"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela (1700-1713), Aragón (1700-1705), Sicilia (1700-1713), Nápoles (1700-1707) e Sardeña (1700-1708), duque de Anjou (1683-1713) e rei de España (1713-1746), fillo de Luís, delfín de Francia, e bisneto de Filipe IV. Primeiro monarca da dinastía de Borbón. Casado en 1701 con María Luisa Gabriela de Savoia, foi designado polo Consello de Estado herdeiro de Carlos II. En 1701, ao mesmo tempo que se producía a súa chegada a Madrid, as principais potencias europeas formaron a Grande Alianza da Haia para reclamar a coroa hispánica para o arquiduque Carlos de Austria, ante unha posible unión das coroas de Francia e España. Os enfrontamentos en Europa durante a Guerra de Sucesión (1700-1715) saldáronse, polos tratados de Utrecht e Rastadt, coa entrega dos Países Baixos, Milán, Nápoles e Sardeña ao arquiduque Carlos; Sicilia ao duque de Savoia; e Menorca e Xibraltar á monarquía inglesa. A coroa de Castela recoñeceuno como monarca, mentres que se enfrontaba, aínda que xurara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1316-1322) e de Navarra (Filipe III; 1316-1322), segundo fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra. Nomeado rexente trala morte do seu irmán Luís X (1316), foi consagrado rei en Reims (1317), ao morrer o fillo póstumo deste. Someteu os borgoñóns e os champañeses (1318), e detivo a Guerra de Flandres (1320). Realizou reformas da administración e intentou unificar, sen éxito, as cuñacións e o sistema de pesas e medidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1328-1350), fillo do conde Carlos de Valois e de Margarida de Nápoles, e neto de Filipe III de Francia. Nomeado rexente á morte de Carlos IV o Fermoso (1328), foi proclamado rei pola corte e os baróns e con el iniciouse a dinastía Valois, liña secundaria dos Capetos. Durante o seu reinado comezou a Guerra dos Cen Anos, na que foi derrotado en Esclusa (1340) e Crécy (1346), perdeu Calais (1347) e adquiriu o Delfinado (1343) e Montpellier (1349). No eido económico devaluou a moeda e introduciu un novo imposto sobre o sal co fin de facer fronte aos elevados custos da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo do cristianismo. Predicou en Asia Menor. Evanxelizou a rexión de Frixia, onde disque liberou os habitantes dunha víbora á que adoraban. Crese que morreu crucificado e por iso se venera como un mártir. Na iconografía viste túnica e palio, e leva como atributo persoal, unha cruz latina pequena (ás veces unha espada ou lanza na man). A súa festividade celébrase o 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi un dos sete diáconos da primeira comunidade cristiá e ocupouse da evanxelización de Samaria e da costa de Palestina. Estableceuse en Cesarea de Palestina, onde acolleu a Paulo ao redor do 58 d C. A súa festividade celébrase o 6 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das rosáceas, ao que pertence a raíña dos prados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Filipos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Filipos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á congregación de san Filipe Neri e aos relixiosos que seguen a súa regra. 2 s Relixioso ou relixiosa pertencente á congregación de san Filipe Neri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epístola de san Paulo aos cristiáns da cidade de Filipos, en Macedonia. Escribiuna san Paulo durante o seu cativerio en Éfeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Como membro do partido conservador ocupou diversos cargos como alcalde de Bucarest (1892), ministro de Agricultura (1900) e de Guerra (1910), cargo desde o que reorganizou o exército romanés. Na Primeira Guerra Mundial fundou a Liga da Acción Nacional e a Federación Unionista para apoiar os aliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprensión ou crítica dura que se lle fai a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de catro discursos de Demóstenes contra Filipo II de Macedonia, realizado entre 351 a C e o 340 a C. Na primeira, pronunciada no 351 a C, desvelou os proxectos expansionistas de Filipo II; na segunda (344-343 a C) advertiulle ao pobo do perigo dos traidores e aconsellaba prepararse para a guerra; na terceira (341 a C) propuña a unión entre os gregos fronte á ameaza dos macedonios; e na cuarta, ao redor do 340 a C, defendeu un achegamento a Persia fronte a Filipo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de catorce discursos pronunciados por Marco Tulio Cicerón contra Marco Antonio entre 44 a C e o 43 a C. Tomaban como modelo os discursos de Demóstenes contra Filipo II de Macedonia e pretendían frear o ascenso ao poder de Marco Antonio, que aspiraba a suceder a César.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Asia, formado polo arquipélago homónimo, ao NL de Borneo. Limita ao N co estreito de Luzón, que o separa de Taiwán, ao L co Océano Pacífico, ao S co mar de Célebes e ao O co Mar da China Meridional (300.076 km2; 75.967.000 h [2000]). Está formado por máis de 7.000 illas, as máis grandes son a de Luzón, ao N, e Mindanao, ao S, seguidas por nove illas consideradas medianas (Samar, Negros, Palawan, Panay, Leyte, Mindoro, Cebu, Bohol e Masbate). Estas once illas representan o 92% do territorio de Filipinas. Esténdese entre os 21° e 5° de latitude N e os 116° e 127° de lonxitude L. A capital é Manila.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Morfoloxicamente, Filipinas é o resultado de movementos oroxénicos recentes, debido á súa situación nunha área de subdución xeolóxica, onde a codia terrestre se funde e dá lugar á aparición de relevos moi montañosos e profundas fosas mariñas. Así, a maioría das illas son de orixe volcánica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosa do Océano Pacífico que bordea polo O o mar de Filipinas. De forma estreita e alongada, a súa profundidade máxima é de 10.541 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do Océano Pacífico comprendida entre as illas de Luzón, Samar e Mindanao ao SO, as Carolinas ao SL, as Marianas ao L, as illas Bonin e Volcano ao NO, as illas xaponesas de Honshū, Shikoku e Kyūshū ao N e a illa de Taiwán no extremo occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Filipinas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Filipinas.

    3. Lingua nacional e oficial de Filipinas, por estandarización do tagalo.

    4. Arte desenvolvida nas Illas Filipinas. Coa conquista española introduciuse en primeiro lugar a arte barroca. En Manila construíronse a fortaleza de Santiago (1582) e a igrexa de Santo Domingo (1615). No s XIX destacou a obra neogótica de Felipe Roxas e a catedral neobizantina de Manila de Hervás; no s XX sobresae a obra de P. Antonio e C. Argüelles. A escultura iniciouse coa imitación da imaxinería castelá pero a partir do s XIX acadou valor propio con M. Asunción, J. Arévalo e J. Alcántara. A pintura desenvolveuse no s XIX coa creación da Escuela Superior de Bellas Artes de Manila; no s XX destacaron D. Lorenzo, A. García Llamas e R. A. Ocampo.

    5. Literatura desenvolvida en Filipinas e escrita en tagalo, castelán e inglés. Produciu obras en tagalo dende o s XVI, en castelán destacou José Rizal e na literatura en inglés sobresaen as narracións curtas e as novelas.

    6. Arte musical desenvolvida en Filipinas. Os expedicionarios de Magalhães (1521) documentaron instrumentos musicais autóctonos e a actividade musical principal eran as danzas rituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de ouro cuñada durante o reinado de Filipo II de Macedonia que equivalía a 20 dracmas de prata. Coñecíase tamén como estatera.

    2. Moeda castelá cuñada durante o reinado de Filipe II na que se representaba o busto do monarca.

    3. Moeda milanesa de prata cuñada durante o reinado de Filipe III, con dous valores de cinco e dez solidus.

    4. Moeda milanesa de prata cuñada durante o reinado de Filipe IV cun valor de 11 1/4 diñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (356 a C- 336 a C), pai de Alexandre o Grande. Nomeado rexente do seu sobriño Amintas (359 a C), proclamouse monarca pouco despois e emprendeu unha política de conquista fronte aos tracios e aos ilirios. Apoderouse de Anfípole (358 a C), aliouse co rei do Épiro e casou coa súa sobriña, a princesa Olimpia (356 a C). Participou na Terceira Guerra Sagrada contra os focenses (356 a C- 346 a C), estendeu as súas fronteiras ata o Mar Exeo e conquistou a cidade de Olinto (348 a C), aliada de Atenas. Pola Paz de Filócrates (346 a C) confirmou a súa posición de dominio fronte ás cidades gregas e venceu a Tebas e Atenas na Batalla de Queronea (338 a C). Tralo Congreso Panhelénico de Corinto (337 a C), fundou a Liga de Corinto e converteuse en estratega supremo. Posteriormente, retirouse a Macedonia para preparar a invasión de Persia.

    VER O DETALLE DO TERMO