"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do río Guadarriza (2.252 h [1996]). A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras que fornecen o feble tecido industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na comarca do Vallès (15.845 h [1996]). A agricultura está en regresión e a gandería destaca pola produción de gando porcino e avícola. A súa principal actividade económica é a industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, un castelo de sable, coas súas torres de goles.
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. En 1824 participou na Batalla de Ayacucho, e entre 1831 e 1841, nos intentos de invasión de Bolivia. En 1844, logo de enfrontarse cos xefes militares, derrocou o ditador Vivanco. Ocupou a presidencia da República entre 1845 e 1851 e entre 1854 e 1862. Deulle estabilidade política e económica ao país, creou un monopolio sobre a explotación dos depósitos de guano, e aboliu a escravitude dos negros e o tributo persoal dos indios. Promulgou a Constitución de 1860 que introduciu o sufraxio universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento armado que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1860 no transcurso da Guerra de África entre forzas do corpo expedicionario español, comandadas por Prim e por Zabala, e o exército marroquí, no val chamado de Los Castillejos, preto de Ceuta. Gracias á vitoria acadada, concedéuselle o título de marqués de Los Castillejos ao xeneral Prim.
-
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
casula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contenda que tivo lugar no ano 451 na planicie situada ao NO das Galias, nas proximidades da antiga cidade de Catalaunum, na actualidade entre Châlons-sur-Marne e Troyes. Neste enfrontamento, o xeneral romano Aecio derrotou a coalición de pobos hunos, francos, godos e burgundios dirixidos por Atila.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritora. Estudiou na Universidade de Nebraska. Da súa produción destacan as obras: Alexander’s Bridge (A ponte de Alexandre, 1912), Pioneers! (Pioneiros!, 1913), Death Comes for the Archbishop (Ó arcebispo chégalle a morte, 1927) e Shadows on the Rock (Sombras sobre a rocha, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pecho que consiste nun gancho metálico, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira, arredor da que xira, para pechar portas ou ventás.
-
Peza de madeira ou de metal na que se enrolan as cordas de certos instrumentos para tensalas.
-
Pao de madeira torneada que se coloca no cavilleiro e que serve para amarrar os cabos de manobra.
-
Barra que se usa para unir as pezas de construción dun barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao neno moi inquieto e traste.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca de La Sierra, situado na provincia de Sevilla, Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, á beira do río Viar (5.229 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola e gandeira. Destaca pola elaboración de anís, tanto seco como doce. Consérvanse os restos dun antigo castelo árabe e dunha cartuxa gótica do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex e de Kent (685-688) despois de destituír o Rei Centwine. Durante o seu reinado mantivo Sussex e Surrey, recuperou a illa de Wight e South Hampshire, e invadiu Kent. Fundou mosteiros e foi bautizado polo Papa Serxio I.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajo (2.810 h [1996]). A economía baséase na produción agrícola (cereais, hortalizas, algodón e tabaco) e na gandería ovina e bovina. Destaca a igrexa parroquial do s XVII e o castelo de Villalba que pertenceu aos Templarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Cebola.
-
PERSOEIRO
Pintor, ilustrador e humorista gráfico. Coñecido como Julio Cebrián, a súa carreira profesional comezou no mundo do xornalismo. Foi debuxante de La Codorniz e crítico de arte de La Gaceta del Arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Signo ortográfico semellante a unha coma, que se coloca debaixo do <c> en galego medieval (caçar, serviço) e noutras linguas, como o portugués (caçar, maciço, açúcar), o francés (menaçant, leçon) ou o catalán (calça, vençut), de maneira que representa unha consoante sibilante xorda, ben fricativa, ben africada, ante as vocais a, o e u.
-
Nome da letra <ç>, composta por un signo ortográfico semellante a unha coma que se coloca debaixo do c, usada no galego medieval e nalgunhas linguas, como o portugués, o catalán e o francés. OBS: Tamén se denomina ce cedillado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten cedilla.
-
-
Cámara ou dormitorio individual e de pequenas dimensións dun convento, colexio ou cárcere.
-
Cada un dos pequenos compartimentos das entenas que constrúen algúns himenópteros. No seu interior, amais de servir como almacén, críanse as larvas. As celas da abella doméstica (Apis mellifica), construídas con cera, son prismáticas hexagonais e o fondo de cada unha está constituído por tres láminas rómbicas que forman un ángulo triedro. Cada rombo do fondo corresponde a un dos rombos de tres celas diferentes da outra cara do favo. As celas son de tamaños diferentes; por un lado, as de adaptación son hexagonais irregulares, xa que serven de transición entre conxuntos de celas de tamaño distinto, mentres que as destinadas á cría de raíñas son máis grandes e teñen forma de landra.
-
Conxunto formado pola fuselaxe, as ás e as empenaxes dun avión, desprovisto de motores.
-
Cada un dos pequenos compartimentos dunha antera, dun ovario, dun esporanxio e doutras estruturas vexetais.
-
Elemento básico dunha rede cristalina, que a pode xerar por translación. Tamén se coñece como cela unidade.
-
Zona das ás dos insectos delimitada por nervios.
-
Pequeno mosteiro independente da alta Idade Media, ligado ao bispo ou ao señor do lugar. Consistía nunha pequena igrexa á que se unía unha habitación para o monxe. A partir da época carolinxia, a cela pasou a depender dun mosteiro, que era residencia dun ou máis monxes, aos que normalmente se confiaba a colleita dos froitos e os réditos das terras que eran propiedade do mosteiro. Posteriormente, algunhas celas chegaron a ser priorado e, ás veces, convertéronse en mosteiros.
-
Elemento de volume do espazo físico.
-
-
Unidade de información que forma un bloque de construción dun mapa, dunha base de datos ou dunha folla de cálculo.
-
...
-
-