"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do grego, latinizado coa forma Symphorianus ‘apropiado’. Con este nome destaca san Sinforiano, mártir en Roma. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (822 km2; 232.698 h [2000]). A súa capital é
-
-
Reprodución sexual que implica a unión de dous gametos.
-
Polinización entrecruzada que se produce entre plantas que florecen simultaneamente.
-
-
CIDADES
Cidade e capital de Singapur, situada no extremo S da illa homónima e atravesada polo río Singapur (2.540.650 h [estim 1995]). É un gran centro financeiro e o porto comercial máis grande de Asia suroriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular situado en Asia suroriental, formado pola illa homónima e algúns illotes, situados no extremo S da península de Malacca, da que está separada polo estreito de Johor (683 km2; 3.306.000 h [estim 2001]). A súa capital é Singapur.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O territorio está dividido na illa de Singapur e outras illas de menor tamaño. A illa maior está constituída por unha chaira, as súas costas son baixas e areosas e están cubertas de mangleirais. O clima é ecuatorial cálido e húmido, con variacións estacionais mínimas e precipitacións moi abundantes e ben distribuídas ao longo do ano. A vexetación autóctona é a selva ecuatorial, que antes cubría toda a illa pero que actualmente quedou relegada a determinados enclaves, pois máis do 80% da illa está urbanizada. Conta con numerosos ríos de curto percorrido dos que destacan o Seletar e o Jurong. O sector primario achega cultivos de coco, tabaco, piña, hortalizas, plantas ornamentais como a orquídea,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa Singapur do arquipélago de Riau (Malaisia) e comunica o estreito de Malacca co mar da China Meridional.
-
-
Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Singapur.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1935 emigrou a EE UU e en 1943 naturalizouse estadounidense. Colaborou no diario yiddish de Nova York Jewish Daily Forward, e desde 1967 no The New Yorker. As súas novelas e narracións, escritas en lingua yiddish, tratan o mundo dos xudeus europeos, e destacan pola súa paixón pola vida e a desesperanza polas tradicións perdidas. Escribiu tamén libros de memorias e contos para nenos. Da súa obra destacan Satán en Goray (1935), A familia Moskat (1950), Un día pracenteiro: relatos dun neno que se criou en Varsovia (1973) e Yentl the Yeshiva Boy (1983). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Micólogo alemán. Especializouse na sistemática, ecoloxía e evolución dos fungos, e é autor de obras como The Agaricales in Modern Taxonomy (1949) ou un volume da serie Die Pilze Mitteleuropas (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Tanzania (49.341 km2; 934.000 h [estim 1994]). A súa capital é Singida (29.252 h [1978]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Disco fonográfico, cunha gravación xeralmente inferior a cinco minutos de duración en cada unha das súas caras, que se reproduce a 45 rpm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao estado dos átomos ou das moléculas que teñen todos os seus electróns emparellados.
-
-
Conxunto que contén un único elemento. OBS: Tamén se denomina conxunto unitario.
-
Cada un dos signos {,} que se empregan en teoría de conxuntos para expresar que os elementos incluídos entre eles constitúen un conxunto.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos singnátidos.
-
Peixe da familia dos singnátidos.
-
Familia de peixes, da orde dos singnatiformes, cun corpo moi longo e cuberto de placas óseas dispostas en aneis formando a coiraza, cola provista ou non de aleta e eventualmente prénsil, unha soa aleta dorsal con raios brandos que move o corpo, aletas peitorais pequenas ou sen elas, e ollos moi móbiles. Habitan polo xeral en bosques de algas e é o cabaliño de mar un dos seus representantes máis característicos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos singnatiformes.
-
Peixe da orde dos singnatiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, co corpo xeralmente alongado e fociño tubiforme, ao que pertence a familia dos singnátidos.
-
-
-
-
Distancia que percorre unha embarcación nun día civil, é dicir, en vinte e catro horas, contadas de mediodía a mediodía. É sempre un pouco maior ou menor de vinte e catro horas a causa da diferenza de lonxitude adquirida na súa duración.
-
Rumbo que leva unha embarcación.
-
Intervalo de vinte e catro horas, que xeralmente empeza a contarse desde o mediodía.
-
-
Rumbo ou camiño que percorre algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navegar unha embarcación cun rumbo determinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera cómica (con diálogo falado) en lingua alemá, baseada na òpèra-comique francesa e na ballad opera inglesa. A maior parte dos números cantados baseábanse en ritmos ou melodías populares. O termo apareceu arredor do s XVIII en Alemaña e orixinariamente designaba toda clase de dramas musicais. Destacan Die Entfürung aus dem Serail (O rapto do serrallo, 1781) e Die Zauberflöte (A frauta máxica, 1791) de Mozart, Fidelio (1805-1814) de Beethoven, e Der Freuschütz (O cazador furtivo, 1821) de Weber.
-
-
Que é único ou individual.
-
Que é extraordinario ou fóra do común.
-
Aplícase á lei que se atopa soa nun capítulo ou baixo un título dun código.
-
-
Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito se refire a un só obxecto (este S é P).
-
Aplícase ao individuo, ao ente individual e ao nome que o designa.
-
Aplícase a cada un dos entes que só se diferencian entre eles numericamente. Neste senso, o termo contraponse ao de individuo ou individual, xa que a diferenciación de cada un dos individuos é máis radical ca a meramente numérica.
-
xenérico singular
Xuízo universal en que o suxeito é un xénero ou unha especie.
-
-
Aplícase a unha das posibilidades de realización do morfema gramatical de número, que representa unha soa entidade individualizada, en oposición ao de plural, que representa máis dunha. Pode representar a singularidade nos nomes contables (cadeira, neno, pardal), a pluralidade nos nomes colectivos (xente, gando) ou no uso xenérico dos nomes contables (o home é racional), e a ausencia de oposición de número nos nomes non contables (bondade, sabedoría).
-
-
...
-
-