"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das ciclantáceas.
-
Planta da familia das ciclantáceas.
-
Única familia da orde das ciclantais, integrada por once xéneros e unhas 180 especies. Presentan aspecto de lianas ou de pequenas palmeiras de follas longamente pecioladas, con flores unisexuais dispostas alternativamente nunha espata simple e froitos bacciformes. Son plantas propias dos países intertropicais de América. Algunhas especies teñen interese por ser produtoras de látex, como a Cyclanthus bipartitus, ou polo uso das fibras foliares para elaborar tecidos, como a Carludovica palmata.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cíclopes.
-
Relativo aos muros construídos con grandes bloques de pedra, xeralmente calcaria, sen tallar e sen ningún material ou argamasa que os una. A miúdo teñen unha pedra pequena que calza e reduce os espacios entre eles. Aplicouse en primeiro lugar á arquitectura micénica.
-
Cachotería poligonal de grandes dimensións.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás ciclospóreas.
-
Alga da subclase das ciclospóreas.
-
Subclase das feofíceas, a máis evolucionada das dúas que comprende. A ela pertencen unha boa parte das feofíceas máis coñecidas, incluídas nunha soa orde, a das fucais.
-
-
GALICIA
Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista e historiador. Marchou ás Indias en 1535, viviu primeiramente nas rexións colombianas (1538-1547) e despois percorreu o Perú ata Potosí (1547-1550). Publicou Parte primera de la Crónica del Perú (1553) e, postumamente, Segunda parte de la crónica del Perú, que trata del señorío de los Incas y de sus grandes hechos de gobernación (1871) e Tercer libro de las guerras civiles del Perú (1949), obras onde achegou información sobre a cultura, a flora e a fauna andina e amazónica e os feitos dos conquistadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente as cimodoceáceas.
-
Planta da familia das cimodoceáceas.
-
Familia de herbáceas da orde das naxadais, propias de augas superficiais do litoral e marismas de zonas tropicais ou subtropicais. Comprende 18 especies divididas en 5 xéneros. Na Península Ibérica está presente o xénero Cymodocea.
-
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Foi o creador do escorzo e o introdutor do movemento e dos pregamentos nas roupas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo das Seis Nacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor da cinsa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de seguimento visual de artefactos balísticos (mísiles, naves aeroespaciais ou satélites artificiais) que permite determinar a súa traxectoria. Consta dunha cámara cinematográfica con teleobxectivo, que segue o artefacto, e dun dispositivo que rexistra simultaneamente o tempo e a súa situación en acimut e altura; a análise posterior da toma cinematográfica permite reconstruír a traxectoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
zinxiberáceo.
-
-
Relativo ou pertencente ás ciperáceas.
-
Herba da familia das ciperáceas.
-
Familia de ciperais constituída por unhas 3.000 especies de plantas herbáceas. De distribución practicamente cosmopolita, está presente, sobre todo, en lugares húmidos. Os xéneros principais son Carex, Cladium, Cyperus, Eleocharis, Eriophorum, Rhynchospora, Schoenus e Scirpus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lalín en 1852 baixo a presidencia de Gumersindo Goyanes. Os seus fins son culturais e recreativos. Organiza conferencias, exposicións, concertos e outras actividades, como bailes sociais. Entre outras instalacións, conta cunha biblioteca, un salón de xogos, unha sala de billar e de xadrez, e un pub xuvenil. Ademais posúe unha escola de xadrez, con equipos federados en distintas categorías. Tamén no eido deportivo, colabora con outros equipos e clubs da vila. Presidido por Julio Benigno López Rodríguez, pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás terras que rodean o Mar Mediterráneo.
-
-
Relativo ou pertencente a Cirene ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cirene.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que axuda a outra nun traballo penoso, por alusión a Simón Cireneo, que segundo a tradición cristiá axudou a Cristo a levar a cruz. Ex: Portouse como un verdadeiro cireneo co irmán.
-
-
Relativo ou pertencente ás cistáceas.
-
Planta da familia das cistáceas.
-
Familia de plantas da orde das violais á que pertencen os xéneros Cistus, Fumana, Halimiocistus, Halimium, Helianthemum e Xolantha.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cistoseiráceas.
-
Alga da familia das cistoseiráceas.
-
Familia de algas pardas da orde das fucais á que pertencen os xéneros Bifurcaria, Cystoseira e Halidrys.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás citofagáceas.
-
Bacteria da familia das citofagáceas.
-
Familia de bacterias mixobacteriais, integrada por bacterias baciliformes máis ou menos en forma de punta, escorregadizas, Gram-negativas, que non producen corpos frutíferos nin quistes. Son organismos especializados na descomposición de polisacáridos complexos como a celulosa ou a quitina. Viven en ambientes ricos en materia orgánica.
-