"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

    1. de retorcer ou retorcerse.

    2. Que está moi torto ou ten moitas voltas.

    3. Que presenta ou amosa malas intencións.

    4. Que é de difícil comprensión e dá moitas voltas.

    5. Que é rebelde e non fai o que se lle manda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1923. Fundada por José Ortega y Gasset, o seu obxectivo foi ofrecer claridade ao caos intelectual en que se atopaba Europa tras a Primeira Guerra Mundial presentando unha xerarquía de temas literarios e científicos sempre afastados da política. Atendeu a todas as novas correntes de creación artística e literaria, mesturando entrevistas, ensaios e artigos con números monográficos que trataban desde os valores consagrados ata as novas promesas. A revista cesou en xullo de 1936, pero en 1963 renaceu da man do fillo de Ortega y Gasset, José Ortega Spottorno. A súa terceira época comezou en 1980, dirixida pola outra filla de Ortega y Gasset, Soledad, que editou a Fundación José Ortega y Gasset. Nestas etapas mantívose fiel ás súas orixes, e converteuse na publicación de divulgación científica e cultural de referencia en España e Hispanoamérica que cada mes recolleu a actualidade máis relevante no campo do pensamento, a ciencia e a creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete un rexicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delito de lesa maxestade que consiste en matar a un rei ou ao seu sucesor. O crime equivalente cometido contra un xefe de estado, nos sistemas non monárquicos, denomínase magnicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ordenado sacerdote (1890), ingresou na orde beneditina para despois profesar como franciscano (1892). Director de El Eco Franciscano, foi administrador apostólico de Jaén, bispo de Lugo (1920-1927) e senador pola provincia eclesiática de Santiago de Compostela (1921-1922). Escribiu Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco (1897), Instituciones Philosophiae Christianae, El Terciario Franciscano 1872-1897 (1893), La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...) (1897), Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela (1897), La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones (1901) e Instrución pastoral sobre la sagrada predicación (1918). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de ácidos formados por numerosos nucleósidos unidos entre eles mediante o ácido fosfórico. O ARN contén catro tipos de bases (adenina, guanina, citosina e uracilo) e é sintetizado no núcleo durante a transcrición. Existen tres tipos principais: o ARN mensaxeiro (ARNm), o ARN ribosómico (ARNr) e o ARN de transferencia (ARNt). O ARNt actúa como molécula transportadora de aminoácidos específicos durante a síntese proteica no ribosoma, mediante a formación de aminoacil-ARNt. Nun extremo da súa cadea todos teñen o mesmo trinucleótido (dúas citosinas e unha adenina) e no outro extremo teñen un resto de ácido guanílico. Existen probas da existencia de formas de ARN de cadea dobre, como é o caso do cromosoma de certos virus. A función do ARN de transferencia consiste en facer coincidir cada aminoácido diante do cordón de ARN mensaxeiro que lle corresponde segundo o código xenético. O ARN pode actuar como catalizador e realizar funcións de transmisión de información e de catálise....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido ricinoleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidroxiácido carboxílico insaturado, constituínte dun 80% de aceite de rícino que se emprega na manufactura de xabóns, en acabados téxtiles e na preparación de ricinoleatos. OBS: Tamén se denomina ácido ricínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tóxico que se emprega para exterminar roedores, especialmente ratas e ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Foi reitor da Universidade Central en Madrid e foi un dos máis importantes científicos galegos. Foi membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, da que foi presidente, da Real Academia Nacional de Medicina, da Real Academia Española e correspondente da Real Academia Galega. Publicou La evolución en la química (1895), Tratado de química biológica (1903), Tratado de química orgánica teórico y práctico, aplicado especialmente a las ciencias médicas (1917) e Cuestiones bioquímicas y farmaceúticas (1924-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de rústico, especialmente nas maneiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido formado por oxidación das hexosas e que pode existir en diversas formas diastereoisoméricas tendo en conta a presenza de catro átomos de carbono asimétricos na súa estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico industrial. Publicou traballos técnicos sobre seguridade en Ingeniería Química e Protección Civil. Estudoso da topografía e da arqueoloxía, publicou Coincidencias cartográficas del petroglifo (Pico de San Francisco) con las señales arqueológicas del Monte de Santa Tecla GA36023024 (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciado en Filoloxía Clásica, foi membro do consello de administración da CRTV, director xeral de Turismo, presidente do IGAEM e vicepresidente da Fundación Otero Pedrayo. Realizou a edición de Literatura popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos (1987), de X. A. Saco Arce. Recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de sagaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do NO de África, correspondente á parte occidental do Sáhara, con fachada atlántica. Os recursos minerais son extraordinarios, en particular os fosfatos e o ferro. Semella que os primeiros habitantes foron pobos de raza negra que foron expulsados cara ao S a causa do avance dos bérberes norteafricanos nos ss VIII e IX. Entre as numeroras tribos en que estes se organizaron, a que conseguiu un poder político más considerable foi a dos lamtunes, do grupo sanhaja, que na primeira metade do s XI iniciou un proceso de expansión que deu lugar ao imperio almorábide. Tras caer este baixo o impulso dos masmudes (almohades) a zona foi controlada polos saditas de Marrocos. A mediados do s XIX diversos comisarios españois visitaron o Sáhara Occidental sen resultados prácticos. O temor a unha colonización inglesa provocou que en 1884-1885 unha expedición española organizada pola Sociedad Española de Africanistas y Colonistas tomara posesión do territorio e fundara dúas bases pesqueiras. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de salaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Guarda baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Guarda. Trátase dun templo con tres naves e varias capelas, reformado en diversas ocasións. Destaca na ábsida o brasón coas armas dos Ozores, Soutomaior, Castro e Pereira, tocado coa coroa real.

    VER O DETALLE DO TERMO