no topónimo homónimo, un hidrónimo de orixe celta. O nome deste afluente do Tambre significa ‘augas’ e correspóndese, fóra de Galicia, con outros nomes de río, como Dobra (Asturias), Douvre (Francia), Dover (Inglaterra), Tauber (Alemaña) e seguramente tamén con Doiro e Douro. O antigo concello de Buxán cambiou de nome no 1960 e pasou a denominarse Val do Dubra.
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con E. Guiraud e T. Dubois no Conservatorio de París e, posteriormente, foi profesor de orquestración e composición, e crítico musical. Influenciado por Franck e Beethoven, editou a Rameau, Scarlatti, Couperin e Beethoven. Da súa produción destaca a obertura Polyeute (1891), o scherzo sinfónico L’apprenti sorcier (O aprendiz de bruxo, 1897), o ballet La péri (1912), a ópera Ariane et Barbe-Bleue (Ariana e Barba azul, 1907) e as pezas para piano Sonata en mi bemol menor e Variations, interlude et final sur un thème de Rameau. En 1948 publicouse unha escolma dos seus artigos de crítica musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, eséxeta e poeta hebreo. Introduciu os metros e a temática árabes na poesía profana hebrea. Estableceuse na corte de Córdoba con Ḥ asday Ben Šaprut. Opúxose ás teorías gramaticais de Mena ḥ em ben Ya’qob ibn Saruq.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Díaz Ebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que carece de brácteas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Branquia situada no exterior do corpo de certos animais. Está presente, temporal ou permanentemente, en poliquetos, nalgúns crustáceos, nas larvas de peixes e en adultos de anfibios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en 1974, pertencente ao grupo Santillana. Dirixida por Carme Vázquez Rodríguez, con máis de trescentos libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de libros de texto, literatura infantil e xuvenil, cartografía e dicionarios. Divide a súa produción editorial nas coleccións “Obradoiro-Alfaguara Infantil” e “Obradoiro-Alfaguara Xuvenil”.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Rembrandt, as súas obras mostran a influencia do mestre. Cultivou a pintura relixiosa, as escenas de xénero e o retrato. Da súa produción destacan A derradeira cea (1664), A lección de música (1655) e Catro oficiais do gremio de toneleiros e trasegadores do viño de Amsterdam (1657).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos elasmobranquios.
-
Peixe da clase dos elasmobranquios.
-
Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso que engloba as ordes dos escualiformes, os galeiformes, os hexanquiformes, os quimeriformes, os raiformes e os torpediniformes. Tamén reciben o nome de condritios.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, crítico e historiador da arte. Foi profesor na Escola Superior de Belles Oficies e na Escola de Bibliotecàries de Barcelona. Traballou como ilustrador, entre outros medios, en Cu-cut! e Mirador, e en 1908 fundou Papitu, da que foi director ata 1911. As súas caricaturas, asinadas co nome de Apa, seguían a tradición modernista. Pintou retratos e naturezas mortas. Asinaba os seus traballos xornalísticos co nome de Joan Sacs. Estudiou a arte da caricatura e escribiu diversas monografías sobre temas artísticos. Entre as súas obras destaca La escultura catalá moderna (1926-1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín publicado en 1974 co que o autor regresou ao relato curto tras un silencio narrativo de varios anos, só interrompido pola publicación de Retorno a Tagen-Ata (1971). O libro tivo unha segunda edición en 1983 na que Ferrín incorporou o conto que lle dá título ao volume, “Elipsis”, suprimido da primeira publicación por motivos de censura, como se explica no aviso inicial da segunda edición. Deste xeito, a edición completa de Elipsis e outras sombras consta de oito relatos encabezados por un que serve de prólogo “Impunidade” e outro que pecha o volume co título de “Epílogo. Ditadura das cousas”. “Prólogo. Impunidade” céntrase na continuidade ideolóxica entre un usureiro vilego, ignorante e reaccionario, e o seu fillo, un señorito que participará en diversos asasinatos fascistas. Os seis contos centrais, comezando por “Elipsis” constitúen seis variacións sobre o mesmo tema: a loita de clases. As clases sociais enténdense sempre coma castes, unhas mantedoras...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de elucubrar.
-
-
Elaborar unha obra de carácter intelectual ou científico a forza de moito traballo e de moito tempo.
-
Cavilar nun asunto ou imaxinar cousas sen ningún fundamento.
-
-
-
Acción de embragar.
-
-
Clase de encaixe temporal que permite asegurar o enlace ou a separación de dúas árbores ou dous órganos xiratorios coaxiais, para efectuar ou interromper a transmisión do movemento e do par de forzas do un ao outro. As finalidades do embrague son facilitar a condución do órgano conducido e o funcionamento do dispositivo motor, principalmente asegurando unha arrancada progresiva, cambiar o sentido de rotación e a velocidade do órgano conducido sen alterar os do motor, paralo sen necesidade de parar o motor, aforrar potencia nos períodos que non actúa e desconectalo cando as condicións de funcionamento non son axeitadas. Nos automóbiles, este mecanismo serve para facer que o cegoñal do motor se desencaixe da árbore primaria do cambio de marchas e para encaixar progresivamente estas dúas árbores cada vez que se cambia de marcha. Existen tres clases de embragues: o embrague de dentes, o de fricción e os especiais, como os centrífugos ou os hidráulicos. O embrague de dentes componse...
-
embrague automático
Mecanismo que nos automóbiles permite realizar automaticamente manobras de embrague e desembrague e que pasa a punto morto cando o motor xira ao ralentí.
-
-
Pedal ou panca que desembraga o motor ao accionarse un automóbil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de embravecer ou embravecerse.
-
-
olver máis bravo ou furioso.
-
Poñerse agresivo ou bravo.
-
Poñerse o mar bravo ou axitado.
-