"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación bancaria de desconto de efectos que fai o banco central a un banco comercial ou industrial, que este descontou previamente aos seus clientes, co que o banco central facilita liquidez ao sistema bancario e eleva, polo tanto, a capacidade de crédito bancario global.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Doutorouse en 1944 pola universidade de Nova York e especializouse en física nuclear. Recibiu o Premio Nobel de Física (1995), compartido con M. L. Perl, polo descubrimento da partícula subatómica neutrino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
República Federal da Alemaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federal Reserve System.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ir cara a atrás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escumadeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na beira esquerda da desembocadura do río Deva, no límite con Cantabria (1.806 h [2001]). O núcleo do termo é Colombres. A súa economía baséase na gandaría, a pesca e o turismo. Do seu patrimonio destacan as pinturas rupestres da cova de El Pindal (BIC, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e pintor. Con dezasete anos emigrou a Arxentina, onde comezou a debuxar e colaborou en Última hora, Papel y tinta e Caras y caretas. En 1912 instalouse no barrio parisino de Montmatre e coñeceu a art nouveau e outras tendencias artísticas. Co estoupido da Primeira Guerra Mundial regresou a España e en 1916 instalouse en Madrid. Comezou a colaborar na prensa galega (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e madrileña (Blanco y Negro). Ao iniciarse a Guerra Civil trasladouse a Bos Aires en 1936, onde foi director artístico da revista Atlántida. Regresou a España en 1949. Sobresaíu como ilustrador de libros, cartelista e debuxante humorístico e empregou a acuarela, o guache e a tinta, principalmente sobre papel e cartón. Na súa obra destacaron as figuras femininas estilizadas e sensuais, realizadas en estilo modernista, que aplicou ao deseño gráfico e industrial. O seu estilo aproximouse á art nouveau e á art...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tiroidite crónica fibrosa que se caracteriza por unha proliferación masiva de tecido fibroso, que determina a formación dun bocio de consistencia moi dura, como de madeira.
-
-
GALICIA
Analista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e da revista editada por este organismo Tempo Exterior. Ademais é secretario da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Escribiu O conflito dos Balcáns: a ex-Iugoslavia (1994), en colaboración; A conversión de Polonia (1991), Que foi daquel soño? (1992), Galicia e a Sociedade das Nacións (1992), Rusia; das orixes á crise dun modelo (1996), en colaboración; Plácido Ramón Castro del Río (1997), Hong Kong, camiño de volta (1997), China, a próxima superpotencia (1997), China: Superpotencia del siglo XXI? (1997), Cuba: independencia e revolución (1998), China por dentro (1998), Sempre no mundo (2001), Unha escolma xornalística. Plácido R. Castro del Río (2002), Lois Tobío...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo estadounidense. Estudou na Harvard University e investigou o tifo, a hepatite e a febre Q causada pola rickettsial Coxiella burneti. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1954), xunto con J. F. Enders e T. H. Weller, polo descubrimento de novas técnicas de cultivos de virus que facilitaron a obtención de vacinas, especialmente contra a poliomielite.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal británico. Xefe do exército de India desde 1886, comandou as tropas británicas na Guerra dos Bóers.Volveu á metrópole, onde sucedeu a Wolseley como xeneralísimo do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial Edebé.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Especializado en filmes de montaxe, traballou sobre a ocupación de Varsovia, como en Le temps du ghetto (1961); a Guerra Civil Española, como Mourir à Madrid (1962); a Revolución Rusa, en La Revolution d’Octobre (1967); e o mundo dos animais en La fête sauvage (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial inglés. Traballou en maquinaria diversa e en industrias mecánicas e inventou aparatos e modelos de avión e de automóbiles. Fundou diversas sociedades en Manchester, das que destaca a Royce Limited. Asociouse con C. S. Rolls e xuntos crearon a Rolls-Royce.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e escritora, irmá de Xosé Ruibal Argibay. De nova marchou a Bos Aires onde coñeceu a Laxeiro que a iniciou na pintura e que deixou unha fonda pegada na súa obra. De volta en España, trasladouse a Madrid onde se interesou polas pinturas negras de Goya e deseguido comezou a realizar exposicións. Xunto co seu home, Agostiño Pérez Bellas, militou en organizacións de esquerdas e viaxou por Europa. A súa obra caracterizouse pola enerxía do trazo, a brillantez da cor e a temática relacionada co mundo románico popular, de raíz expresionista. Nas súas primeiras obras aproximouse ao surrealismo coa representación, por medio dun debuxo conciso, de seres fantásticos. Posteriormente reflectiu un mundo irónico e tras a morte do seu home a súa produción volveuse onírica, para nas últimas obras decantarse por un minucioso grafismo. Empregou a arte como denuncia e reflectiu as inxustizas das guerras de Vietnam e de Bosnia. Publicou Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten un bo sabor e é agradable ao padal.