"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como André Suarès, cultivou sobre todo o ensaio. Das súas obras destacan Présences (1925) e Pages (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Discípulo de Jacob Cornelisz, foi influído por Gossaert. Viaxou por Alemaña, Venecia e Terra Santa (1519-1522). Con Adrián VI, foi conservador das antigüidades de Roma (1522-1524). Representou a escola romanista holandesa influída pola arte italiana do s XVI, especialmente veneciana. Destacan os seus retratos con fondos de paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral cantábrico situada na parroquia da Devesa (Ribadeo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do muíño, de madeira ou ferro, colocada no extremo do eixe do rodicio e encaixada no centro da moa para facer que xire uniformemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr que, ademais de executar e cantar, compoñía cantigas. O termo empregouse na segunda metade do s XIII e a maior parte das súas mencións están en composicións satíricas dos cancioneiros quiñentistas, como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Coñecido nas fontes árabes por Abū Ibrāhīm al-Šay ẖ . Residiu en Málaga (1013-1020), onde foi secretario do visir ibn al-Arīf e a cuxa morte exerceu o mesmo cargo na taifa zírida de Granada. Foi (1027) xefe das alxamas xudías da taifa, visir e xefe do exército. Publicou un diván con 1742 poemas en hebreo, tres escolmas de poesía relixiosa, diversas obras talmúdicas e varias gramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Patoloxía Xeral na Universidade de Cádiz. Foi subdirector do Instituto Nacional de Oncología (1965-1981) e representante de España no comité da UE para a prevención do cancro. Escribiu Introdución al estudo del enfermo oncológico (1973), El cáncer y su prevención (1993) e Qué é o cancro?: unha resposta simplificada (1998) e numerosos artigos relacionados cos marcadores biolóxicos de tumores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de sete estrelas visibles que pertencen ás Pléiades, na constelación de Touro.

    2. Osa Maior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. As súas primeiras obras sinalan o influxo de P. della Francesca e da escola florentina, en particular de A. Pollaiolo e F. Lippi (La flagellazione, 1481). Entre 1482 e 1497 (Epifania, Anunciazione, 1491; San Sebastiano, 1493) consolidou o seu estilo enérxico nos frescos de Monte Oliveto Maggiore, Siena (1497-1498) ou da capela de San Brizio, catedral de Orvieto (1499).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador romano. Como defensor do paganismo, polemizou con santo Ambrosio. Del consérvanse cinco discursos, corenta relationes oficiais e dez libros de cartas ao estilo de Plinio. Editou a Livio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie inferior dunha pedra picada que descansa sobre a cara superior da que está debaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de pedra, madeira ou outro material que constitúe a parte superior dunha porta ou ventá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ferro semicircular fixada na parte da roda do carro en que se unen as cambas e o mión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e escritor francés. Teórico principal do sindicalismo revolucionario, formulou a teoría do mito histórico. Escribiu Reflexions sur la violence (1906) e Matériaux pour une théorie du proletariat (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enterrar o esterco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación de terra que queda entre dous sucos ao labrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado dun corpo de infantaría con armas de fogo creado en Rusia a mediados do s XVI por Iván IV o Terrible. Era un corpo vitalicio e hereditario que foi integrado na intantaría regular a finais do s XVII, por Pedro I.

    VER O DETALLE DO TERMO